O Campus Industrial de Ferrol e o Concello de Narón estudan novas vías de colaboración

De esquerda a dereita, a concelleira de Formación, Natalia Hermida, a de Ensino, Mercedes Taibo, a alcaldesa do Concello de Narón, Marián Ferreiro, a viceirreitora do Campus de Ferrol, María Jesús Movilla, e a directora do Campus Industrial, Ana Ares.

Ferrol, 2 de marzo de 2022.- A vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, María Jesús Movilla, e a directora do Campus Industrial, Ana Ares, recibiron este mércores na Vicerreitoría, á alcaldesa do Concello de Narón, Marián Ferreiro, á concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, e á de Formación, Natalia Hermida. Ao longo da reunión, tanto as representantes da Universidade da Coruña como as do Concello de Narón manifestaron o interese de estudar novas vías de colaboración a curto medio prazo. A xornada rematou cunha visita institucional ao Centro de Investigación Tecnolóxicas do Campus Industrial de Ferrol onde foron recibidas polos seus directores, Armando Yáñez e Anne Gosset.