Recurso-9.png

O lugar onde o TALENTO e a OPORTUNIDADE se atopan

29 DE OUTUBRO DE 2026 | FERROL

FESTALENT 2026 FESTALENT 2026 FESTALENT 2026 FESTALENT 2026 FESTALENT 2026 FESTALENT 2026 FESTALENT 2026 FESTALENT 2026

FESTALENT, a Feira de Empresas e Talento organizada polo Campus Industrial de Ferrol (Universidade da Coruña), conecta empresas con talento universitario en busca de oportunidades profesionais. Durante a feira, os asistentes poderán participar en actividades que faciliten a súa transición ao mundo laboral, interactuando con líderes nos seus sectores.

 

Únete a FESTALENT e descubre como o teu talento encaixa coas necesidades do mercado laboral!

REXÍSTRATE CANTO ANTES NA PLATAFORMA DA FEIRA PARA ACCEDER ÁS FUNCIONALIDADES DA SECCIÓN VIRTUAL DE FESTALENT!

Feira de empresas e talento

29 de outubro de 2026

10:00 – 14:00 e de 15:00 a 18:00

estar.png

Casetas

De 10:00 a 14:00

e de 15:00 a 18:00

Pavillón Municipal de Esteiro

Visita as casetas das institucións participantes e prepárate para unha experiencia que transformará o teu futuro.

 Interactúa directamente cos responsables de selección de empresas punteiras, resolve as túas dúbidas e descubre o lugar onde mellor encaixa o teu talento.

entrevista.png

Envía tu CV

De 10:00 a 14:00

e de 15:00 a 18:00

Pavillón Municipal de Esteiro

Sube o teu currículo á plataforma de FESTALENT e ponte en contacto directo coas empresas participantes.

Completa o teu perfil e deixa que coñezan o teu talento antes mesmo de chegar á feira!

personas.png

Ofertas de emprego

Contacta coas empresas

durante toda a xornada

Pavillón Municipal de Esteiro

Descubre todas as ofertas de emprego e prácticas publicadas na plataforma de Festalent. Revisa o perfil das empresas para coñecer máis.

Atopa en FESTALENT todo tipo de oportunidades para traballar dentro do panorama de emprego actual.

Non esquezas traer o QR de inscrición no teu móbil

Cando completes a túa inscrición, recibirás no teu correo electrónico un código QR. Poderás levalo no teu teléfono móbil: asegúrate de telo sempre á man durante a feira, precisaralo para acceder ás actividades e interactuar coas empresas participantes!

Non te perdas o programa completo de Festalent 2026! Aproveita ao máximo o día 29: Garda na túa axenda todas as actividades que máis che interesen.

Sortearemos agasallos entre os participantes das actividades!

Clase Maxistral con Miguel Navarro

Salón de Actos Concepción Arenal

Horario: 18:00 H

Mentor, formador e empresario

CEO e fundador de Productividad Feroz

A actividade require inscrición previa

Nesta sesión falaremos de como acertar, de como diferenciarte nun mercado onde moitas persoas compiten e poucas destacan. A vida é decidir e construír o camiño cara aos teus obxectivos, non conformarse con agardar por eles. Non se trata de facer máis, senón de facer mellor para alcanzar o teu emprego ideal e poder salientar nun mercado laboral cada vez máis esixente e competitivo

DESCUBRE AS LOCALIZACIÓNS DO FESTALENT

LUGARES DE REALIZACIÓN

Pavillón Municipal de Esteiro

Salón de Actos do Campus Industrial de Ferrol

Descubre as localizacións do Festalent

Lugares de realización

Pavillón Municipal de Esteiro

Salón de Actos do Campus Industrial de Ferrol

EMPRESAS PARTICIPANTES

Organiza

Colaboran

Financian

ASÍ FOI FESTALENT 2025

O lugar onde o TALENTO e a OPORTUNIDADE se atopan

Máis información

Campus Industrial de Ferrol

 Rúa Doctor Vazquez Cabrera, s/n, 15403 Ferrol

 +34 881 01 3674 |  transferencia.campus.industrial@udc.gal