A Cátedra Jorge Juan, impulsada pola UDC e a Armada, analizará este xoves os aspectos éticos do goberno do dato nos ámbitos policial e militar

Ferrol, 20 de outubro de 2025.- A Sala Carlos III do Museo da Construción Naval (Exponav) acolle, este xoves 23 de outubro, ás 19:00 horas, a conferencia “Aspectos éticos do goberno do dato nos ámbitos policial e militar” impartida pola catedrática de Dereito Penal da Universidade da Coruña (UDC), Patricia Faraldo, no marco da primeira conferencia do curso 2025/26 da Cátedra Jorge Juan, unha iniciativa impulsada pola institución herculina xunto coa Armada baixo a dirección da profesora da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Alicia Munín.

Ao longo da súa intervención, Patricia Faraldo analizará, en primeiro lugar, as cuestións éticas e os problemas prácticos relacionados coa gobernanza dos datos de interese policial no marco da Unión Europea (UE). Logo de presentar as ferramentas que se están propor para facilitar tanto a cooperación entre os corpos de policía dos distintos países como a investigación académica, a catedrática de Dereito Penal da Universidade da Coruña (UDC) exporá as razóns que avalan a aplicabilidade das regras existentes no eido militar, un espazo no que, habitualmente, se cree que non rexen as limitacións éticos-legais da proteccións dos datos persoais.

A asistencia á conferencia é libre e gratuíta ata completar o aforo da sala.

A Sala Carlos III do Museo da Construción Naval (Exponav) acollerá, ás 19:00 horas, a primeira conferencia do Curso 2025/26 impartida pola catedrática de Dereito Penal da institución herculina, Patricia Farald
A Sala Carlos III do Museo da Construción Naval (Exponav) acollerá, ás 19:00 horas, a primeira conferencia do Curso 2025/26 impartida pola catedrática de Dereito Penal da institución herculina, Patricia Farald