{"id":3992,"date":"2022-07-04T08:38:16","date_gmt":"2022-07-04T06:38:16","guid":{"rendered":"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/a-udc-abre-no-campus-industrial-de-ferrol-a-aula-navantia-siemens-de-formacion-en-transformacion-dixital-do-sector-naval-pioneira-en-espana\/"},"modified":"2022-07-04T08:38:16","modified_gmt":"2022-07-04T06:38:16","slug":"a-udc-abre-no-campus-industrial-de-ferrol-a-aula-navantia-siemens-de-formacion-en-transformacion-dixital-do-sector-naval-pioneira-en-espana","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/es\/a-udc-abre-no-campus-industrial-de-ferrol-a-aula-navantia-siemens-de-formacion-en-transformacion-dixital-do-sector-naval-pioneira-en-espana\/","title":{"rendered":"A UDC abre no Campus Industrial de Ferrol a Aula Navantia-Siemens de formaci\u00f3n en transformaci\u00f3n dixital do sector naval pioneira en Espa\u00f1a"},"content":{"rendered":"<ul>\n<li><em>Esta aula pioneira foi inaugurada esta ma\u00f1\u00e1 polo vicepresidente da Xunta, Francisco Conde, e o reitor da UDC, Julio Abalde; coa presenza do alcalde de Ferrol, \u00c1ngel Mato; o presidente da Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a, Valent\u00edn Gonz\u00e1lez Formoso, a subdelegada do Goberno en Galicia, Mar\u00eda Rivas; o director do CESENA, Javier Fern\u00e1ndez; e o director de Navantia R\u00eda de Ferrol, Eduardo Dobarro.<\/em><\/li>\n<li><em>Os contidos da aula est\u00e1n completamente ali\u00f1ados coas soluciones \u2018end to end\u2019 que Navantia est\u00e1 implementando no seu programa de transformaci\u00f3n dixital e coas ferramentas que se incluir\u00e1n no PERTE Naval, recentemente aprobado.<\/em><\/li>\n<li><em>A Aula Navantia-Siemens converte ao Campus de Ferrol no primeiro de Espa\u00f1a en dispo\u00f1er de ferramentas espec\u00edficas avanzadas na construci\u00f3n naval.<\/em><\/li>\n<\/ul>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/aula_navantia_siemens_2.jpg_101513595.jpg\"><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"alignleft wp-image-3530 size-medium\" src=\"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/aula_navantia_siemens_2.jpg_101513595-300x202.jpg\" alt=\"\" width=\"300\" height=\"202\" srcset=\"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/aula_navantia_siemens_2.jpg_101513595-300x202.jpg 300w, https:\/\/campusindustrial.udc.es\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/aula_navantia_siemens_2.jpg_101513595-1024x689.jpg 1024w, https:\/\/campusindustrial.udc.es\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/aula_navantia_siemens_2.jpg_101513595-768x517.jpg 768w, https:\/\/campusindustrial.udc.es\/wp-content\/uploads\/2022\/09\/aula_navantia_siemens_2.jpg_101513595.jpg 1280w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/><\/a>Ferrol, 4 de xullo de 2022.- A Universidade da Coru\u00f1a posici\u00f3nase na \u00e9lite da formaci\u00f3n naval tras asinar un acordo con Siemens para po\u00f1er en marcha unha Aula no Campus Industrial de Ferrol coa que impulsar a formaci\u00f3n en transformaci\u00f3n dixital do sector. O reitor, Julio Abalde, e o director do Centro de Excelencia do Sector Naval (CESENA) de Siemens, Javier Fern\u00e1ndez, asinaron esta ma\u00f1\u00e1 o convenio de colaboraci\u00f3n para a dotaci\u00f3n dunha aula espec\u00edfica coas ferramentas de Siemens para a construci\u00f3n naval.<\/p>\n<p>Esta aula pioneira foi inaugurada, posteriormente, polo vicepresidente da Xunta, Francisco Conde, e o reitor da UDC, Julio Abalde; e contou coa presenza do alcalde de Ferrol, \u00c1ngel Mato; o presidente da Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a, Valent\u00edn Gonz\u00e1lez Formoso; e a subdelegada do Goberno en Galicia, Mar\u00eda Rivas, as\u00ed como de Javier Fern\u00e1ndez, director do CESENA, e o director de Navantia R\u00eda de Ferrol, Eduardo Dobarro.<\/p>\n<p>Asistiron tam\u00e9n outros directivos e representantes de Siemens, Navantia, da Universidade da Coru\u00f1a e do Campus Industrial de Ferrol e as principais empresas e cl\u00fasters da comarca de Ferrol.<\/p>\n<p>Os contidos desta aula, bautizada Navantia-Siemens, estar\u00e1n ali\u00f1ados coas soluciones tecnol\u00f3xicas \u2018end to end\u2019 que Navantia xa implementa no seu programa de transformaci\u00f3n dixital e coas ferramentas que se incluir\u00e1n no recentemente aprobado PERTE Naval. A aula forma parte dun dos eixos estrat\u00e9xicos do CESENA, a formaci\u00f3n. Recentemente este Centro lanzou o programa educativo <em>Marine Digital Twin<\/em>, que ten como obxectivo certificar aos profesionais da industria naval arredor de todas as tecnolox\u00edas relacionadas co Xemelgo Dixital e Estaleiro 4.0.<\/p>\n<p>O acordo coa Universidade da Coru\u00f1a est\u00e1 baseado neste programa formativo e o obxectivo \u00e9 que o Campus Industrial de Ferrol conte con todas as tecnolox\u00edas que Siemens integra no seu portfolio Xcelerator. O estudantado poder\u00e1 formarse nas ferramentas de dese\u00f1o naval, como son NX ou Foran; de simulaci\u00f3n e validaci\u00f3n do dese\u00f1o, entre as que se incl\u00faen Star CCM+ ou Heeds; de simulaci\u00f3n do estaleiro, como \u00e9 o caso de Plan Simulation; de PLM, como \u00e9 TeamCenter; de acceso \u00e1s plataformas de IoT, a trav\u00e9s de MindSphere; e de programaci\u00f3n de low code, entre as que destaca Mendix.<\/p>\n<p>Todas estas ferramentas, no contorno do Xemelgo Dixital, permiten a fabricaci\u00f3n dun buque completo, desde a s\u00faa concepci\u00f3n inicial ou simulaci\u00f3n, ata a fase final de servizo e mantemento. Un revolucionario concepto que logra aforrar tempo na posta en marcha dos proxectos, reducir custes e acadar unha maior flexibilidade e eficiencia na produci\u00f3n.<\/p>\n<p>O acordo tam\u00e9n contempla o acceso \u00e1 plataforma educativa Xcelerator Academy, que incl\u00fae un completo programa de cursos para que tanto o alumnado como o profesorado poida formarse nas ferramentas dixitais inclu\u00eddas no acordo.<\/p>\n<p>O reitor explicou que este Aula se enmarca dentro dunha li\u00f1a estrat\u00e9xica que a UDC puxo en marcha hai seis anos que \u00e9 que \u201ca Universidade sexa entendida como unha instituci\u00f3n de colaboraci\u00f3n para o sector industrial aportando co\u00f1ecemento, investigaci\u00f3n e desenvolvemento\u201d. Froito desta li\u00f1a estrat\u00e9xica naceu a Unidade Mixta de Investigaci\u00f3n (UMI) da UDC con Navantia, coa que se desenvolveron proxectos do estaleiro 4.0. Abalde subli\u00f1ou que Siemens, como empresa referente no seu sector a nivel internacional, \u201c\u00e9 o mellor socio que poderiamos ter para que o noso alumnado salve ese <em>gap<\/em> tecnol\u00f3xico entre a formaci\u00f3n que recibe nas aulas e as necesidades do mercado laboral, posto que o estudantado aprender\u00e1 coas bases tecnol\u00f3xicas que despois usar\u00e1 no seu desenvolvemento profesional\u201d.<\/p>\n<p>Para Javier Fern\u00e1ndez, director do CESENA, \u201cnon existe transformaci\u00f3n dixital da industria naval sen o talento que o acompa\u00f1a e este convenio \u00e9 o primeiro paso nesta li\u00f1a\u201d. \u201cEsperamos que o estudantado da UDC se forme e acceda ao mercado laboral co co\u00f1ecemento de vangarda que aporta esta Aula\u201d, continuou.<\/p>\n<p>O director de Navantia R\u00eda de Ferrol agradeceu \u00e1 Universidade da Coru\u00f1a \u201cesa flexibilidade para detectar as necesidades de Navantia\u201d e destacou que o alumnado do Campus de Ferrol ter\u00e1 unha formaci\u00f3n moi \u00fatil ao aprender coas mesmas ferramentas coas que se traballa en Navantia.<\/p>\n<p>O vicepresidente subli\u00f1ou tam\u00e9n a aposta que se est\u00e1 a facer no Campus polo talento e agradeceu tanto a Navantia como a Siemens e \u00e1 UDC o traballo conxunto \u201cpola formaci\u00f3n de futuro\u201d. Francisco Conde felicitou tam\u00e9n ao Campus Industrial de Ferrol \u201cpor esa vocaci\u00f3n permanente de innovaci\u00f3n\u201d e avanzou que a Xunta est\u00e1 avaliando a proposta da UDC de creaci\u00f3n dun centro de investigaci\u00f3n conxunto con Navantia con car\u00e1cter permanente.<\/p>\n<p>Pola s\u00faa banda, ao alcalde de Ferrol aproveitou o acto para demandar da Xunta a constituci\u00f3n dun Cl\u00faster da industria de Defensa. Tanto a subdelegada do Goberno como o presidente da Deputaci\u00f3n valoraron a importancia desta nova aula para a formaci\u00f3n dos universitarios.<\/p>\n<p>Siemens, na s\u00faa estratexia de apoio ao sector naval en Espa\u00f1a, converteuse no seu socio tecnol\u00f3xico de referencia durante os \u00faltimos anos. O primeiro fito produciuse en novembro de 2019, cando Navantia elixiu \u00e1 compa\u00f1\u00eda como socio tecnol\u00f3xico para afrontar a transformaci\u00f3n dixital do Estaleiro 4.0. Unha alianza sen precedentes que aplicaba por primeira vez o concepto de Xemelgo Dixital para a fabricaci\u00f3n dun buque completo no novo programa das Fragatas F-110.<\/p>\n<p>Ademais da implantaci\u00f3n do CESENA en Ferrol, a aposta de Siemens polo sector naval espa\u00f1ol culminou coa participaci\u00f3n xunto con Navantia e Pymar no Programa de Transformaci\u00f3n do Sector Naval, que incl\u00fae a revoluci\u00f3n dixital dos estaleiros p\u00fablicos e privados espa\u00f1ois e toda a s\u00faa cadea de subministro. Cando se desenvolva este plan, esp\u00e9rase a creaci\u00f3n de 1.700 novos empregos de alto valor engadido, cualificaranse en tecnolox\u00edas dixitais a m\u00e1is de 30.000 traballadores e reduciranse as emisi\u00f3ns de CO2 en 50.000 toneladas.<\/p>\n<h2><strong>Sobre Siemens Digital Industries<\/strong><\/h2>\n<p>Siemens Digital Industries (DI) \u00e9 un l\u00edder innovador en automatizaci\u00f3n e dixitalizaci\u00f3n. En estreita colaboraci\u00f3n con socios e clientes, DI impulsa a transformaci\u00f3n dixital nas industrias de procesos e discretas. Co seu porfolio de Digital Enterprise, DI ofrece \u00e1s empresas de todos os tama\u00f1os un conxunto completo de produtos, soluci\u00f3ns e servizos para integrar e dixitalizar toda a cadea de valor. Optimizado para as necesidades espec\u00edficas de cada industria, o porfolio \u00fanico de DI apoia aos clientes para lograr unha maior produtividade e flexibilidade. DI engade constantemente innovaci\u00f3ns ao seu porfolio para integrar as tecnolox\u00edas de vangarda do futuro. Siemens Digital Industries ten a s\u00faa sede central en Nuremberg, Alema\u00f1a, e conta cuns 75.000 empregados en todo o mundo.<\/p>\n<h2><strong>Sobre Siemens AG<\/strong><\/h2>\n<p>Siemens AG (Berl\u00edn e M\u00fanich) \u00e9 un grupo tecnol\u00f3xico l\u00edder a nivel mundial que desde hai 170 a\u00f1os \u00e9 sin\u00f3nimo de excelencia tecnol\u00f3xica, innovaci\u00f3n, calidade, fiabilidade e internacionalizaci\u00f3n. A compa\u00f1\u00eda est\u00e1 presente en todo o mundo co foco en infraestruturas intelixentes para edificios e distribuci\u00f3n de enerx\u00eda, as\u00ed como soluci\u00f3ns de automatizaci\u00f3n e dixitalizaci\u00f3n para industrias de procesos ou discretas. Siemens une o mundo dixital e f\u00edsico para crear valor tanto a clientes como \u00e1 sociedade. Con Mobility, provedor l\u00edder de soluci\u00f3ns de mobilidade intelixente para o transporte ferroviario e por estrada, Siemens est\u00e1 axudando a dar forma ao mercado mundial no servizo de pasaxeiros e mercador\u00edas. A trav\u00e9s da s\u00faa participaci\u00f3n maioritaria na empresa Siemens Healthineers, que cotiza en bolsa, Siemens \u00e9 tam\u00e9n provedor l\u00edder de tecnolox\u00eda m\u00e9dica e servizos de sa\u00fade dixitais. Ademais, Siemens ten unha participaci\u00f3n minoritaria en Siemens Energy, l\u00edder mundial na transmisi\u00f3n e xeraci\u00f3n de enerx\u00eda el\u00e9ctrica que cotiza en bolsa desde o 28 de setembro de 2020. No ano fiscal 2020, que finalizou o 30 de setembro de 2020, o Grupo Siemens xerou uns ingresos de 57.100 mill\u00f3ns de euros e un beneficio neto de 4.200 mill\u00f3ns de euros. A 30 de setembro de 2020, a compa\u00f1\u00eda conta con arredor de 293.000 empregados en todo o mundo sobre a base das operaci\u00f3ns continuas. Para m\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"http:\/\/www.siemens.com\/\">www.siemens.com<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Esta aula pioneira foi inaugurada esta ma\u00f1\u00e1 polo vicepresidente da Xunta, Francisco Conde, e o reitor da UDC, Julio Abalde; coa presenza do alcalde de Ferrol, \u00c1ngel Mato; o presidente da Deputaci\u00f3n da Coru\u00f1a, Valent\u00edn Gonz\u00e1lez Formoso, a subdelegada do Goberno en Galicia, Mar\u00eda Rivas; o director do CESENA, Javier Fern\u00e1ndez; e o director de Navantia R\u00eda de Ferrol, Eduardo Dobarro.<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":3532,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[46,44,47,48],"tags":[],"class_list":["post-3992","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-alumnado-es","category-docencia-es","category-investigacion-es","category-transferencia-es"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3992","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=3992"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3992\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/3532"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3992"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=3992"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=3992"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}