A Cátedra Epifanio Campo galardoa as mellores propostas do seu Terceiro Premio de Investigación para impulsar a investigación e valorización dos residuos industriais

O obxectivo principal deste galardón é promover a investigación e o coñecemento do colectivo universitario no ámbito da economía circular, da que o fundador do grupo Rodonita, Epifanio Campo, foi un pioneiro no ámbito empresarial galego.

Ferrol, 15 de xaneiro de 2026.- A Cátedra Epifanio Campo celebrou hoxe o acto de entrega do Terceiro Premio Epifanio Campo de Investigación no Centro de Innovación e Servizos da Tecnoloxía e o Deseño (CIS Ferrol). O acto contou coa presenza do conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo Pouso; a vicerreitora do Campus de […]

A Universidade da Coruña e a Fundación Luis Monteagudo únense para impulsar actividades no arqueódromo do Centro Torrente Ballester

Ambas as dúas entidades subscribiron un convenio de colaboración complementario á Cátedra Institucional de Arqueoloxía e Educación Patrimonial da UDC-Concello de Ferrol

A Coruña, 12 de xaneiro de 2026.- A Universidade da Coruña e a Fundación L. Monteagudo asinaron esta mañá un convenio de colaboración para ao mantemento do arqueódromo do Centro Torrente Ballester, que levará o nome do arqueólogo coruñés Luis Monteagudo, e para o desenvolvemento de diferentes actividades. Así se reflicte no documento asinado esta maña […]

Unha tese do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais impulsa novos materiais sostibles para o eido da electrónica por impresión 3D

A investigación desenvolvida no CITENI desde o Campus Industrial de Ferrol, explora o uso de bioplásticos, nanotubos de carbono e residuos vexetais para crear compósitos funcionais aplicables á electrónica e á fabricación avanzada mediante técnicas de modelado por deposición fundida: impresión 3D FDM (Fused Deposition Modeling).

A Coruña, 9 de xaneiro de 2026.- A transición cara a unha industria máis sostible e dixital, marcada polo avance da impresión 3D e da industria 4.0, pasa en boa medida polo desenvolvemento de materiais capaces de combinar funcionalidade, eficiencia e menor impacto ambiental. Neste contexto sitúase unha investigación realizada no Centro de Investigación en […]

Persoal investigador do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais mellora o estudo da física de partículas do CERN con redes neuronais

O grupo de Física e Tecnoloxía Nuclear e de Altas Enerxías (FiTNAE) do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI), no Campus Industrial de Ferrol da Universidade da Coruña (UDC), lidera o desenvolvemento dun algoritmo baseado en redes neuronais que mellora a identificación do “sabor” dos mesóns B no experimento LHCb do CERN

Ferrol, 22 de decembro de 2025.- O LHCb, un dos detectores do gran colisor de hadróns (LHC) do CERN en Suíza, produce colisións de protóns a altísimas enerxías. Estas colisións xeran partículas inestables que conteñen quarks pesados, cuxa desintegración permite estudar fenómenos de física fundamental que axudan a explicar por que o universo está formado principalmente […]

A Cátedra Epifanio Campo emite o fallo para premiar as mellores propostas multimedia para divulgar os valores da economía circular

Ferrol, 17 de decembro de 2025.- O tribunal do III Premio de Divulgación Científica Epifanio Campo vén de emitir o fallo deste galardón, promovido pola Cátedra Epifanio Campo da Universidade da Coruña (UDC), co obxectivo de promover a investigación e o coñecemento no ámbito da economía circular dentro do colectivo universitario. O premio principal, dotado […]

Unha tese do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) mellora as propiedades de envases alimentarios baseados en bioplásticos

Estes avances foron recollidos na tese de doutoramento da investigadora Anja Schmidt, defendida recentemente no Campus Industrial de Ferrol.

Ferrol, 1 de decembro de 2025.- O exceso de plásticos dun só uso é un dos grandes problemas ambientais do noso tempo. Cada ano prodúcense centos de millóns de toneladas de envases que acaban contaminando océanos, ríos e solos, e moitos deles non se reciclan. Como solución, os polihidroxialcanoatos (PHA) —biopolímeros totalmente biodegradables e de orixe […]

Dúas alumnas do Campus Industrial de Ferrol entre os 30 estudantes de España e Europa que participaron no Sustainable Challenge 2025

Belén González Costea Llamas e Laura Camila Velasco Ortega diante da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), centro no que se imparte o máster en Tecnoloxía Téxtil e Moda Sustentable.

Ferrol, 24 de novembro de 2025.- Belén González Costea Llamas (Cartagena, Murcia, España – 1998) e Laura Camila Velasco Ortega (Bogotá, Colombia – 2000), alumnas do máster en Tecnoloxía Téxtil e Moda Sustentable, titulación que se imparte na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), veñen de participar, xunto a outros 28 estudantes de ciclos […]