Alumnado de Doutoramento e persoal posdoc poñen en valor o talento investigador do Campus Industrial de Ferrol

O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, a vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, María Jesús Movilla, o vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia, Salvador Naya, e a directora do Campus Industrial de Ferrol, Ana Ares, inauguraron este luns, no Salón de Graos da Facultade de Humanidades e Documentación, a I Xornada de Doutorandos/as e Posdoutorandos/as do campus ferrolán.

II Axudas para o Doutoramento Industrial no Campus Industrial de Ferrol

Concederanse unha axuda para a incorporación de un estudante de programa oficial de doutoramento do Campus Industrial de Ferrol con base nun proxecto de investigación que se desenvolva neste campus e que implique unha colaboración directa entre unha empresa e un/unha investigador/a adscrito/a ao Campus Industrial de Ferrol.