O Salón de Graos da Facultade de Humanidades e Documentación do Campus Industrial de Ferrol acolle, este xoves 27 de abril, a partires das 17:00 horas, a Xornada de Arqueoloxía Subacuática- “O que ocultan as augas da ría de Ferrol”, organizada pola Cátedra de Arqueloxía e Educación Patrimonial que dirixe o profesor Juan Luís Montero Fenollós.
As xornada incluirá dúas palestras: “A arqueoloxía marítima romana no golfo Ártabro” e “Os restos da Armada Invencible na ría de Ferrol” e serán a cargo de David Fernández Abella do grupo de investigación Ecopast, da Universidade de Santiago de Compostela.
Máis información sobre a xornada: Xornada de arqueoloxía subacuática — Cátedra de Arqueoloxía e Educación Patrimonial (catedradearqueoloxia.com)
Imaxe: Imaxe promocional da xornada de arqueoloxía subacuática