Un equipo do CITENI do Campus Industrial desenvolve arrecifes artificiais sustentables

Un dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS 14 da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable) busca protexer a vida submarina. A introdución de arrecifes artificiais en mares e océanos pretende preservar e incrementar os recursos pesqueiros litorais, pero para a súa creación precísase facer unha avaliación de impacto que asegure a súa viabilidade e sustentabilidade […]

Axudas do CIF para financiar estadías de persoal investigador visitante senior entre un e seis meses

O Campus Industrial de Ferrol é o primeiro campus de especialización acreditado do Sistema Universitario de Galicia (SUG).

Axudas para financiar estadías de persoal investigador visitante senior Esta acción pretende atraer ao Campus Industrial de Ferrol persoal investigador de centros estranxeiros de prestixio excepcional, con obxecto de impulsar a internacionalización, estimulando a colaboración científica entre eles e o persoal investigador do Campus Industrial de Ferrol. Tamén se pretende fomentar o intercambio e actualización […]

Un artigo científico do investigador Jaime Martín do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais, premiado pola revista Materials Horizons

O artigo científico “Semi-paracrystallinity in semi-conducting polymers” do investigador do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais do Campus Industrial da Universidade da Coruña, CITENI, Jaime Martín e o seu equipo foi seleccionado como mellor artigo do ano na categoría Outstanding Article winner do Materials Horizons Outstanding Paper Award 22. Materials Horizons, a prestixiosa […]

A Cátedra Greenalia-UDC para a transición enerxética organiza un foro no Campus Industrial de Ferrol sobre novos empregos dentro do sector enerxético

A Cátedra Greenalia-Universidade da Coruña para a Transición Enerxética organiza un foro sobre os retos da transición enerxética e os novos perfís académicos que serán necesarios para abordar os cambios que se producirán nos próximos anos dentro do sector enerxético. O foro, aberto, especialmente para o alumnado universitario, terá lugar o vindeiro luns 8 de […]