{"id":3525,"date":"2022-07-22T14:32:05","date_gmt":"2022-07-22T12:32:05","guid":{"rendered":"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/?p=3525"},"modified":"2022-09-02T14:57:50","modified_gmt":"2022-09-02T12:57:50","slug":"a-xunta-reforza-ata-os-33me-o-investimento-no-campus-industrial-de-ferrol-para-impulsar-accions-estratexicas-de-investigacion-e-internacionalizacion","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/es\/a-xunta-reforza-ata-os-33me-o-investimento-no-campus-industrial-de-ferrol-para-impulsar-accions-estratexicas-de-investigacion-e-internacionalizacion\/","title":{"rendered":"A Xunta reforza ata os 3,3M\u20ac o investimento no Campus Industrial de Ferrol para impulsar acci\u00f3ns estrat\u00e9xicas de investigaci\u00f3n e internacionalizaci\u00f3n"},"content":{"rendered":"<ul>\n<li>O reitor da Universidade da Coru\u00f1a, Julio Abalde, e o conselleiro de Cultura, Educaci\u00f3n, FP e Universidades, Rom\u00e1n Rodr\u00edguez, asinaron esta ma\u00f1\u00e1 unha addenda ao convenio polo que a Xunta aporta 1,5 mill\u00f3ns de euros para o ano 2023.<\/li>\n<li>O programa de especializaci\u00f3n do campus ferrol\u00e1n como Campus Industrial, \u00fanico a nivel nacional e o primeiro acreditado de Galicia, \u00e9 \u201cunha oportunidade de futuro\u201d que, no caso de Ferrolterra, \u201cvai ter un impacto positivo no eido do naval e do sector industrial\u201d, segundo declarou o conselleiro.<\/li>\n<\/ul>\n<p>Ferrol, 22 de xullo de 2022.- O reitor da Universidade da Coru\u00f1a, Julio Abalde, e o conselleiro de Cultura, Educaci\u00f3n, FP e Universidades, Rom\u00e1n Rodr\u00edguez, asinaron esta ma\u00f1\u00e1, na Sala de Xuntas da Vicerreitor\u00eda, a primeira addenda ao convenio de colaboraci\u00f3n subscrito entre ambas entidades en outubro de 2021 e que permite impulsar acci\u00f3ns no eido da docencia, investigaci\u00f3n, transferencia e internacionalizaci\u00f3n no Campus Industrial de Ferrol logo de converterse no primeiro campus de especializaci\u00f3n do Sistema Universitario de Galicia.<\/p>\n<p>A dotaci\u00f3n da Consellar\u00eda de Cultura, Educaci\u00f3n, FP e Universidades para este convenio de colaboraci\u00f3n foi de 1.809.100 euros para as anualidades 2021 e 2022. Esta addenda, dota \u00e1s actuaci\u00f3ns para a anualidade de 2023 cunha achega de 1.517.000 euros acorde ao per\u00edodo de acreditaci\u00f3n por tres anos que obtivo o Campus Industrial de Ferrol. Este incremento, sup\u00f3n unha modificaci\u00f3n na cont\u00eda final do convenio que ascende a 3.326.100 euros.<\/p>\n<p>O reitor salientou a financiaci\u00f3n previa por parte da Consellar\u00eda desde a creaci\u00f3n do Campus Industrial de Ferrol en 2016, unha cifra que se aproxima aos 3 mill\u00f3ns de euros, polo que desde que arrancou como proxecto o Campus Industrial, a inxecci\u00f3n de fondos econ\u00f3micos do Goberno galego ascende a preto de 6,2 mill\u00f3ns de euros.<\/p>\n<p>Para o reitor, cando se presentou a proposta de especializaci\u00f3n do Campus Industrial o obxectivo era \u201cproxectar \u00e1 Universidade da Coru\u00f1a e ao Campus de Ferrol como un axente social e econ\u00f3mico que traballase a prol da comarca de Ferrolterra\u201d. \u201cO que hoxe asinamos \u00e9 a consolidaci\u00f3n desa funci\u00f3n da Universidade da Coru\u00f1a como axente dinamizaci\u00f3n da comarca de Ferrolterra\u201d, asegurou.<\/p>\n<p>O conselleiro Rom\u00e1n Rodr\u00edguez sinalou que a din\u00e1mica de especializaci\u00f3n dos campus perif\u00e9ricos impulsada pola Xunta \u201c\u00e9 unha oportunidade de futuro para as distintas \u00e1reas en particular e para Galicia en xeral\u201d. \u201cNo caso deste campus, -engadiu-, falamos dun proxecto s\u00f3lido que, de seguro, vai ter un impacto positivo en toda a comarca de Ferrolterra, xa que est\u00e1 centrado en dous focos estrat\u00e9xicos moi vencellados ao territorio, que son o naval e oce\u00e1nico e o sector industrial\u201d.<\/p>\n<p>Na sinatura desta primeira addenda estiveron presentes a vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Mar\u00eda Jes\u00fas Movilla, a directora do Campus Industrial de Ferrol, Ana Ares, o secretario Xeral de Universidades, Jos\u00e9 Alberto D\u00edez de Castro, e a delegada Territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros.<\/p>\n<h2>Industria Intelixente e Fabricaci\u00f3n Avanzada<\/h2>\n<p>O Campus Industrial de Ferrol basea a s\u00faa especializaci\u00f3n en seis \u00e1reas, ligadas aos piares fundamentais da F\u00e1brica do Futuro: a rob\u00f3tica industrial, os materiais, a optimizaci\u00f3n de procesos industriais, a enxe\u00f1ar\u00eda naval e offshore, o dese\u00f1o industrial e o desenvolvemento de produto. Para acadar a s\u00faa acreditaci\u00f3n, o Campus Industrial de Ferrol someteuse a un proceso de avaliaci\u00f3n por parte dunha Comisi\u00f3n de expertos independentes alleos ao Sistema Universitario de Galicia.<\/p>\n<p>Para manter esta acreditaci\u00f3n, outorgada inicialmente por tres anos, o Campus Industrial de Ferrol puxo en marcha un programa de captaci\u00f3n de talento predoutoral e postdoutoral as\u00ed como un programa de Doutoramento Industrial e contin\u00faa a incrementar os seus indicadores no eido da produci\u00f3n cient\u00edfica. Tam\u00e9n se est\u00e1 a traballar no avance dos resultados de transferencia con especial incidencia no aumento de patentes inscritas, a mellora do programa de c\u00e1tedras e a creaci\u00f3n dun Centro Mixto de Investigaci\u00f3n UDC Navantia. O aumento no n\u00famero de estudantes estranxeiros ou a participaci\u00f3n en proxectos europeos tam\u00e9n est\u00e1 a ser significativa.<\/p>\n<p>Desde a s\u00faa creaci\u00f3n, no ano 2016, o Campus Industrial de Ferrol renovou a s\u00faa oferta acad\u00e9mica inclu\u00edndo no cat\u00e1logo da Universidade da Coru\u00f1a as d\u00faas primeiras titulaci\u00f3ns biling\u00fces do Sistema Universitario de Galicia, o grao en Xesti\u00f3n Industrial da Moda e o grao en Relaci\u00f3ns Internacionais. As\u00ed como o primeiro grao dual da comunidade, o grao en Enxe\u00f1ar\u00eda El\u00e9ctrica, o grao en Xesti\u00f3n Dixital da Informaci\u00f3n e Documentaci\u00f3n e os m\u00e1sters en Eficiencia Enerx\u00e9tica e Sustentabilidade, en Dese\u00f1o, Desenvolvemento e Comercializaci\u00f3n de Videoxogos e o de Enxe\u00f1ar\u00eda en Dese\u00f1o Industrial.<\/p>\n<figure id=\"attachment_3514\" aria-describedby=\"caption-attachment-3514\" style=\"width: 800px\" class=\"wp-caption aligncenter\"><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"wp-image-3514 size-large\" src=\"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/convenio_UDC_CIF_Xunta_1.jpg_1804669263-1024x843.jpg\" alt=\"\" width=\"800\" height=\"659\" srcset=\"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/convenio_UDC_CIF_Xunta_1.jpg_1804669263-1024x843.jpg 1024w, https:\/\/campusindustrial.udc.es\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/convenio_UDC_CIF_Xunta_1.jpg_1804669263-300x247.jpg 300w, https:\/\/campusindustrial.udc.es\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/convenio_UDC_CIF_Xunta_1.jpg_1804669263-768x632.jpg 768w, https:\/\/campusindustrial.udc.es\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/convenio_UDC_CIF_Xunta_1.jpg_1804669263.jpg 1035w\" sizes=\"(max-width: 800px) 100vw, 800px\" \/><figcaption id=\"caption-attachment-3514\" class=\"wp-caption-text\">O conselleiro de Cultura, Educaci\u00f3n, FP e Universidades, Rom\u00e1n Rodr\u00edguez, e o reitor da Universidade da Coru\u00f1a, Julio Abalde, na firma do convenio.<\/figcaption><\/figure>\n<figure id=\"attachment_3517\" aria-describedby=\"caption-attachment-3517\" style=\"width: 793px\" class=\"wp-caption aligncenter\"><img decoding=\"async\" class=\"wp-image-3517\" src=\"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/convenio_UDC_CIF_Xunta_2.jpg_2063069239.jpg\" alt=\"\" width=\"793\" height=\"599\" srcset=\"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/convenio_UDC_CIF_Xunta_2.jpg_2063069239.jpg 980w, https:\/\/campusindustrial.udc.es\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/convenio_UDC_CIF_Xunta_2.jpg_2063069239-300x227.jpg 300w, https:\/\/campusindustrial.udc.es\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/convenio_UDC_CIF_Xunta_2.jpg_2063069239-768x580.jpg 768w\" sizes=\"(max-width: 793px) 100vw, 793px\" \/><figcaption id=\"caption-attachment-3517\" class=\"wp-caption-text\">Desde a esquerda, o secretario Xeral de Universidades, Jos\u00e9 Alberto D\u00edez de Castro; a directora do Campus Industrial de Ferrol, Ana Ares; o conselleiro de Cultura, Educaci\u00f3n, FP e Universidades, Rom\u00e1n Rodr\u00edguez; o reitor da UDC, Julio Abalde; a delegada Territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros; e a vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Mar\u00eda Jes\u00fas Movilla.<\/figcaption><\/figure>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O reitor da Universidade da Coru\u00f1a, Julio Abalde, e o conselleiro de Cultura, Educaci\u00f3n, FP e Universidades, Rom\u00e1n Rodr\u00edguez, asinaron esta ma\u00f1\u00e1 unha addenda ao convenio polo que a Xunta aporta 1,5 mill\u00f3ns de euros para o ano 2023.<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":3519,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[44,28,45,47,48],"tags":[],"class_list":["post-3525","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-docencia-es","category-institucional-es","category-internacionalizacion-es","category-investigacion-es","category-transferencia-es"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3525","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=3525"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3525\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":3526,"href":"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3525\/revisions\/3526"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/3519"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3525"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=3525"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=3525"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}