{"id":4015,"date":"2022-06-17T09:46:13","date_gmt":"2022-06-17T07:46:13","guid":{"rendered":"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/o-campus-industrial-de-ferrol-fortalecese-co-grao-en-relacions-internacionais-novidade-da-udc-do-proximo-curso-xunto-co-de-intelixencia-artificial-na-coruna\/"},"modified":"2022-06-17T09:46:13","modified_gmt":"2022-06-17T07:46:13","slug":"o-campus-industrial-de-ferrol-fortalecese-co-grao-en-relacions-internacionais-novidade-da-udc-do-proximo-curso-xunto-co-de-intelixencia-artificial-na-coruna","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/en\/o-campus-industrial-de-ferrol-fortalecese-co-grao-en-relacions-internacionais-novidade-da-udc-do-proximo-curso-xunto-co-de-intelixencia-artificial-na-coruna\/","title":{"rendered":"O Campus Industrial de Ferrol fortal\u00e9cese co Grao en Relaci\u00f3ns Internacionais, novidade da UDC do pr\u00f3ximo curso xunto co de Intelixencia Artificial na Coru\u00f1a"},"content":{"rendered":"<ul>\n<li>A vicerreitora de Ferrol Mar\u00eda Jes\u00fas Movilla, a vicerreitora Acad\u00e9mica, Nancy V\u00e1zquez, e os coordinadores dos novos t\u00edtulos, Jorge Quindimil, de Relaci\u00f3ns Internacionais, e Bertha Guijarro, de Intelixencia Artificial, presentaron a oferta de graos do pr\u00f3ximo curso da Universidade da Coru\u00f1a.<\/li>\n<li>O Grao en Relaci\u00f3ns Internacionais, que se impartir\u00e1 na Facultade de Humanidades e Documentaci\u00f3n, ser\u00e1 biling\u00fce e ter\u00e1 a especializaci\u00f3n en Cooperaci\u00f3n para o Desenvolvemento. O Grao en Intelixencia Artificial, que se ensinar\u00e1 na Facultade de Inform\u00e1tica, ser\u00e1 DUAL e ter\u00e1 a especializaci\u00f3n en Sociedade e Industria Intelixentes.<\/li>\n<li>O Campus de Ferrol ofrecer\u00e1 toda a s\u00faa docencia en Esteiro, coa integraci\u00f3n das polit\u00e9cnicas de Esteiro e Serantes na nova Escola Polit\u00e9cnica de Enxe\u00f1ar\u00eda de Ferrol.<\/li>\n<\/ul>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>A Coru\u00f1a, 17 de xu\u00f1o de 2022.- A Universidade da Coru\u00f1a ofrecer\u00e1 o pr\u00f3ximo curso dous novos graos, o Grao en Intelixencia Artificial, na Facultade de Inform\u00e1tica, no Campus de Elvi\u00f1a, e o Grao en Relaci\u00f3ns Internacionais, na Facultade de Humanidades e Documentaci\u00f3n, no Campus Industrial de Ferrol.<\/p>\n<p>A vicerreitora do Campus de Ferrol, Mar\u00eda Jes\u00fas Movilla, a vicerreitora de Oferta Acad\u00e9mica e Innovaci\u00f3n Docente, Nancy V\u00e1zquez, e os coordinadores dos novos graos, Jorge Quindimil, de Relaci\u00f3ns Internacionais, e Bertha Guijarro, de Intelixencia Artificial, presentaron esta ma\u00f1\u00e1 a nova oferta de graos do pr\u00f3ximo curso no Campus de Ferrol.<\/p>\n<p>Movilla sinalou que o Campus Industrial de Ferrol \u201cvese reforzado coa nova oferta acad\u00e9mica con t\u00edtulos nos que temos especial interese e que atraer\u00e1n a novo alumnado ao campus\u201d. A vicerreitora agradeceu \u00e1 Facultade de Humanidades e Documentaci\u00f3n o seu traballo na consecuci\u00f3n do Grao en Relaci\u00f3ns Internacionais. Mar\u00eda Jes\u00fas Movilla aproveitou para lembrar outra das novidades que traer\u00e1 o pr\u00f3ximo curso ao Campus de Ferrol pois coa recentemente creada Escola Polit\u00e9cnica de Enxe\u00f1ar\u00eda de Ferrol, que integra \u00e1s antigas polit\u00e9cnicas de Esteiro e Serantes, todo o alumnado destes dous centros recibir\u00e1 a s\u00faa docencia en Esteiro, na EPEF.<\/p>\n<p>Para Nancy V\u00e1zquez, a oferta acad\u00e9mica da Universidade da Coru\u00f1a est\u00e1 na actualidade \u201crenovada, consolidada e preparada para dar resposta con garant\u00edas \u00e1s necesidades e requirimentos presentes e futuros e para ter un papel decisivo na acci\u00f3n educativa e cultural que demande a sociedade\u201d, como corroboran as titulaci\u00f3ns implantadas nos \u00faltimos anos, pioneiras e \u00fanicas no Sistema Universitario Galego. Temos unha oferta moi completa, con 41 graos nas diferentes ramas de co\u00f1ecemento, sete dobres graos e dous graos abertos. A vicerreitora considerou como \u201cmoi importante\u201d o Grao en Relaci\u00f3ns Internacionais que se impartir\u00e1 na Facultade de Humanidades e Documentaci\u00f3n. Un centro, sinalou que \u201cfoi quen de ir actualizando e renovando a s\u00faa oferta; renovaci\u00f3n fundamental para as universidades e mais nestes tempos en que os cambios se producen con gran rapidez\u201d.<\/p>\n<p>A vicerreitora aproveitou para dar unha mensaxe ao estudantado que onte recibiu a s\u00faa nota da Abau e te\u00f1a d\u00fabidas sobre que estudar. Nestes d\u00edas de reflexi\u00f3n que a\u00ednda quedan ata o martes 21 que \u00e9 cando comeza a preinscrici\u00f3n, V\u00e1zquez animounos a pensar en elixir un grao por vocaci\u00f3n. \u201c\u00c9 a maneira de non considerar o estudo como unha obriga sen\u00f3n como unha oportunidade para penetrar no marabilloso mundo do saber\u201d, dixo parafraseando a Einstein. \u201c\u00c9 importante que elixades un grao que vos poida conducir a un traballo que vos gustar\u00eda desempe\u00f1ar no futuro. Se seguides a vosa vocaci\u00f3n, seredes bo no que fagades e, estou segura de que triunfaredes\u201d, conclu\u00edu dirix\u00edndose directamente aos futuros universitarios.<\/p>\n<h2><strong>Grao en Relaci\u00f3ns Internacionais<\/strong><\/h2>\n<p>O coordinador do Grao en Relaci\u00f3ns Internacionais, Jorge Quindimil, explicou que este t\u00edtulo era \u201clargamente esperado para as persoas que somos internacionalistas\u201d. Neste grao, \u00fanico no noroeste de Espa\u00f1a, \u201ctemos grandes expectativas e de feito, estamos xa recibindo solicitudes de f\u00f3ra de Galicia\u201d, confesou engadindo que tam\u00e9n era un t\u00edtulo esperado por estudantado e polos posibles empregadores, tanto p\u00fablicos como privados\u201d.<\/p>\n<p>Este grao \u00e9 interuniversitario coa Universidade de Vigo. Os dous primeiros cursos ter\u00e1n car\u00e1cter com\u00fan a ambas as d\u00faas universidades. O alumnado matriculado no Campus Industrial de Ferrol poder\u00e1 realizar toda a s\u00faa carreira na Facultade de Humanidades e Documentaci\u00f3n. Os dous primeiros anos ter\u00e1 clases en formato h\u00edbrido, \u00e9 dicir, algunhas materias impartidas polos docentes da UDC de forma presencial e outras por docentes da UVigo de forma telem\u00e1tica, sen necesidade de desprazarse de campus. Os dous \u00faltimos anos ser\u00e1n os da especializaci\u00f3n, que na UDC ter\u00e1n a menci\u00f3n de Cooperaci\u00f3n Internacional para o Desenvolvemento. Presenta un plan de estudos \u201catractivo e moi actualizado cunha presencia de materias de moitas disciplinas, como econom\u00eda, dereito, pol\u00edtica, antropolox\u00eda ou novas tecnolox\u00edas\u201d, destacou Quindimil, especificando que a metade das materias se impartir\u00e1n en ingl\u00e9s e definiu o perfil do futuro estudantado. \u201cEste \u00e9 un t\u00edtulo dirixido a alumnado que quere cambiar o mundo, que quere desenvolver o seu traballo para mellorar as relaci\u00f3ns internacionais e poder compartir os grandes desaf\u00edos da humanidades como a loita contra a pobreza, as desigualdades, o cambio clim\u00e1tico, as migraci\u00f3ns, etc.\u201d, describiu.<\/p>\n<p>Como posibles sa\u00eddas laborais, ademais do acceso ao corpo diplom\u00e1tico o titulado poder\u00e1 traballar en ONG, en entidades p\u00fablicas que te\u00f1en programas de cooperaci\u00f3n ao desenvolvemento ou en multinacionais e pequenas e medianas empresas de exportaci\u00f3n.<\/p>\n<h2><strong>Grao en Intelixencia Artificial<\/strong><\/h2>\n<p>Bertha Guijarro, coordinadora do Grao en Intelixencia Artificial (IA) da Universidade da Coru\u00f1a, destacou que a IA non \u00e9 unha disciplina recente, pero necesitou dun tempo para implantarse na sociedade pois as tecnolox\u00edas non estaban o suficientemente maduras. \u201cIsto cambiou, hai moitos avances en biotecnolox\u00eda, manufactura, etc. que contribu\u00edu a que agora estean a tecnolox\u00eda suficientemente madura como para poder elaborar estudos ao seu arredor\u201d, dixo. Estes estudos ata agora formaban parte dalgunhas materias dos graos en Inform\u00e1tica pero agora necesitan dunha especializaci\u00f3n. No caso da Facultade de Inform\u00e1tica da UDC, leva trinta anos impartindo docencia e realizando investigaci\u00f3n nesta disciplina polo que a implantaci\u00f3n deste grao \u00e9 \u201ccase natural\u201d, explicou.<\/p>\n<p>Estudos realizado por Microsoft, Linkedin e outros pred\u00edn que a necesidade de especialistas en IA ter\u00e1 unha taxa de crecemento anual do 80% e agora mesmo \u00e9 o perfil profesional m\u00e1is demandado, segundo puxo de relevo a coordinadora do Grao en IA da UDC. A \u00fanica forma de cubrir estas demandas \u00e9 a formaci\u00f3n e pa\u00edses como China e Estados Unidos est\u00e1n incrementando as s\u00faa titulaci\u00f3ns. En Espa\u00f1a s\u00f3 se imparte en cinco centros, desde hai dous ou tres anos, aos que se suma agora o Sistema Universitario Galego, pois este t\u00edtulo \u00e9 interuniversitario pero se imparte de forma independente.<\/p>\n<p>O Grao en IA da UDC abarca todas as tecnolox\u00edas necesarias para facer sistemas intelixentes. O terceiro curso e cuarto son de especializaci\u00f3n que na UDC ser\u00e1 Sociedade e Empresa Intelixentes, que dar\u00e1 unha visi\u00f3n empresarial sobre como facer aplicaci\u00f3ns intelixentes nas empresas. Caracter\u00edstica distintiva da UDC \u00e9 que se ofertar\u00e1 o cuarto curso en versi\u00f3n DUAL, co que o alumnado poder\u00e1 elixir entre facer unha formaci\u00f3n na universidade ou 48 dos 60 cr\u00e9ditos nunha empresa baixo supervisi\u00f3n dun titor acad\u00e9mico.<\/p>\n<h2><strong>Oferta en ingl\u00e9s<\/strong><\/h2>\n<p>A oferta da UDC incl\u00fae varios graos que contan cun itinerario en ingl\u00e9s, de tal xeito que o estudantado que as\u00ed o desexe poida cursar un 50% dos contidos en ingl\u00e9s como ADE, Enxe\u00f1ar\u00eda Inform\u00e1tica, Biolox\u00eda, Estudos de Arquitectura, Dereito, Qu\u00edmica, Econom\u00eda e Tecnolox\u00edas da Enxe\u00f1ar\u00eda Civil. Ademais ofrece catro graos internacionais nos que \u00e9 posible obter o t\u00edtulo pola UDC e outro por unha universidade estranxeira de referencia, e son os graos en ADE, Dereito, Enxe\u00f1ar\u00eda Inform\u00e1tica e Ingl\u00e9s: estudos ling\u00fc\u00edsticos e literarios.<\/p>\n<p>Os graos en Xesti\u00f3n Industrial da Moda e o novo de Relaci\u00f3ns Internacionais impartir\u00e1n a metade das materias en ingl\u00e9s polo que \u00e9 necesario acreditar un nivel m\u00ednimo de este idioma. O alumnado procedente de centros p\u00fablicos de bacharelato de Galicia cunha nota media de 7 en ingl\u00e9s non ter\u00e1 que facer nada. O resto de estudantado ter\u00e1 que acreditar o nivel de ingl\u00e9s no momento en que faga a matr\u00edcula.<\/p>\n<p>As\u00ed mesmo, a UDC disp\u00f3n dun grao cun itinerario de formaci\u00f3n DUAL, pioneiro en Galicia, o Grao en Enxe\u00f1ar\u00eda El\u00e9ctrica que se imparte na Escola Polit\u00e9cnica de Enxe\u00f1ar\u00eda de Ferrol. Ademais ofrece dous graos abertos, o de Ciencias Sociais e Xur\u00eddicas e o de Enxe\u00f1ar\u00eda Industrial. Estes graos est\u00e1n destinados a aquel alumnado que querendo cursar unha titulaci\u00f3n destas \u00e1reas non se decanta por ningunha en concreto. Coa opci\u00f3n do grao aberto poder\u00e1 realizar materias com\u00fans a varios graos e tomar logo unha decisi\u00f3n sobre a titulaci\u00f3n a seguir.<\/p>\n<p>A UDC ofrece sete dobres graos:<\/p>\n<ul>\n<li>Biolox\u00eda + Qu\u00edmica<\/li>\n<li>Administraci\u00f3n e Direcci\u00f3n de Empresas + Dereito<\/li>\n<li>Turismo + Ciencias Empresariais<\/li>\n<li>Espa\u00f1ol: Estudos Ling\u00fc\u00edsticos e Literarios + Galego e Portugu\u00e9s: Estudos Ling\u00fc\u00edsticos e Literarios<\/li>\n<li>Ingl\u00e9s: Estudos Ling\u00fc\u00edsticos e Literarios + Espa\u00f1ol: Estudos Ling\u00fc\u00edsticos e Literarios<\/li>\n<li>Ingl\u00e9s: Estudos Ling\u00fc\u00edsticos e Literarios + Galego e Portugu\u00e9s: Estudos Ling\u00fc\u00edsticos e Literarios<\/li>\n<li>Enxe\u00f1ar\u00eda Mec\u00e1nica + Enxe\u00f1ar\u00eda Naval e Oce\u00e1nica<\/li>\n<\/ul>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<h2><strong><u>L\u00edmite de prazas en titulaci\u00f3ns de grao para o curso 2022\/2023<\/u><\/strong><\/h2>\n<p><strong>Escola T\u00e9cnica Superior de Arquitectura<\/strong><\/p>\n<p>Grao en Estudos de Arquitectura, 132 prazas<\/p>\n<p>Grao en Paisaxe (interuniversitario), 45 prazas (a matr\u00edcula de primeiro ano faise na USC)<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Escola T\u00e9cnica Superior de Enxe\u00f1ar\u00eda de Cami\u00f1os, Canais e Portos<\/strong><\/p>\n<p>Grao en Enxe\u00f1ar\u00eda de Obras P\u00fablicas, 50<\/p>\n<p>Grao en Tecnolox\u00eda da Enxe\u00f1ar\u00eda Civil, 50<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Escola T\u00e9cnica Superior de N\u00e1utica e M\u00e1quinas<\/strong><\/p>\n<p>Grao en M\u00e1quinas Navais, 50<\/p>\n<p>Grao en N\u00e1utica e Transporte Mar\u00edtimo, 50<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Escola Universitaria de Arquitectura T\u00e9cnica<\/strong><\/p>\n<p>Grao en Arquitectura T\u00e9cnica, 50<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Facultade de Ciencias<\/strong><\/p>\n<p>Grao en Biolox\u00eda, 70<\/p>\n<p>Grao en Nanociencia e Nanotecnolox\u00eda, 50<\/p>\n<p>Grao en Qu\u00edmica, 50<\/p>\n<p>Dobre Grao en Biolox\u00eda e Grao en Qu\u00edmica, 10<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Facultade de Ciencias da Comunicaci\u00f3n<\/strong><\/p>\n<p>Grao en Comunicaci\u00f3n Audiovisual, 50<\/p>\n<p>Grao en Creaci\u00f3n Dixital, Animaci\u00f3n e Videoxogos, 50<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Facultade de Ciencias da Educaci\u00f3n<\/strong><\/p>\n<p>Grao en Educaci\u00f3n Infantil, 120<\/p>\n<p>Grao en Educaci\u00f3n Primaria, 120<\/p>\n<p>Grao en Educaci\u00f3n Social, 80<\/p>\n<p>Grao en Logopedia, 60<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Facultade de Ciencias da Sa\u00fade<\/strong><\/p>\n<p>Grao en Terapia Ocupacional, 50<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Facultade de Ciencias do Deporte e a Educaci\u00f3n F\u00edsica<\/strong>,<\/p>\n<p>Grao en Ciencias da Actividade F\u00edsica e o Deporte, 120<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Facultade de Dereito<\/strong><\/p>\n<p>Grao en Dereito, 120<\/p>\n<p>Dobre Grao en Administraci\u00f3n e Direcci\u00f3n de Empresas e<\/p>\n<p>Grao en Dereito, 60<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Facultade de Econom\u00eda e Empresa<\/strong><\/p>\n<p>Grao en Administraci\u00f3n e Direcci\u00f3n de Empresas, 180<\/p>\n<p>Grao en Ciencias Empresariais, 90<\/p>\n<p>Grao en Econom\u00eda, 90<\/p>\n<p>Dobre Grao en Turismo e Grao en Ciencias Empresariais, 25<\/p>\n<p>Grao Aberto en Ciencias Sociais e Xur\u00eddicas, 10<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Facultade de Filolox\u00eda<\/strong>,<\/p>\n<p>Grao en Espa\u00f1ol: Estudos Ling\u00fc\u00edsticos e Literarios, 30<\/p>\n<p>Grao en Galego e Portugu\u00e9s: Estudos Ling\u00fc\u00edsticos e Literarios, 40<\/p>\n<p>Grao en Ingl\u00e9s: Estudos Ling\u00fc\u00edsticos e Literarios, 100<\/p>\n<p>Dobre Grao en Espa\u00f1ol: Estudos Ling\u00fc\u00edsticos e Literarios e Grao en Galego e Portugu\u00e9s: Estudos Ling\u00fc\u00edsticos e Literarios, 5<\/p>\n<p>Dobre Grao en Ingl\u00e9s: Estudos Ling\u00fc\u00edsticos e Literarios e Grao en Espa\u00f1ol: Estudos Ling\u00fc\u00edsticos e Literarios, 20<\/p>\n<p>Dobre Grao en Ingl\u00e9s: Estudos Ling\u00fc\u00edsticos e Literarios e Grao en Galego e Portugu\u00e9s: Estudos Ling\u00fc\u00edsticos e Literarios, 5<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Facultade de Fisioterapia<\/strong><\/p>\n<p>Grao en Fisioterapia, 60<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Facultade de Inform\u00e1tica<\/strong><\/p>\n<p>Grao en Ciencia e Enxe\u00f1ar\u00eda de Datos, 60<\/p>\n<p>Grao en Enxe\u00f1ar\u00eda Inform\u00e1tica, 264<\/p>\n<p>Grao en Intelixencia Artificial (interuniversitario), 50 (UDC) NOVO<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Facultade de Sociolox\u00eda<\/strong><\/p>\n<p>Grao en Sociolox\u00eda, 95<\/p>\n<p><strong>Facultade de Turismo<\/strong><\/p>\n<p>Grao en Turismo (presencial), 54<\/p>\n<p>Grao en Turismo (online),10<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Escola Universitaria de Enfermer\u00eda (centro adscrito <\/strong><strong>\u2010<\/strong><strong> AC)<\/strong><\/p>\n<p>Grao en Enfermar\u00eda, 72<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Escola Universitaria de Relaci\u00f3ns Laborais (centro adscrito <\/strong><strong>\u2010<\/strong><strong> AC)<\/strong><\/p>\n<p>Grao en Relaci\u00f3ns Laborais e Recursos Humanos, 70<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Polytechnic University College<\/strong><\/p>\n<p>Grao en Enxe\u00f1ar\u00eda en Tecnolox\u00edas Industriais, 45<\/p>\n<p>Grao en Enxe\u00f1ar\u00eda Mec\u00e1nica, 45<\/p>\n<p>Grao en Enxe\u00f1ar\u00eda Naval e Oce\u00e1nica, 45<\/p>\n<p>Dobre Grao en Enxe\u00f1ar\u00eda Mec\u00e1nica e Grao en Enxe\u00f1ar\u00eda Naval e Oce\u00e1nica, 8<\/p>\n<p>Grao Aberto en Enxe\u00f1ar\u00eda Industrial, 8<\/p>\n<p>Grao en Enxe\u00f1ar\u00eda El\u00e9ctrica (opci\u00f3n DUAL), 45<\/p>\n<p>Grao en Enxe\u00f1ar\u00eda Electr\u00f3nica Industrial e Autom\u00e1tica, 50<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>University College of Industrial Design<\/strong><\/p>\n<p>Grao en Enxe\u00f1ar\u00eda de Dese\u00f1o Industrial e Desenvolvemento do Produto, 70<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Faculty of Work Science<\/strong><\/p>\n<p>Grao en Relaci\u00f3ns Laborais e Recursos Humanos, 48<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Faculty of Nursing and Podiatry<\/strong><\/p>\n<p>Grao en Enfermar\u00eda, 72<\/p>\n<p>Grao en Podolox\u00eda, 50<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<h2><strong>Faculty of Humanities and Documentation<\/strong><\/h2>\n<p>Grao en Xesti\u00f3n Dixital de Informaci\u00f3n e Documentaci\u00f3n, 45<\/p>\n<p>Grao en Xesti\u00f3n Industrial da Moda, 50<\/p>\n<p>Grao en Relaci\u00f3ns Internacionais (interuniversitario), 23 (UDC) NOVO<\/p>\n<h2><strong>Premios Excelencia \u00e1 mellor nota de admisi\u00f3n<\/strong><\/h2>\n<p>A Universidade da Coru\u00f1a reco\u00f1ece o esforzo do alumnado por acceder \u00e1 formaci\u00f3n superior, polo que entrega os Premios Excelencia \u00e1 mellor nota de admisi\u00f3n nos graos ao alumnado que, procedente de bacharelato ou ciclos formativos de grao superior, se matricule na UDC. Ademais de entregarlle un diploma acreditativo, outorga un cheque que supera os 500 euros.<\/p>\n<h2><strong>Residencias p\u00fablicas universitarias<\/strong><\/h2>\n<p>Os campus da Coru\u00f1a e Ferrol contan con residencia p\u00fablica universitaria. A residencia Elvira Bao, situada na praza do Museo Nacional de Ciencia na Coru\u00f1a disp\u00f3n de 118 prazas, das que d\u00faas son cuartos individuais destinadas ao alumnado con mobilidade reducida, que requira dun aloxamento adaptado; e 116 en cuarto dobre (non mixtas). O prezo dos cuartos oscila entre 119 e 253 euros e incl\u00fae os consumos de calefacci\u00f3n, electricidade, auga e conexi\u00f3n wifi. As habitaci\u00f3ns son todas exteriores e dispo\u00f1en de ba\u00f1o e zona de estudo. A residencia disp\u00f3n de d\u00faas salas de ocio e unha de estudo.<\/p>\n<p>A residencia universitaria de Ferrol est\u00e1 situada na r\u00faa S\u00e1nchez Barc\u00e1iztegui. Ofrece 25 prazas, 15 en cuarto individual e 10 en cuarto dobre. Todos os cuartos son exteriores e os prezos, ao igual que os da Coru\u00f1a oscilan entre 119 e 253 euros. No prezo incl\u00faense os consumos de calefacci\u00f3n, auga, wifi e electricidade. A residencia ten ademais sala de estudos, salas de estar con televisi\u00f3n, sala de ocio, pista deportiva, coci\u00f1as, microondas, neveiras e conxelador e zona axardinada e prensa, con servizo de conserxar\u00eda as 24 horas.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<figure id=\"attachment_3601\" aria-describedby=\"caption-attachment-3601\" style=\"width: 1024px\" class=\"wp-caption aligncenter\"><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"size-full wp-image-3601\" src=\"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/rolda_titulos_Ferrol.jpg_715563117.jpg\" alt=\"\" width=\"1024\" height=\"768\" srcset=\"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/rolda_titulos_Ferrol.jpg_715563117.jpg 1024w, https:\/\/campusindustrial.udc.es\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/rolda_titulos_Ferrol.jpg_715563117-300x225.jpg 300w, https:\/\/campusindustrial.udc.es\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/rolda_titulos_Ferrol.jpg_715563117-768x576.jpg 768w\" sizes=\"(max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><figcaption id=\"caption-attachment-3601\" class=\"wp-caption-text\">Desde a esquerda, a decana da Facultade de Humanidades e Documentaci\u00f3n, Manuela Santos, Jorge Quindimil, Nancy V\u00e1zquez, Mar\u00eda Jes\u00fas Movilla e Bertha Guijarro<\/figcaption><\/figure>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A vicerreitora de Ferrol Mar\u00eda Jes\u00fas Movilla, a vicerreitora Acad\u00e9mica, Nancy V\u00e1zquez, e os coordinadores dos novos t\u00edtulos, Jorge Quindimil, de Relaci\u00f3ns Internacionais, e Bertha Guijarro, de Intelixencia Artificial, presentaron a oferta de graos do pr\u00f3ximo curso da Universidade da Coru\u00f1a.<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":3602,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[42,41],"tags":[],"class_list":["post-4015","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-students","category-teaching"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4015","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4015"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4015\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media\/3602"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4015"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4015"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4015"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}