{"id":4038,"date":"2022-04-29T13:49:00","date_gmt":"2022-04-29T11:49:00","guid":{"rendered":"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/a-unidade-mixta-de-investigacion-udc-navantia-pecha-a-fase-de-consolidacion-constituindose-como-un-modelo-de-colaboracion-entre-universidade-e-industria\/"},"modified":"2022-04-29T13:49:00","modified_gmt":"2022-04-29T11:49:00","slug":"a-unidade-mixta-de-investigacion-udc-navantia-pecha-a-fase-de-consolidacion-constituindose-como-un-modelo-de-colaboracion-entre-universidade-e-industria","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/en\/a-unidade-mixta-de-investigacion-udc-navantia-pecha-a-fase-de-consolidacion-constituindose-como-un-modelo-de-colaboracion-entre-universidade-e-industria\/","title":{"rendered":"A Unidade Mixta de Investigaci\u00f3n UDC-Navantia pecha a fase de consolidaci\u00f3n constitu\u00edndose como un modelo de colaboraci\u00f3n entre Universidade e industria"},"content":{"rendered":"<ul>\n<li><em>A UMI UDC-Navantia creouse en 2015 co apoio da Xunta de Galicia para dar soporte ao estaleiro no seu proceso de transformaci\u00f3n cara unha industria 4.0. Neste tempo tivo unha primeira etapa inicial e esta segunda de consolidaci\u00f3n. \u00c1brese agora unha nova fase na que se intensificar\u00e1 a colaboraci\u00f3n entre a Universidade da Coru\u00f1a e Navantia, como Centro Mixto de Investigaci\u00f3n Estaleiro 5.0<\/em><\/li>\n<li><em>Froito da investigaci\u00f3n da UMI xurdiron proxectos como o \u201cBuque sen cables\u201d ou o \u201cXemelgo Dixital\u201d que, co seu desenvolvemento, constit\u00faen un fito na construci\u00f3n naval militar mundial.<\/em><\/li>\n<li><em>Exponav acolleu esta ma\u00f1\u00e1 o acto de peche da fase de consolidaci\u00f3n coa presenza do reitor da UDC, Julio Abalde; a directora da Axencia Galega de Innovaci\u00f3n (GAIN), Patricia Argerey; o director de Navantia R\u00eda de Ferrol, Eduardo Dobarro; e os codirectores da UMI UDC-Navantia, o director de I+D+i de Navantia, Carlos Blanco, e o profesor da UDC e investigador principal da UMI, Pablo Fari\u00f1as.<\/em><\/li>\n<\/ul>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>A Coru\u00f1a, 29 de abril de 2022.- O Museo da Construci\u00f3n Naval de Ferrol, Exponav, acolleu esta ma\u00f1\u00e1 o acto de peche da fase de consolidaci\u00f3n da Unidade Mixta de Investigaci\u00f3n Universidade da Coru\u00f1a- Navantia \u201cO estaleiro d<a href=\"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/UMI_UDC_Navantia_1.jpg_1699441221.jpg\"><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"alignleft size-medium wp-image-3667\" src=\"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/UMI_UDC_Navantia_1.jpg_1699441221-300x225.jpg\" alt=\"\" width=\"300\" height=\"225\" srcset=\"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/UMI_UDC_Navantia_1.jpg_1699441221-300x225.jpg 300w, https:\/\/campusindustrial.udc.es\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/UMI_UDC_Navantia_1.jpg_1699441221-1024x768.jpg 1024w, https:\/\/campusindustrial.udc.es\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/UMI_UDC_Navantia_1.jpg_1699441221-768x576.jpg 768w, https:\/\/campusindustrial.udc.es\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/UMI_UDC_Navantia_1.jpg_1699441221.jpg 1280w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>o futuro\u201d, nun evento que contou coa presenza do reitor da UDC, Julio Abalde; a directora da Axencia Galega de Innovaci\u00f3n (GAIN), Patricia Argerey; o director de Navantia R\u00eda de Ferrol, Eduardo Dobarro; e os codirectores da UMI UDC-Navantia, o director de I+D+i de Navantia, Carlos Blanco, e o profesor da UDC e investigador principal da UMI, Pablo Fari\u00f1as.<\/p>\n<p>O acto serviu para dar a co\u00f1ecer o traballo realizado nas d\u00faas fases da UMI, unha primeira, de creaci\u00f3n, entre 2015 e 2018 e unha segunda, de consolidaci\u00f3n, no per\u00edodo de 2018 a 2021. Ambas partes, Universidade e Estaleiro pretenden agora continuar cunha seguinte fase na que se intensificar\u00e1 a colaboraci\u00f3n como UMI Centro Mixto de Investigaci\u00f3n Estaleiro 5.0.<\/p>\n<p>De feito, o reitor subli\u00f1ou que m\u00e1is que un acto de peche o de hoxe \u201c\u00e9 inauguraci\u00f3n da nova etapa porque ambas as d\u00faas instituci\u00f3ns estamos dispo\u00f1ibles para seguir traballando\u201d. Abalde lembrou que o inicio hai seis anos da UMI coincidiu co comezo do seu mandato como reitor da UDC, no que o seu equipo de goberno se marcou como obxectivo que \u201ca UDC fose un elemento dinamizador social e economicamente das comarcas nas que se asenta, A Coru\u00f1a e Ferrol\u201d, e isto pasa, explicou o reitor \u201cpor po\u00f1er \u00e1 disposici\u00f3n do sector empresarial o potencial investigador da UDC para que as empresas sexan m\u00e1is competitivas\u201d. \u201cA UDC ten que axudar a que a industria sexa m\u00e1is competitiva, avanzada e innovadora\u201d, enfatizou engadindo que ese reto foi tam\u00e9n o xerme da especializaci\u00f3n de Ferrol como Campus Industrial. Finalmente, Abalde agradeceu a implicaci\u00f3n de Navantia nesta UMI, as\u00ed como o apoio de GAIN.<\/p>\n<p>\u201cA colaboraci\u00f3n entre Navantia e a UDC, e en particular co Campus Industrial de Ferrol, \u00e9 unha historia de \u00e9xito que queremos continuar. \u00c9 unha colaboraci\u00f3n que nos enriquece a ambos e que xera beneficios para a sociedade, porque contrib\u00fae a impulsar o talento e a que a comarca sexa punteira tecnoloxicamente\u201d, sinalou Eduardo Dobarro.<\/p>\n<p>A directora de GAIN destacou que \u201cNavantia \u00e9 un estaleiro de futuro cun presente moi prometedor\u201d e apuntou que na nova construci\u00f3n das fragatas a UMI UDC Navantia ten un papel fundamental coa s\u00faa contribuci\u00f3n tecnol\u00f3xica innovadora. \u201cEsta UMI deu numerosos avances no eido tecnol\u00f3xico\u201d, remarcou, engadindo que \u201cconf\u00edo en que a nova proposta da UMI UDC-Navantia sexa das seleccionadas\u201d para recibir financiamento da Xunta nunha nova etapa que se abre xa como UMI Centro Mixto de Investigaci\u00f3n Estaleiro 5.0.<\/p>\n<p>Para o director de I+D+i de Navantia, Carlos Blanco, con este proxecto \u201cdemostramos que traballar conxuntamente e transferir tecnolox\u00eda aplicada entre Universidade e a empresa \u00e9 unha oportunidade tanxible de mellorar a nosa industria. \u00c9 unha ferramenta de tracci\u00f3n da colaboraci\u00f3n e soporte \u00e1 dixitalizaci\u00f3n do tecido industrial, de desenvolvemento de talento preparado para enfrontar os retos que xa est\u00e1n aqu\u00ed\u201d.<\/p>\n<p>A UMI UDC-Navantia naceu co obxectivo de avanzar na mellora tecnol\u00f3xica dun estaleiro que desenvolve produtos de primeiro nivel mundial, no desenvolvemento dos retos dun futuro dixitalizado. Fundamentalmente, os obxectivos centr\u00e1banse na mellora da produtividade nos seus procesos e da competitividade fronte aos seus competidores, ademais de emerxer no mundo 4.0, segundo explicou o investigador principal da UMI, o profesor da UDC, Pablo Fari\u00f1as.<\/p>\n<p>Dado que o foco principal eran os procesos, as li\u00f1as de investigaci\u00f3n orient\u00e1ronse, nun principio, a d\u00faas \u00e1reas diferenciadas. Por un lado, \u00e1 optimizaci\u00f3n dos procesos no estaleiro e por outro \u00e1 implementaci\u00f3n das novas tecnolox\u00edas da informaci\u00f3n e a comunicaci\u00f3n (TIC) na construci\u00f3n de buques. A r\u00e1pida evoluci\u00f3n da tecnolox\u00eda levou, posteriormente, a diversificar as actuaci\u00f3ns con algunhas li\u00f1as de investigaci\u00f3n orientadas tam\u00e9n ao produto, xurdindo algunhas iniciativas entre as que destaca o proxecto de \u201cBuque sen cables\u201d e o desenvolvemento do \u201cXemelgo Dixital do Buque\u201d, actuaci\u00f3ns que co seu posterior desenvolvemento constit\u00faen un fito na construci\u00f3n naval militar mundial.<\/p>\n<p>A UMI mobilizou un investimento total de 4,8 mill\u00f3ns de euros, dos que Navantia aportou preto de 3M\u20ac; a Xunta de Galicia, a trav\u00e9s da Axencia Galega de Innovaci\u00f3n, 1,3M\u20ac e a UDC case 0,5M\u20ac. O proxecto involucrou a 154 investigadores, 42 deles de nova contrataci\u00f3n. Abr\u00edronse finalmente 16 li\u00f1as de investigaci\u00f3n que comprenden a modelizaci\u00f3n e optimizaci\u00f3n de procesos, os xemelgos dixitais, a internet das cousas e a realidade aumentada e virtual, entre outras. Todas estas li\u00f1as son clave para que Navantia se mante\u00f1a na punta de lanza tecnol\u00f3xica e o estaleiro de Ferrol no polo industrial da construci\u00f3n de fragatas, os buques de superficie m\u00e1is complexos que existen.<\/p>\n<p>Estes proxectos est\u00e1n ali\u00f1ados co plan estrat\u00e9xico de Navantia e o seu Plan de Transformaci\u00f3n Dixital, destinado a transformar Navantia nun Estaleiro 5.0, m\u00e1is competitivo, eficiente, \u00e1xil e sustentable.<\/p>\n<p>Os resultados destes anos de traballo deixan unha patente, un rexistro industrial, cinco procedementos desenvolvidos, tres algoritmos, 10 modelos \/ pilotos, m\u00e1is de 95 publicaci\u00f3ns cient\u00edficas, catro teses de doutoramento e outras sete en curso e m\u00e1is de 50 presentaci\u00f3ns en congresos cient\u00edficos, as\u00ed como once entidades que colaboraron co proxecto. Estas cifras dan conta da magnitude da UMI UDC-Navantia cualificada pola Xunta de Galicia como un modelo de \u00e9xito de colaboraci\u00f3n entre a Academia e a industria.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Froito da investigaci\u00f3n da UMI xurdiron proxectos como o \u201cBuque sen cables\u201d ou o \u201cXemelgo Dixital\u201d que, co seu desenvolvemento, constit\u00faen un fito na construci\u00f3n naval militar mundial.<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":3668,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[39,43],"tags":[],"class_list":["post-4038","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-research","category-transference"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4038","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4038"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4038\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media\/3668"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4038"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4038"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4038"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}