A Cátedra Epifanio Campo galardoa as mellores propostas multimedia para divulgar os valores da economía circular no seu III Premio de Divulgación Científica

A Coruña, 23 de febreiro de 2026.- A Cátedra Epifanio Campo celebrou hoxe o acto de entrega do Terceiro Premio de Divulgación Científica Epifanio Campo no Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol. O acto contou coa presenza da vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Ana Isabel Ares Pernas, o conselleiro delegado do Grupo Rodonita, Jacobo Campo; o alcalde de As Somozas, Juan Alonso Tembrás e a directora da Cátedra Epifanio Campo, Mª Paz Mateo. O obxectivo principal deste galardón é promover a investigación e o coñecemento no ámbito da economía circular dentro do colectivo universitario.

A directora da Cátedra Epifanio Campo, Mª Paz Mateo, foi a encargada de presentar o acto, no que agradeceu a presencia de destacados membros da comunidade universitaria, así como do Grupo Rodonita, promotor da Cátedra Epifanio Campo. O primeiro en saudar e felicitar aos alumnos e alumnas premiados foi o alcalde de As Somozas, Juan Alonso Tembrás.
Tras a intervención do rexedor procedeuse á entrega dos premios. O premio principal, dotado con 1.200 euros, foi concedido a Paloma Funes García. Trátase dunha coidada proposta audiovisual na que a alumna propón unha reflexión sobre se é posible construír de forma máis rápida, eficiente e respectuosa co medio ambiente e propón unha alternativa coa impresión 3D de formigón con materiais sostibles. Tamén se concederon accésit en diferentes categorías: a que recoñece a orixinalidade da proposta multimedia,
dotada con 300 euros, foi para o traballo de Blanca Fernández Amado. Mentres que o accésit que premia a capacidade de divulgación e sensibilización da proposta multimedia, e dotado tamén con 300 euros, foi para a proposta de Carla Pérez Paz.

Os encargados de pechar o acto foron o conselleiro delegado do Grupo Rodonita e a vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social. Pola súa banda, Jacobo Campo destacou que é o obxectivo da Cátedra é impulsar tanto a investigación como a divulgación. “Aspiramos a que os proxectos de divulgación teñan unha aplicación práctica, e este propósito debe de ir acompañado da divulgación.” Campo subliñou a necesidade de facer comprensibles os procesos e mecanismos que inflúen no noso desenvolvemento e o noso benestar.
Na mesma liña expresouse a vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Ana Ares, comezou a súa intervención agradecéndolle ao Grupo Rodonita a “confianza depositada” na Universidade da Coruña (UDC) para a posta en marcha desta cátedra hai xa case 6 anos. Acto seguido, amosou o seu “orgullo” de que as persoas galardoadas sexan tres mulleres, tres mozas que están a divulgar no eido da ciencia, rompendo, aos poucos, fendas e traballando a prol dunha igualdade real.

A terceira edición deste premio, co que se lle rende homenaxe a Epifanio Campo, pioneiro no ámbito da economía circular e a xestión ambiental e fundador do Grupo Rodonita, contou coa participación de 13 estudantes de grao, máster e programa de doutoramento da Universidade da Coruña. Os proxectos presentados en distintos formatos: fotografía, infografía ou vídeo, buscaban a divulgación de aspectos científicos relacionados coa economía circular, a auga, a enerxía e a xestión e valorización dos residuos industriais.
Destas propostas multimedia valoráronse fundamentalmente a calidade técnica e artística, o guion, a orixinalidade, o enfoque divulgador da mensaxe e a súa capacidade de sensibilización. Esta iniciativa enmárcase no obxectivo fundamental da cátedra, que se centra no fomento da investigación, a formación e a divulgación no ámbito do medio ambiente, a sustentabilidade e a xestión de residuos. No caso deste premio, a finalidade é impulsar e recoñecer a participación do alumnado da Universidade da Coruña no ámbito da sustentabilidade e o coidado do medio ambiente.

Cátedra EPIFANIO CAMPO
O 14 de novembro de 2019, a Universidade da Coruña e o Grupo Rodonita subscribiron un Convenio de colaboración para o desenvolvemento da Cátedra Epifanio Campo, adscrita á Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF). O seu ámbito de actuación é o medio ambiente, a xestión de residuos e a sostenibilidade. Os obxectivos da cátedra céntranse en promocionar todo tipo de actividades de formación, divulgación, investigación e transferencia de coñecemento, relacionadas coa xestión medioambiental.

O Primeiro Premio de Divulgación Científica Epifanio Campo foi para o traballo desenvolvido por Paloma Funes, alumna do Programa de Doutoramento en Enxeñería Civil da Universidade da Coruña, e o tribunal recoñeceu con dous accésit a orixinalidade a capacidade de divulgación e sensibilización doutras dúas propostas
O Primeiro Premio de Divulgación Científica Epifanio Campo foi para o traballo desenvolvido por Paloma Funes, alumna do Programa de Doutoramento en Enxeñería Civil da Universidade da Coruña, e o tribunal recoñeceu con dous accésit a orixinalidade a capacidade de divulgación e sensibilización doutras dúas propostas.

 

O acto de entrega contou coa presenza da vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Ana Isabel Ares Pernas, o conselleiro delegado do Grupo Rodonita, Jacobo Campo; o alcalde de As Somozas, Juan Alonso Tembrás e a directora da Cátedra Epifanio Campo, Mª Paz Mateo. O obxectivo principal deste galardón é promover a investigación e o coñecemento no ámbito da economía circular dentro do colectivo universitario.
O acto de entrega contou coa presenza da vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Ana Isabel Ares Pernas, o conselleiro delegado do Grupo Rodonita, Jacobo Campo; o alcalde de As Somozas, Juan Alonso Tembrás e a directora da Cátedra Epifanio Campo, Mª Paz Mateo. O obxectivo principal deste galardón é promover a investigación e o coñecemento no ámbito da economía circular dentro do colectivo universitario.