{"id":4059,"date":"2022-04-04T14:21:11","date_gmt":"2022-04-04T12:21:11","guid":{"rendered":"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/o-campus-industrial-de-ferrol-organiza-unha-xornada-de-portas-abertas-presencial-dirixida-a-alumnado-de-bach-e-fp-o-vindeiro-venres-22-de-abril\/"},"modified":"2022-04-04T14:21:11","modified_gmt":"2022-04-04T12:21:11","slug":"o-campus-industrial-de-ferrol-organiza-unha-xornada-de-portas-abertas-presencial-dirixida-a-alumnado-de-bach-e-fp-o-vindeiro-venres-22-de-abril","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/en\/o-campus-industrial-de-ferrol-organiza-unha-xornada-de-portas-abertas-presencial-dirixida-a-alumnado-de-bach-e-fp-o-vindeiro-venres-22-de-abril\/","title":{"rendered":"O Campus Industrial de Ferrol organiza unha Xornada de Portas Abertas Presencial dirixida a alumnado de BACH e FP o vindeiro venres 22 de abril"},"content":{"rendered":"<p>Ferrol, 4 de abril de 2022.- O Campus Industrial e o Servizo de Estudantes da Universidade da Coru\u00f1a organizan, o vindeiro venres 22 de abril, unha Xornada de Portas Abertas Presencial dirixida a alumnado de Bacharelato e de ciclos de Formaci\u00f3n Profesional Superior. A quenda de ma\u00f1\u00e1, de 09:00 a 15.00 horas, estar\u00e1 reservada para colexios e institutos mentres que a da tarde, de 16:00 a 20:00 horas, estar\u00e1 dirixida a un p\u00fablico m\u00e1is familiar. O alumnado participante poder\u00e1 elixir entre tres posibles itinerarios: Ciencias da Sa\u00fade, Ciencias Sociais e Xur\u00eddicas ou Enxe\u00f1ar\u00eda.<\/p>\n<p>O estudantado que opte polo itinerario de Ciencias da Sa\u00fade achegarase ata a Facultade de Enfermar\u00eda e Podolox\u00eda, centro no que se imparten os graos en Enfermar\u00eda e Podolox\u00eda. Pola contra, o alumnado que elixa o itinerario de Ciencias Sociais e Xur\u00eddicas visitar\u00e1, en primeiro lugar, a Facultade de Humanidades e Documentaci\u00f3n, onde se imparte o grao en Xesti\u00f3n Industrial da Moda e o grao en Xesti\u00f3n Dixital de Informaci\u00f3n e Documentaci\u00f3n. A partires do mes de setembro, a facultade contar\u00e1 cunha nova titulaci\u00f3n, posta en marcha en colaboraci\u00f3n coa Universidade de Vigo (UVigo), o grao en Relaci\u00f3ns Internacionais. Ao igual que o grao en Xesti\u00f3n Industrial da Moda, esta titulaci\u00f3n require dunha acreditaci\u00f3n de nivel B1 de ingl\u00e9s previa \u00e1 solicitude de praza e \u00e1 formalizaci\u00f3n da correspondente matr\u00edcula. No itinerario de Ciencias Sociais e Xur\u00eddicas incl\u00faese tam\u00e9n a visita \u00e1 Facultade de Ciencias do Traballo, centro no que se imparte o grao en Relaci\u00f3ns Laborais e Recursos Humanos.<\/p>\n<p>Pola s\u00faa banda, o itinerario de Enxe\u00f1ar\u00eda levar\u00e1 ao estudantado ata a Escola Universitaria de Dese\u00f1o Industrial (EUDI) onde se imparte o grao en Enxe\u00f1ar\u00eda en Dese\u00f1o Industrial e Desenvolvemento do Produto. Nesta proposta, o alumnado participante achegarase tam\u00e9n ata a Escola Polit\u00e9cnica de Enxe\u00f1ar\u00eda de Ferrol (EPEF) onde se imparten os graos en Enxe\u00f1ar\u00eda Mec\u00e1nica, en Enxe\u00f1ar\u00eda en Tecnolox\u00edas Industriais, en Enxe\u00f1ar\u00eda Naval e Oce\u00e1nica, en Enxe\u00f1ar\u00eda Electr\u00f3nica Industrial e Autom\u00e1tica e o Programa de Simultaneidade en Enxe\u00f1ar\u00eda Mec\u00e1nica e Enxe\u00f1ar\u00eda Naval e Oce\u00e1nica. A maiores, a escola oferta o grao en Enxe\u00f1ar\u00eda El\u00e9ctrica, o primeiro grao dual do Sistema Universitario Galego, e o grao aberto en Enxe\u00f1ar\u00eda Industrial, unha titulaci\u00f3n que lle permite ao estudantado elixir a carreira que finalmente vai estudar no segundo curso optando as\u00ed polo grao en Enxe\u00f1ar\u00eda Mec\u00e1nica, en Tecnolox\u00edas Industriais, en Enxe\u00f1ar\u00eda El\u00e9ctrica ou ben polo grao en Enxe\u00f1ar\u00eda Electr\u00f3nica Industrial e Autom\u00e1tica.<\/p>\n<p>Todas aquelas persoas interesadas en participar na I Xornada de Portas Abertas Presencial do Campus Industrial de Ferrol deber\u00e1n enviar un email cos seus datos persoais a <a href=\"mailto:comunicacion.campus.industrial@udc.es\">comunicacion.campus.industrial@udc.es<\/a> ou ben chamar ao 881 01 3621 antes das 14:00 horas do luns 11 de abril. As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrici\u00f3n.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/bit.ly\/3iooB00\">Formulario de inscrici\u00f3n \u2013 I Xornada de Portas Abertas Presenciais do Campus Industrial de Ferrol<\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/estudos.udc.es\/gl\/StudyAtUdc\/degree\">Portal de Estudos da Universidade da Coru\u00f1a<\/a><\/p>\n<figure id=\"attachment_3726\" aria-describedby=\"caption-attachment-3726\" style=\"width: 800px\" class=\"wp-caption aligncenter\"><a href=\"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/MG_1006.jpg_1108066448-1-1-scaled.jpg\"><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"size-large wp-image-3726\" src=\"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/MG_1006.jpg_1108066448-1-1-1024x689.jpg\" alt=\"\" width=\"800\" height=\"538\" srcset=\"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/MG_1006.jpg_1108066448-1-1-1024x689.jpg 1024w, https:\/\/campusindustrial.udc.es\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/MG_1006.jpg_1108066448-1-1-300x202.jpg 300w, https:\/\/campusindustrial.udc.es\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/MG_1006.jpg_1108066448-1-1-768x517.jpg 768w, https:\/\/campusindustrial.udc.es\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/MG_1006.jpg_1108066448-1-1-1536x1033.jpg 1536w, https:\/\/campusindustrial.udc.es\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/MG_1006.jpg_1108066448-1-1-2048x1378.jpg 2048w\" sizes=\"(max-width: 800px) 100vw, 800px\" \/><\/a><figcaption id=\"caption-attachment-3726\" class=\"wp-caption-text\">Un grupo de alumnas do grao en Xesti\u00f3n Industrial da Moda diante da Facultade de Humanidades e Documentaci\u00f3n do Campus Industrial de Ferrol, centro no que se imparte a que foi a primeira titulaci\u00f3n \u201cbiling\u00fce\u201d do Sistema Universitaria Galego. Ao igual que no futuro grao en Relaci\u00f3ns Internacionais, o estudantado interesado en cursar esta titulaci\u00f3n debe acreditar un nivel B1 de ingl\u00e9s en tempo e forma ante a Universidade da Coru\u00f1a.<\/figcaption><\/figure>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Campus Industrial e o Servizo de Estudantes da Universidade da Coru\u00f1a organizan, o vindeiro venres 22 de abril, unha Xornada de Portas Abertas Presencial dirixida a alumnado de Bacharelato e de ciclos de Formaci\u00f3n Profesional Superior.<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":3727,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[42,41],"tags":[],"class_list":["post-4059","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-students","category-teaching"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4059","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4059"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4059\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media\/3727"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4059"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4059"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4059"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}