A Facultade de Ciencias do Traballo achega ao alumnado de primeiro curso á realidade profesional dos seus egresados e egresadas

Ferrol, 8 de setembro de 2026.- A Aula 0.1 da Facultade de Ciencias do Traballo do Campus Industrial de Ferrol acolle, o vindeiro mércores 23 de setembro, ás 11:00 horas, a Xornada PAT “Experiencias do estudantado egresado”, dirixida ao alumnado do primeiro curso do grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos, así como aos demais integrantes da comunidade universitaria e ao público xeral interesado.

A iniciativa, organizada no marco do Plan de Acción Titorial (PAT), busca acompañar ao alumnado de novo ingreso na súa incorporación á Universidade da Coruña (UDC) e facilitar o seu coñecemento da facultade, da titulación, e das diferentes posibilidades académicas e profesionais que se abren ao longo da súa formación. Deste xeito, as experiencias do estudantado egresado servirán como referencia para un alumnado que acaba de iniciar os seus estudos e que aínda está a descubrir as distintas posibilidades que ofrece o grao en Relación Laborais e Recursos Humanos.

A xornada contará coa participación de 6 profesionais formados e formadas na Facultade de Ciencias do Traballo que compartirán co estudantado de primeiro curso as súas experiencias e percorridos profesionais. Participarán, a responsable CAE e de Operacións Administrativas e de RRHH en ARMACON, Cristina Castro Barcala; a Experienced Senior na Área de HR & PlayRoll en Deloitte, Andrea Vieites Estraviz; a consultora laboral no Grupo Atlante, Rebeca Enríquez Allegue; a xestora de persoas en Leche Celta, Cynthia García Ramonde, e os graduados en Relacións Laborais e Recursos Humanos, José Zar Varela e Iván Montero Barros.

de esquerda a dereita, Iván Montero Barros, Rebeca Enríquez Allegue, José Zar Varela e Andrea Vieites Estraviz, catro dos seis estudantes egresados que participarán, o mércores 23 de setembro, na xornada organizada polo PAT da Facultade de Ciencias do Traballo.
de esquerda a dereita, Iván Montero Barros, Rebeca Enríquez Allegue, José Zar Varela e Andrea Vieites Estraviz, catro dos seis estudantes egresados que participarán, o mércores 23 de setembro, na xornada organizada polo PAT da Facultade de Ciencias do Traballo.