Staff Internacional

Axudas do CIF para Persoal Investigador Visitante

Estas axudas teñen como obxectivo atraer persoal investigador de centros estranxeiros ao Campus Industrial de Ferrol, co fin de promover a internacionalización, estimulando a colaboración científica entre estes e o persoal investigador do Campus Industrial de Ferrol. Ofrécense dúas modalidades:

  • Visitas Longas: duración mínima dun mes e unha duración máxima de tres meses.

  • Estancias Curtas: duración mínima de tres días consecutivos e máxima de cinco días.

En calquera das modalidades, o investigador ou investigadora debe impartir unha breve conferencia no Campus Industrial de Ferrol para fomentar a relación co persoal investigador do CIF. Estas axudas están destinadas a cubrir a totalidade ou parte dos gastos de viaxe, aloxamento e manutención do persoal investigador estranxeiro visitante.

Durante o período 2022 – 2025, esta convocatoria concedeu 29 mobilidades a Ferrol desde todos os rincóns do mundo, como a Universidade de Pretoria (Sudáfrica), a Universidade de Canberra (Australia), o Instituto de Ciencia e Tecnoloxía de Okinawa (Xapón), a Universidade de Ciencia e Tecnoloxía de Nanjing (China), a Universidade Metropolitana de Toronto (Canadá) ou a Universidade Khazar (Acerbaixán), entre outras.

CIF Internacional Staff Week

IMG_3118

O obxectivo da nosa Staff Week anual é identificar oportunidades de colaboración con universidades internacionais nos ámbitos da Industria Intelixente e a Fabricación Avanzada, ao tempo que se devala a abraiante natureza que rodea a cidade de Ferrol.

O programa inclúe unha visita polos campus, laboratorios e instalacións, a presentación da oferta académica e investigadora, así como casos de éxito de centros e proxectos internacionais e reunións específicas con homólogos do CIF para explorar novas vías de cooperación. Porén, a parte cultural tamén é un punto clave, xa que se inclúen un curso intensivo de lingua española, un percorrido a pé, a visita a un museo, un picnic intercultural e moitas outras actividades sociais.