A UDC abre no Campus Industrial de Ferrol a Aula Navantia-Siemens de formación en transformación dixital do sector naval pioneira en España

Esta aula pioneira foi inaugurada esta mañá polo vicepresidente da Xunta, Francisco Conde, e o reitor da UDC, Julio Abalde; coa presenza do alcalde de Ferrol, Ángel Mato; o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, a subdelegada do Goberno en Galicia, María Rivas; o director do CESENA, Javier Fernández; e o director de Navantia Ría de Ferrol, Eduardo Dobarro.

O Salón de Actos do Campus Industrial de Ferrol acolle unha nova edición do curso Carlos Gurméndez os días 6,7 e 8 de xullo

A vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, María Jesús Movilla, a presidenta do Club de Prensa de Ferrol, Julia Díaz, a coordinadora do curso Carlos Gurméndez, Esperanza Piñeiro, e o director académico do mesmo, o profesor da Universidade da Coruña, Alberto Sucasas, presentaron este xoves, na Sala de Xuntas da Vicerreitoría, a 23ª edición deste curso de pensamento e comunicación que terá lugar os días 6, 7 e 8 de xullo no Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol e que afondará no papel da muller na ciencia e na cultura.