Abril 8, 2026

Cátedra Cosme Álvarez de los Ríos – Manuel Ruiz de Elvira: “A náutica deportiva como pioneira tecnolóxica na enxeñaría naval”

O Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol acolle, o mércores 8 de abril, ás 18:00 horas, o relatorio do fundador de NautaTec e deseñador sénior de catro barcos de vela gañadores da Copa América, Manuel Ruiz de Elvira. A súa intervención forma parte do Ciclo de Conferencias 2025/2026 da Cátedra Cosme Álvarez de los Ríos, que promoven a Universidade da Coruña (UDC) e Navantia, baixo a dirección da profesora da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Ana Álvarez, e do responsable de Transformación Dixital e Industrial en Navantia Ría de Ferrol, Rafael Morgade.

A conferencia poderá seguirse, de xeito presencial, ata completar o aforo, desde o Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol, e, en liña, a través da páxina web https://www.catedracosmealvarez.com/conferencia-en-directo/.

Manuel Ruiz de Elvira, o deseñador de catro barcos gañadores da Copa América, imparte unha conferencia no Campus Industrial de Ferrol
Manuel Ruiz de Elvira, o deseñador de catro barcos gañadores da Copa América, imparte unha conferencia no Campus Industrial de Ferrol