A Facultade de Ciencias do Traballo do Campus Industrial da Universidade da Coruña acolle mañá, martes, 9 de maio, a xornada “As novas formas de traballo. O teletraballo e os seus riscos laborais”.
A xornada, organizada pola Facultade de Ciencias do Traballo da Universidade da Coruña, a Asociación de Graduados Sociais de Ferrol e o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA), retransmitirase a través de UDC TV: https://tv.udc.gal/
Programa
- 9:30h. Apertura
Adela Quinzá-Torroja García. Xerente do ISSGA
- 10:00h. Campañas do ISSGA. Teletraballa con prevención. Mª Jesús Copa Arias. Xefa de Sección de Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada. ISSGA
- 10:30h. Actuacións preventivas en teletraballo: psicosocioloxía, desconexión dixital e diversidade. Mª Jesús Otero Aparicio. Xefa da Unidade Técnica de Psicosocioloxía. INSST
- 12:00h. Mesa redonda: visión empresarial sobre o acordo de traballo a distancia. Representantes de SINCRO GLOBAL OUTSOURCING:
Carlos Mª Ruiz. CEO. Avogado
Ronsel Martín. Responsable de Comunicación Corporativa
Sergio Vitoria. Asesor Laboral