{"id":3998,"date":"2022-06-30T08:45:35","date_gmt":"2022-06-30T06:45:35","guid":{"rendered":"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/a-catedra-epifanio-campo-premiara-as-mellores-propostas-multimedia-de-estudantado-da-udc-centradas-na-divulgacion-da-economia-circular\/"},"modified":"2022-06-30T08:45:35","modified_gmt":"2022-06-30T06:45:35","slug":"a-catedra-epifanio-campo-premiara-as-mellores-propostas-multimedia-de-estudantado-da-udc-centradas-na-divulgacion-da-economia-circular","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/es\/a-catedra-epifanio-campo-premiara-as-mellores-propostas-multimedia-de-estudantado-da-udc-centradas-na-divulgacion-da-economia-circular\/","title":{"rendered":"A C\u00e1tedra Epifanio Campo premiar\u00e1 as mellores propostas multimedia de estudantado da UDC centradas na divulgaci\u00f3n da econom\u00eda circular"},"content":{"rendered":"<ul>\n<li>Este \u00f3rgano impulsado polo Grupo Rodonita, acaba de convocar o I Premio de Divulgaci\u00f3n Cient\u00edfica Epifanio Campo, dedicado ao fundador da empresa e un pioneiro no \u00e1mbito da xesti\u00f3n medioambiental<\/li>\n<li>Os estudantes poder\u00e1n presentarse en grupo ou en solitario e deber\u00e1n presentar antes do 30 de setembro unha proposta de imaxe, infograf\u00eda, ilustraci\u00f3n, v\u00eddeo ou animaci\u00f3n con enfoque did\u00e1ctico, para optar a un premio de 1.200 euros ou os tres acc\u00e9sits de 300 euros<\/li>\n<\/ul>\n<p><strong>A Coru\u00f1a, 30 de xu\u00f1o de 2022<\/strong>.- A C\u00e1tedra Epifanio Campo da Universidade da Coru\u00f1a v\u00e9n de convocar o I Premio de Divulgaci\u00f3n Cient\u00edfica Epifanio Campo, en homenaxe ao fundador do Grupo Rodonita, impulsor desta c\u00e1tedra, que foi ademais un pioneiro no \u00e1mbito da econom\u00eda circular e a xesti\u00f3n ambiental.<\/p>\n<p>Esta nova iniciativa enm\u00e1rcase no obxectivo fundamental da c\u00e1tedra, constitu\u00edda en 2019, que se centra no fomento da investigaci\u00f3n, a formaci\u00f3n e a divulgaci\u00f3n no \u00e1mbito do medio ambiente, a sustentabilidade e a xesti\u00f3n de residuos. No caso deste premio, a finalidade \u00e9 impulsar e reco\u00f1ecer a participaci\u00f3n do alumnado da Universidade da Coru\u00f1a no \u00e1mbito da sustentabilidade e o coidado do medio ambiente. Para iso, os estudantes deber\u00e1n elaborar unha proposta centrada na imaxe e con enfoque did\u00e1ctico, na que se divulguen aspectos relacionados coa econom\u00eda circular, a auga, a enerx\u00eda e a xesti\u00f3n e valorizaci\u00f3n dos residuos industriais. Poder\u00e1n presentarse pezas multimedia, tanto en fotograf\u00eda como en infograf\u00eda, ilustraci\u00f3n, v\u00eddeo ou animaci\u00f3n 2D e 3D, dos que se valorar\u00e1 fundamentalmente a calidade, a orixinalidade ou o enfoque da mensaxe que se quere transmitir.<\/p>\n<p>Estes premios est\u00e1n dirixidos a estudantado que estea matriculado nalg\u00fan grao, m\u00e1ster ou programa de doutoramento da Universidade da Coru\u00f1a no curso 2021-2022, e poder\u00e1 concorrer de maneira individual ou colectiva. Cada estudante poder\u00e1 presentar un m\u00e1ximo de d\u00faas solicitudes, independentemente de que sexan individuais ou grupais.<\/p>\n<p>O prazo de recepci\u00f3n das solicitudes estenderase ata o 30 de setembro, o que permitir\u00e1 aos participantes aproveitar o per\u00edodo estival para ir preparando as s\u00faas propostas. A mellor valorada polo tribunal, que estar\u00e1 formado por representantes do Grupo Rodonita e da C\u00e1tedra Epifanio Campo, recibir\u00e1 un premio dotado con 1.200 euros. Tam\u00e9n se outorgar\u00e1n tres acc\u00e9sits de 300 euros cada un.<\/p>\n<h2>INFORMACI\u00d3N E INSCRICI\u00d3N<\/h2>\n<p><a href=\"https:\/\/www.rodonitamedioambiente.com\/_files\/ugd\/fa84af_a20adc750f434914932ccbdbef43e411.pdf\">Bases do I Premio de Divulgaci\u00f3n Cient\u00edfica Epifanio Campo<\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/www.fundacion.udc.es\/inscripcion.asp?id=1472&amp;idioma=ES\">Acceso ao formulario de inscrici\u00f3n e env\u00edo da proposta multimedia <\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/www.fundacion.udc.es\/inscripcion.asp?id=1473&amp;idioma=ES\">Acceso ao formulario de inscrici\u00f3n e env\u00edo da segunda proposta multimedia <\/a><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<h2>C\u00e1tedra EPIFANIO CAMPO<\/h2>\n<p>O 14 de novembro de 2019, a Universidade da Coru\u00f1a e o Grupo Rodonita subscribiron un Convenio de colaboraci\u00f3n para o desenvolvemento da C\u00e1tedra Epifanio Campo, adscrita \u00e1 Escola Polit\u00e9cnica Superior da Universidade da Coru\u00f1a, no Campus de Ferrol. O seu \u00e1mbito de actuaci\u00f3n \u00e9 o medio ambiente, a xesti\u00f3n de residuos e a sostibilidade. Os obxectivos da c\u00e1tedra c\u00e9ntranse en promocionar todo tipo de actividades de formaci\u00f3n, divulgaci\u00f3n, investigaci\u00f3n e transferencia de co\u00f1ecemento, relacionadas coa xesti\u00f3n medioambiental.<\/p>\n<h2>RODONITA Medio Ambiente<\/h2>\n<p>RODONITA \u00e9 a sociedade cabeceira dun holding empresarial formado por m\u00faltiples empresas e con ampla presenza e implantaci\u00f3n en diversos sectores como a enerx\u00eda, o medio ambiente e residuos as\u00ed como materiais de construci\u00f3n, hostaleiro, vitivinicultura, acuicultura ou sector servizos. A divisi\u00f3n ambiental do Grupo est\u00e1 liderada polas sociedades PMA, SOGARISA e CONTECO, especializadas na xesti\u00f3n integral de residuos e servizos ambientais. Conforman un grupo empresarial competitivo, din\u00e1mico e socialmente responsable, capaz de ga\u00f1ar tama\u00f1o e implantaci\u00f3n e reforzar a s\u00faa posici\u00f3n no mercado nacional.<\/p>\n<p>PMA (Protecci\u00f3n Medio Ambiental, SL), que inicia a s\u00faa actividade en 1991, est\u00e1 especializada na recollida itinerante e capilar de residuos procedentes do sector industrial e talleres de automoci\u00f3n. Pola s\u00faa banda, SOGARISA (UTE PMA- CONTECO), \u00e9 a entidade concesionaria da explotaci\u00f3n do CTRIG (Centro de Tratamento de Residuos Industriais de Galicia), infraestrutura p\u00fablica titularidade da Xunta de Galicia, situada no Pol\u00edgono das Somozas e referente a nivel nacional no tratamento e eliminaci\u00f3n de residuos industriais perigosos. Por \u00faltimo, CONTECO (Contenedores da Coru\u00f1a), empresa coru\u00f1esa fundada en 1985, est\u00e1 especializada na recollida, transporte e xesti\u00f3n integral de residuos de construci\u00f3n e demolici\u00f3n e residuos industriais non-perigosos.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Este \u00f3rgano impulsado polo Grupo Rodonita, acaba de convocar o I Premio de Divulgaci\u00f3n Cient\u00edfica Epifanio Campo, dedicado ao fundador da empresa e un pioneiro no \u00e1mbito da xesti\u00f3n medioambiental<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":3548,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[47,48],"tags":[],"class_list":["post-3998","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-investigacion-es","category-transferencia-es"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3998","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=3998"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3998\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/3548"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3998"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=3998"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/campusindustrial.udc.es\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=3998"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}