O Campus Industrial de Ferrol acolle este xoves e venres as xornadas sobre asesoría científica e xestión pública que coordina Wenceslao J. González

Ferrol, 6 de marzo de 2024.- O vicerreitor de Investigación e Transferencia, Jerónimo Puertas Agudo, inaugura mañá, xoves 7 de marzo, ás 09:40 horas, no salón de actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol, as xornadas sobre O Papel dos Expertos: Asesores Científicos e Xestión Pública que organiza o Centro de Investigación en Filosofía da Ciencia […]

O investigador Fran González, novo director Técnico do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) da Universidade da Coruña

O investigador Fran González asume a nova dirección técnica do CITENI. Fotografía CITENI-UDC

A Coruña, 5 de marzo de 2024.- O Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) da Universidade da Coruña (UDC) comeza unha nova etapa. O investigador do Laboratorio de Enxeñaría Mecánica (LIM) Francisco Javier González Varela asume a dirección técnica do centro, cargo que ata o de agora desempeñara a investigadora do Grupo […]

Persoal docente do Campus Industrial de Ferrol colabora nun proxecto europeo que pretende potenciar as habilidades creativas do estudantado das enxeñarías

Ana Ares, a terceira pola esquerda, acompañada pola profesora da Escola Universitaria de Deseño Industrial (EUDI), Cristina Prado Acebo, e polas das profesoras da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Sonia Bouza e Carolina Camba, na Sala Anexa ao Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol.

Ferrol, 28 de febreiro de 2024. Contribuír ao desenvolvemento das habilidades creativas do estudantado das titulacións universitarias de enxeñaría e potenciar entre estes mozos e mozas outras destrezas chave como poden ser a resolución de problemas ou o pensamento crítico. Este é o principal obxectivo do Proxecto Europeo Erasmus+ Creative Engineering (CEDE) no que participa persoal docente […]

A terceira edición do Hackathon Navantia Next Pioneers reta este xoves e venres a preto de 60 estudantes de enxeñaría no Campus Industrial de Ferrol

Cartel promocional do III Hackathon Navantia Next Pioneers que terá lugar entre as 15:00 horas do xoves 29 de febreiro e as 15:00 horas do venres 1 de marzo no Campus Industrial de Ferrol.

Ferrol, 26 de febreiro de 2024.- Un reto real proposto por Navantia e 24 horas para atopar unha solución innovadora. Este é o desafío ao se que enfrontan os 55 estudantes de enxeñaría da Escola Universitaria de Deseño Industrial (EUDI) e da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) e os cinco enxeñeiros e enxeñeiras junior de […]