Recurso-9.png

O lugar onde o TALENTO e a OPORTUNIDADE se encontran

16 DE NOVEMBRO | FERROL

Ata o 15 de novembro ás 14:00

FESTALENT, a Feira de Empresas e Talento organizada polo Campus Industrial de Ferrol (Universidade da Coruña), conecta empresas con talento universitario en busca de oportunidades profesionais. Durante a feira, os asistentes poderán participar en actividades que faciliten a súa transición ao mundo laboral, interactuando con líderes nos seus sectores, asistindo a conferencias e presentando o seu talento nas entrevistas rápidas. Unha semana antes da feira terán lugar sesións de orientación laboral para que o estudantado poida sacar un mellor partido do encontro.

Únete a FESTALENT e descubre como o teu talento encaixa coas necesidades do mercado laboral!

Sesións de orientación pre-feria

9 de novembro | 10:00-13:00
Salón de actos do Campus de Ferrol

Personal experto da unidade de emprego da UDC proporcionarache asesoramento, consellos para a mellora do teu CV, exemplos inspiradores para a creación dun elevator pitch que logre captar a atención dos recrutadores nas entrevistas rápidas… e moito máis.

Queres estar preparado/a?

Inscríbete nas nosas sesións pre-feira e fai brillar o teu perfil!

Inscrición ata o 8 de novembro ás 14:00

Feira de empresas e talento

16 de novembro | 9:30 – 19:30

Recurso-2.png
estar.png

Casetas

9:30-14:00 | 15:30-18:00

Pavillón de Batallóns

Visita as casetas das institucións participantes e prepárate para unha experiencia que transformará o teu futuro.

 Interactúa directamente cos responsables de selección de empresas punteiras, resolve as túas dúbidas e descubre o lugar onde mellor encaixa o teu talento.

personas.png

Presentacións de empresa

9:30-19:30

Salón de actos Campus de Ferrol | Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol

Damos voz ás empresas e institucións participantes para que vos conten cales son as súas áreas de especialización, o que fan no seu día a día, os perfís que están buscando incorporar e as oportunidades de desenvolvemento de carreira que vos poden ofrecer.

entrevista.png

Speed Job Dating

 9:30-14:00

Pavillón de Batallóns

Organizamos encontros dun máximo de 10 minutos de duración entre empresas e candidatos buscando un match laboral en tempo récord.

Prepara o teu elevator pitch, impresiona aos reclutadores e consegue a túa próxima gran oportunidade profesional!

Ampliado prazo de incrición ata o día 15 ás 18:00

icone-cadeau-noir

Sortearemos agasallos entre os participantes ás actividades!

Empresas participantes

Organiza

Patrocinan

Colaboran

O lugar onde o TALENTO e a OPORTUNIDADE se encontran

Ata o 15 de novembro ás 14:00

Campus Industrial de Ferrol

 Rúa Doctor Vazquez Cabrera, s/n, 15403 Ferrol

 +34 881 01 3674 |  transferencia.campus.industrial@udc.gal