Un Campus para Vivilo
Non Todo Vai Ser Estudar!
Que Máis Podes Atopar no CIF
Ruta universal polo Campus Industrial de Ferrol
Bota un ollo aos contidos interactivos sobre os laboratorios e facultades do Campus Industrial de Ferrol. Premendo nas diferentes iconas do documento poderás acceder a dípticos sobre a investigación de diversos laboratorios e escaneando os códigos QR atoparás vídeos con contidos signados e tamén adaptados a persoas con diversidade funcional.
Este material divulgativo foi elaborado no marco do proxecto Unha Ruta Universal polo Campus Industrial de Ferrol, cofinanciado pola FECYT na convocatoria de fomento da cultura científica. Neste caso, o obxectivo do proxecto foi facer unha ruta polo campus válida para todo tipo de público, independentemente das súas capacidades, contribuíndo a universalizar de maneira definitiva a accesibilidade ao contido científico do Campus Industrial de Ferrol.