Recurso-9.png

O lugar onde o TALENTO e a OPORTUNIDADE se atopan

29 DE OUTUBRO DE 2026 | FERROL

FESTALENT 2026 FESTALENT 2026 FESTALENT 2026 FESTALENT 2026 FESTALENT 2026 FESTALENT 2026 FESTALENT 2026 FESTALENT 2026
🚀  O teu próximo paso profesional comeza aquí 

¿Estás buscando a túa primeira experiencia laboral, queres dar un novo rumbo á túa carreira ou interesache coñecer qué buscan as empresas de hoxe?

FESTALENT é o teu punto de encontro co mundo profesional.

 

  💼 A Feira de Empresas e Talento, organizada polo Campus Industrial de Ferrol da Universidade da Coruña, reúne a empresas e persoas con ganas de medrar, aprender e afrontar novos retos profesionais.

 

No Pavillón Municipal de Esteiro terás a oportunidade de achegarte a empresas de distintos sectores, coñecer de primeira man as súas necesidades de talento, descubrir qué perfís profesionais demandan e conversar directamente cos seus equipos. Además, poderás compartir o teu currículo a través da aplicación da feira e dar visibilidade ó teu perfil.

 

Tanto se estás estudando e queres empezar a construir un futuro profesional como se xa tes experiencia e buscas novos horizontes, FESTALENT ofréceche a oportunidade de facer contactos, explorar posibilidades e convertir as túas inquedanzas en novas oportunidades para impulsar o teu futuro.

 

🌟 Únete a FESTALENT e descubre como o teu talento encaixa coas necesidades do mercado laboral!

REXÍSTRATE CANTO ANTES NA PLATAFORMA DA FEIRA PARA ACCEDER ÁS FUNCIONALIDADES DA SECCIÓN VIRTUAL DE FESTALENT!

Feira de empresas e talento

29 de outubro de 2026

10:00 – 14:00 e de 15:00 a 18:00

estar.png

Casetas

De 10:00 a 14:00

e de 15:00 a 18:00

Pavillón Municipal de Esteiro

Visita as casetas das institucións participantes e prepárate para unha experiencia que transformará o teu futuro.

 Interactúa directamente cos responsables de selección de empresas punteiras, resolve as túas dúbidas e descubre o lugar onde mellor encaixa o teu talento.

entrevista.png

Envía o teu CV

En liña do 26 ao 29

de outubro

Plataforma en liña de Festalent

Sube o teu currículo á plataforma de FESTALENT e ponte en contacto directo coas empresas participantes.

Completa o teu perfil e deixa que coñezan o teu talento antes mesmo de chegar á feira!

personas.png

Ofertas de emprego

Contacta coas empresas

durante toda a xornada

Plataforma en liña de Festalent

Descubre todas as ofertas de emprego e prácticas publicadas na plataforma de Festalent. Revisa o perfil das empresas para coñecer máis.

Atopa en FESTALENT todo tipo de oportunidades para traballar dentro do panorama de emprego actual.

Non esquezas traer o QR de inscrición no teu móbil

Cando completes a túa inscrición, recibirás no teu correo electrónico un código QR. Poderás levalo no teu teléfono móbil: asegúrate de telo sempre á man durante a feira, precisaralo para acceder ás actividades e interactuar coas empresas participantes!

Non te perdas o programa completo de Festalent 2026! Aproveita ao máximo o día 29: Garda na túa axenda todas as actividades que máis che interesen.

 

Sortearemos agasallos entre os participantes das actividades!

O poder das narrativas con Pablo Amade

CONFERENCIA DE PECHE

Salón de Actos do Campus Industrial de Ferrol

Horario: 18:15 H

Director creativo da axencia MORBO

As historias que contamos cambian a nosa forma de ver o mundo e tamén como nos ven os demais. Nesta sesión exploraremos como as narrativas constrúen significado, xeran vínculos e dan forma ás marcas, tanto persoais como empresariais. Como broche final da feira, Pablo Amade convidaranos a descubrir o poder do que contamos e como as historias poden conectar, convencer e mobilizar.

DESCUBRE AS LOCALIZACIÓNS DO FESTALENT

LUGARES DE REALIZACIÓN

Pavillón Municipal de Esteiro

Salón de Actos do Campus Industrial de Ferrol

EMPRESAS PARTICIPANTES

Organiza

Colaboran

Financian

ASÍ FOI FESTALENT 2025

O lugar onde o TALENTO e a OPORTUNIDADE se atopan

Contacto

¿Queres recibir máis información acerca de Festalent ou participar como expositor en próximas edicións?

 

Ponte en contacto con:

 

Ivanna Fernández

+34 881 01 3674 |  transferencia.campus.industrial@udc.gal

 

Campus Industrial de Ferrol

 Rúa Doctor Vazquez Cabrera, s/n, 15403 Ferrol