Residencia Universitaria e Aloxamento Compartido

Residencia Pública

A residencia universitaria pública atópase no centro de Ferrol, concretamente no barrio da Magdalena, nun edificio cedido pola Xunta de Galicia e o Concello de Ferrol, con fácil accesibilidade aos campus universitarios tanto de Esteiro como de Serantes.


O barrio da Magdalena é un exemplo do urbanismo racional da época da Ilustración e foi declarado conxunto histórico‐artístico en 1983.


A residencia, que comezou a súa andadura no curso 2013/2014, ten un total de 25 prazas (unha delas adaptada para persoas con discapacidade e dúas reservadas para estudantes estranxeiros), repartidas en 15 habitacións individuais e 10 dobres (non mixtos).

Convivencia Interxeneracional

O Programa Comparte é unha iniciativa para a convivencia interxeracional entre estudantes universitarios e persoas maiores que xurdiu en 2013 froito do convenio de colaboración entre o Concello de Ferrol e a Universidade da Coruña.

Puntos de Información

Para as persoas maiores:

Concello de Ferrol. Área de Benestar, Igualdade e Xuventude
Edificio Social, rúa Sánchez Barcaiztegui, 35-47. 15402 Ferrol

Tel. 981 944 231 / 981 944 230 (ext. 432)
Fax. 98 944 237

Para os/as estudantes:

Servizo de Estudantes-Campus de Esteiro
Edificio de Apoio ao Estudo, planta baixa
Avda. de Vigo, s/n. 15403 Ferrol

Tel. 981 337 451 / 981 337 400 (ext. 3650)
Fax. 981 337 417