Arte e cultura

Centro Cultural Universitario

O Centro Cultural Universitario de Esteiro acolle a oferta cultural do Campus Industrial de Ferrol, tanto os cursos e talleres (arte, teatro, música, fotografía…), como os ciclos de cine ou exposicións. Nel encontranse a propia Oficina da Área de Cultura de Ferrol e dispón de dúas aulas multiusos, unha ampla sala de exposicións e unha sala de exposición dotada cos máis modernos equipos de imaxe e son.

Aquí poderedes encontrar información de interese sobre a oferta cultural do Campus Industrial de Ferrol, que comprende exposicións, diferentes talleres, ciclos, teatro, danza e actividades de extensión universitaria que queren dar resposta ás demandas culturais tanto das persoas que pertencen á comunidade universitaria como das que non son parte da mesma.