{"id":4079,"date":"2022-03-05T22:41:47","date_gmt":"2022-03-05T20:41:47","guid":{"rendered":"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/os-equipos-con3ct4-h4ck4p0s-de-naron-e-mega-builder-team-de-ribeira-representaran-a-galicia-na-final-estatal-da-first-lego-league\/"},"modified":"2022-03-05T22:41:47","modified_gmt":"2022-03-05T20:41:47","slug":"os-equipos-con3ct4-h4ck4p0s-de-naron-e-mega-builder-team-de-ribeira-representaran-a-galicia-na-final-estatal-da-first-lego-league","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/en\/os-equipos-con3ct4-h4ck4p0s-de-naron-e-mega-builder-team-de-ribeira-representaran-a-galicia-na-final-estatal-da-first-lego-league\/","title":{"rendered":"Os equipos CON3CT4- H4CK4P0S, de Nar\u00f3n, e MEGA BUILDER TEAM de Ribeira representar\u00e1n a Galicia na final estatal da FIRST LEGO League"},"content":{"rendered":"<p>A Coru\u00f1a, 5 de marzo de 2022.- Uns 300 mozos e mozas de idades entre os 4 e os 16 anos estiveron esta ma\u00f1\u00e1 na oitava edici\u00f3n da FIRST LEGO League Galicia celebrada no Auditorio de Ferrol. Organizada pola Universidade da Coru\u00f1a, o Campus Industrial de Ferrol, a Escola Polit\u00e9cnica de Enxe\u00f1ar\u00eda de Ferrol e a asociaci\u00f3n Ingeniera soy, esta edici\u00f3n celebrouse de novo de forma presencial, despois de que a pandemia obrigase a virtualizala o ano pasado.<\/p>\n<p>Despois dunha ma\u00f1\u00e1 de probas, o equipo <strong>CON3CT4 \u2013 H4CKZ4P0S<\/strong><strong>,<\/strong> de Gazapo Xesti\u00f3n SL (Nar\u00f3n, A Coru\u00f1a) resultou ga\u00f1ador obtendo o <strong>Primeiro Premio Ingeniera soy ao Ga\u00f1ador<\/strong>. En segundo lugar, quedou o equipo <strong>MEGA BUILDER TEAM<\/strong>, de MEGA Ribeira (Ribeira, A Coru\u00f1a) co <strong>Premio Universidade da Coru\u00f1a ao Ga\u00f1ador<\/strong>. Estes dous equipos clasific\u00e1ronse para a gran final nacional que ter\u00e1 lugar o s\u00e1bado 2 de abril no Pazo de Congresos Torremolinos-Costa del Son en M\u00e1laga. O reitor da Universidade da Coru\u00f1a, Julio Abalde, f\u00edxolles entrega dos premios felicitando a todos os participantes, as\u00ed mesmo aproveitou para animar \u00e1s mozas presentes a seguir cos estudos tecnol\u00f3xicos.<\/p>\n<p>Ademais destes premios, a FIRST LEGO League entregou os seguintes galard\u00f3ns:<\/p>\n<p><strong> <\/strong><\/p>\n<p><strong>Primeiro Premio Concello de Ferrol aos Valores FIRST<\/strong>: EFIGY GIRLS Montespi\u00f1o<\/p>\n<p><strong>Segundo Premio Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a ao Valores FIRST<\/strong>: Catab\u00f3tica, do IES Catabois (Ferrol, A Coru\u00f1a).<\/p>\n<p><strong>Premio Xunta de Galicia ao Proxecto de Innovaci\u00f3n<\/strong>: Pathfinders, do Colexio Internacional Eir\u00eds (A Coru\u00f1a).<\/p>\n<p><strong>Nominado aos Global Innovation Awards<\/strong>: Efigy Girls de Montespi\u00f1o.<\/p>\n<p><strong>Premio ao Dese\u00f1o do Robot:<\/strong> Montecastelo BOT, do Colexio de Fomento Montecastelo (Vigo, Pontevedra).<\/p>\n<p><strong>Premio ao Comportamento do Robot<\/strong>: CON3CT4 \u2013 H4CKZ4P0S.<\/p>\n<p><strong>Premio Gabadi \u00e1 Excelencia na Enxe\u00f1ar\u00eda:<\/strong> G\u00e1zapon \u2013 INH, de Gazapo Xesti\u00f3n SL (A Coru\u00f1a).<\/p>\n<p><strong>Premio Novas Promesas<\/strong>: Robot City Pobra, do CEIP Salustiano Rey Eiras (A Pobra do Carami\u00f1al, A Coru\u00f1a).<\/p>\n<p><strong>Premio ao Adestrador\/a<\/strong> para Pablo e Luc\u00eda de Gazapo Xesti\u00f3n SL (A Coru\u00f1a)<\/p>\n<figure id=\"attachment_3783\" aria-describedby=\"caption-attachment-3783\" style=\"width: 1024px\" class=\"wp-caption aligncenter\"><a href=\"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/1_premio.jpg_715563117.jpg\"><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"size-full wp-image-3783\" src=\"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/1_premio.jpg_715563117.jpg\" alt=\"\" width=\"1024\" height=\"768\" srcset=\"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/1_premio.jpg_715563117.jpg 1024w, https:\/\/campusindustrial.udc.es\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/1_premio.jpg_715563117-300x225.jpg 300w, https:\/\/campusindustrial.udc.es\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/1_premio.jpg_715563117-768x576.jpg 768w\" sizes=\"(max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><\/a><figcaption id=\"caption-attachment-3783\" class=\"wp-caption-text\">Primeiro Premio Ingeniera soy ao Ga\u00f1ador para o equipo CON3CT4 \u2013 H4CKZ4P0S, co reitor, Julio Abalde.<\/figcaption><\/figure>\n<p>O Auditorio de Ferrol acolleu esta ma\u00f1\u00e1 a FIRST LEGO League Galicia, un campionato no que participaron un total de 41 equipos (21 na categor\u00eda FLL Challenge, 19 na FLL Explore e 1 na FLL Discover) con preto de 300 mozos e mozas de toda Galicia. O evento, coordinado polo profesor Jos\u00e9 Antonio Becerra Permuy, contou coa colaboraci\u00f3n de m\u00e1is de cen persoas voluntarias.<\/p>\n<p>Ademais do reitor da Universidade da Coru\u00f1a, Julio Abalde, asistiron ao evento o alcalde de Ferrol, \u00c1ngel Mato, a alcadesa de Nar\u00f3n, Mari\u00e1n Ferreiro, a vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabildade Social, Mar\u00eda Jes\u00fas Movilla, a directora do Campus Industrial, Ana Ares, e o responsable de Transformaci\u00f3n Dixital no estaleiro da r\u00eda de Ferrol, Rafael Morgade, entre outras autoridades.<\/p>\n<p>Como cada ano, colaboran nesta iniciativa o Instituto Galego de Promoci\u00f3n Econ\u00f3mica (IGAPE), a Deputaci\u00f3n Provincial da Coru\u00f1a, o Concello de Ferrol e o Conservatorio Profesional de M\u00fasica Xan Via\u00f1o. Ademais, patrocinan a FLL Galicia a empresa Gabadi SL, o Colexio Profesional de Enxe\u00f1ar\u00eda Inform\u00e1tica de Galicia (CPEIG), o Ilustre Colexio Oficial de Enxe\u00f1eiros Industriais de Galicia (ICOIIG), Gadis, R Cable, ERROR! Ferrol, PuntoGal, Neodyn e TodoOcio.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<h2><strong>Que \u00e9 a FIRST LEGO League?<\/strong><\/h2>\n<p>A FIRST LEGO League \u00e9 un programa internacional que desaf\u00eda a mozos e mozas de entre 4 e 16 anos, divididos en 3 categor\u00edas, a resolver problemas do mundo real como poden ser a reciclaxe, a educaci\u00f3n ou as enerx\u00edas renovables. Mediante a s\u00faa resoluci\u00f3n, os mozos e mozas desfrutan coa ciencia e a tecnolox\u00eda. Ao mesmo tempo, aprenden valiosas habilidades para o seu futuro profesional e persoal como son o traballo en equipo, a resoluci\u00f3n de problemas e a comunicaci\u00f3n.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<h2><strong>O desaf\u00edo FIRST LEGO League en Espa\u00f1a<\/strong><\/h2>\n<p>Desde este ano, a Asociaci\u00f3n ingeniera.soy \u00e9 a entidade que impulsa a FIRST LEGO League en Espa\u00f1a en colaboraci\u00f3n co 20% das universidades espa\u00f1olas, parques tecnol\u00f3xicos e entidades de promoci\u00f3n da innovaci\u00f3n como socios. Ademais, a iniciativa \u00e9 posible grazas \u00e1 colaboraci\u00f3n de empresas e entidades que achegan aos participantes aos co\u00f1ecementos e profesi\u00f3ns STEAM.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<h2><strong>Como funciona a FIRST LEGO League?<\/strong><\/h2>\n<p>Cada tempada, a FIRST LEGO League desaf\u00eda aos mozos e mozas a resolver problemas do mundo real, tales como a reciclaxe, a xesti\u00f3n da auga ou as enerx\u00edas renovables mediante as oportunidades que ofrece a ciencia e a tecnolox\u00eda. Na edici\u00f3n 2021\/22, a trav\u00e9s do DESAF\u00cdO CARGO CONNECT invita aos equipos a aprender como se transporta, clasifica e entrega a carga aos seus destinos, desde as grandes distancias ata a \u201c\u00faltima milla\u201d. Do mesmo xeito, tam\u00e9n os desaf\u00eda a atopar soluci\u00f3ns para repensar o transporte a medida que se impo\u00f1en m\u00e1is demandas aos sistemas de transporte como poden ser a rapidez, a eficacia ou a sustentabilidade.<\/p>\n<p>Os equipos te\u00f1en que resolver este desaf\u00edo en tres \u00e1reas de traballo:<\/p>\n<p>O <strong>Proxecto de Innovaci\u00f3n.<\/strong> Un proxecto que explique e detalle a s\u00faa soluci\u00f3n innovadora como opci\u00f3n de mellora ao problema proposto.<\/p>\n<p>O <strong>Xogo do Robot.<\/strong> O dese\u00f1o, construci\u00f3n e a programaci\u00f3n dun robot LEGO MINDSTORMS Education que ter\u00e1 que superar divertidas misi\u00f3n nun taboleiro de xogo relacionado co desaf\u00edo.<\/p>\n<p>A <strong>integraci\u00f3n dos valores FIRST LEGO League.<\/strong> Mentres os equipos desenvolven o Proxecto Cient\u00edfico e o Xogo do Robot, integran os valores FIRST LEGO League: descubrimento, innovaci\u00f3n, impacto, inclusi\u00f3n, colaboraci\u00f3n e diversi\u00f3n.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<h2><strong>Como participa un equipo na FIRST LEGO League?<\/strong><\/h2>\n<p>Os participantes crean un equipo, de entre 2 e 10 membros, de 10 a 16 anos.<\/p>\n<p>Durante tres meses preparan o desaf\u00edo FIRST LEGO League e organizan a s\u00faa propia micro FLL no centro educativo ou asociaci\u00f3n. A participaci\u00f3n nunha micro FLL d\u00e1 acceso aos Torneos Clasificatorios FIRST LEGO League.<\/p>\n<p>Nesta 16\u00aa edici\u00f3n da FIRST LEGO League ter\u00e1n lugar un total de 27 torneos clasificatorios en Espa\u00f1a organizados grazas \u00e1 participaci\u00f3n de m\u00e1is de 2.000 persoas voluntarias. Os equipos seleccionados nos Torneos Clasificatorios chegar\u00e1n a GRAN FINAL FIRST LEGO League que este ano ter\u00e1 lugar o s\u00e1bado 2 de abril no Pazo de Congresos Torremolinos-Costa del Son en M\u00e1laga.<\/p>\n<figure id=\"attachment_3786\" aria-describedby=\"caption-attachment-3786\" style=\"width: 1024px\" class=\"wp-caption aligncenter\"><a href=\"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/2_premio.jpg_2063069239.jpg\"><img decoding=\"async\" class=\"size-full wp-image-3786\" src=\"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/2_premio.jpg_2063069239.jpg\" alt=\"\" width=\"1024\" height=\"768\" srcset=\"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/2_premio.jpg_2063069239.jpg 1024w, https:\/\/campusindustrial.udc.es\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/2_premio.jpg_2063069239-300x225.jpg 300w, https:\/\/campusindustrial.udc.es\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/2_premio.jpg_2063069239-768x576.jpg 768w\" sizes=\"(max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><\/a><figcaption id=\"caption-attachment-3786\" class=\"wp-caption-text\">Segundo Premio Universidade da Coru\u00f1a ao Ga\u00f1ador para o equipo MEGA BUILDER TEAM, co reitor, Julio Abalde.<\/figcaption><\/figure>\n<h2><strong>Que \u00e9 a FIRST LEGO Explore?<\/strong><\/h2>\n<p>A FIRST LEGO League Explore \u00e9 un programa internacional dirixido a nenos e nenas de 6 a 9 anos, centrado na promoci\u00f3n da ciencia e da tecnolox\u00eda, para captar a curiosidade dos m\u00e1is pequenos e dirixila cara o descubrimento e a mellora do mundo que os rodea.<\/p>\n<p>Por equipos, de entre 2 a 6 participantes, os m\u00e1is pequenos dese\u00f1an e constr\u00faen unha maqueta con pezas LEGO e preparan un p\u00f3ster illustrativo do seu traballo. Un p\u00f3ster que presentan diante do p\u00fablico asistente aos EVENTOS FIRST LEGO League Explorer que se organizan nos tornos clasificatorios e na Gran Final.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<h2><strong>Que \u00e9 a FIRST LEGO Discover?<\/strong><\/h2>\n<p>A FIRST Lego League Discover \u00e9 un programa introdutorio \u00e1 ciencia, a tecnolox\u00eda, a enxe\u00f1ar\u00eda e \u00e1s matem\u00e1ticas (STEM), dirixido a nenos e nenas de entre 4 e 6 anos. O programa estimula a s\u00faa curiosidade natural ampliando os seus co\u00f1ecementos e desenvolvendo novos h\u00e1bitos de aprendizaxe.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A Coru\u00f1a, 5 de marzo de 2022.- Uns 300 mozos e mozas de idades entre os 4 e os 16 anos estiveron esta ma\u00f1\u00e1 na oitava edici\u00f3n da FIRST LEGO League Galicia celebrada no Auditorio de Ferrol. Organizada pola Universidade da Coru\u00f1a, o Campus Industrial de Ferrol, a Escola Polit\u00e9cnica de Enxe\u00f1ar\u00eda de Ferrol e [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":3784,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[42,41,43],"tags":[],"class_list":["post-4079","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-students","category-teaching","category-transference"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4079","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4079"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4079\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media\/3784"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4079"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4079"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/en\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4079"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}