A Cátedra Jorge Juan organiza no Campus Industrial de Ferrol unha conferencia sobre o papel da enerxía nuclear na transición enerxética

Cartel da conferencia de mañá do programa promovido pola Cátedra Jorge Juan durante este curso.

Ferrol, 2 de febreiro de 2022.- O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, e a vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, María Jesús Movilla, asisten mañá, xoves, 3 de febreiro, a unha nova conferencia da Cátedra Jorge Juan, que dirixe o profesor Pablo Fariñas.

Asistirán ademais o almirante xefe do Arsenal de Ferrol, Ignacio Frutos Ruíz, e o director da Escola de Especialidades Antonio de Escaño, Manuel Aguirre.

A conferencia, que terá lugar ás 19:00 horas, no Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol, leva como título “O papel da enerxía nuclear na transición enerxética”, impartida polo enxeñeiro de miñas e director de Estudos e Apoio Técnico do Foro da Industria Nuclear Española, Antonio González.