Marzo 10, 2026

Faladoiros Literarios – Carmen Becerra, experta na obra de Gonzalo Torrente Ballester

Carmen Becerra será a protagonista, o próximo martes 10 de marzo, ás 19:00 horas, na Biblioteca Casa do Patín, da segunda sesión dos “Faladoiros Literarios”, un ciclo de conferencias promovido polo Concello de Ferrol en colaboración co Campus Industrial da Universidade da Coruña (UDC).

A xornalista da Cadena Cope Ferrol, Ada Romero, conducirá un faladoiro aberto a toda a comunidade universitaria e ao público xeral interesado. As persoas que desexen asistir deberán inscribirse, de xeito totalmente gratuíto, enviando un correo electrónico a vcfrs@udc.gal ou ben chamando ao 881 01 3800 antes das 14:00 horas do luns 9 de marzo.

Inscrición – Faladoiros Literarios – Carmen Becerra – 10 de marzo, Biblioteca Casa do Patín, Campus Industrial de Ferrol

Carmen Becerra afondará na obra de Torrente Ballester, o próximo martes 10 de marzo, ás 19:00 horas, na Biblioteca Casa do Patín do Campus Industrial de Ferrol, no marco do ciclo de conferencias “Faladoiros Literarios”.