Axudas para financiar estadías e visitas de persoal investigador estranxeiro 2025 [Aberta]

Axudas para financiar estadías e visitas de persoal investigador estranxeiro

Esta acción pretende atraer ao Campus Industrial de Ferrol persoal investigador de centros estranxeiros, con obxecto de impulsar a internacionalización, estimulando a colaboración científica entre o devandito personal investigador e o persoal investigador do Campus Industrial de Ferrol. Tamén se pretende fomentar o intercambio e actualización de coñecementos entre as persoas investigadoras do Campus Industrial de Ferrol e a persoa investigadora visitante.

Ofrécense dúas modalidades:
a) Estadías: duración mínima dun mes e unha duración máxima de tres meses (requisito título de doutoramento)
b) Visitas: duración mínima de tres días consecutivos e máxima de cinco días

Importes:
  • Importe máximo da convocatoria: 12.000 €

a) Estadías: como máximo 1.500 € por mes no Campus Industrial de Ferrol e cun importe total máximo por estadía de 4.000 €.
b) Visitas: ata un máximo de 1.000 € por visita.

Que se pode financiar?

Estas axudas están destinadas a cubrir total o parcialmente os custos de:

  • Viaxe
  • Aloxamento
  • Manutención
Datas de realización: 

Do 1 de xaneiro ao 15 de outubro de 2025

Ligazón á convocatoria (Data de publicación 01/04/2025)

Resolucións