A GRAN FINAL NACIONAL da FIRST LEGO LEAGUE reúne este sábado máis de 700 mozos e mozas no Campus Industrial de Ferrol

Ferrol, 26 de marzo de 2025.- A Universidade da Coruña (UDC) e a Asociación Ingenier@Soy organizan, este sábado 29 de marzo, de 09:00 a 20:30 horas, a GRAN FINAL NACIONAL da FIRST LEGO League no Campus Industrial de Ferrol. Nesta ocasión, participarán un total de 56 equipos da categoría FLL Challenge e máis de 700 mozos e mozas de entre 10 e 16 anos de toda España. O evento, coordinado polo profesor da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), José Antonio Becerra Permuy, poderá seguirse en directo a través da canle de YouTube da FIRST LEGO League Galicia.

As presentacións dos Proxectos de Innovación faranse nas aulas da Escola Universitaria de Deseño Industrial (EUDI) e nas da Facultade de Humanidades e Documentación, mentres que o Xogo do Robot se disputará no Pavillón de Esteiro e a entrega de premios terá lugar, en horario de tarde, no Auditorio de Ferrol. Ao igual que na FIRST LEGO League Galicia, o evento conta coa colaboracións de máis de 160 voluntarios e voluntarias, na súa inmensa maioría persoal docente, investigador e alumnado da Universidade da Coruña (UDC).

Os dous equipos que gañen a GRAN FINAL da FIRST Lego League participarán no WORLD FESTIVAL FIRST Lego League que terá lugar, no The George R. Brown Convention Center de Houston (Texas), do 16 ao 19 de abril. A maiores, os equipos de obteñan o primeiro e segundo premio aos Valores FIRST, ao Proxecto de Innovación, ao Deseño do Robot e ao Comportamento do Robot, participarán noutros eventos internacionais chamados OPEN FIRST LEGO League que terán lugar, entre os meses de maio e xullo, en Grecia, Cidade do Cabo, California, Massachusetts, Florida e en Sídney.

Os gañadores da FIRST LEGO League Galicia que tivo lugar o pasado 22 de febreiro no Campus Industrial de Ferrol, os equipos Captioma Elementals, da Academia Captioma Galicia de Ourense, e o MEGA BUILDER TEAM, do Centro de Formación MEGA Riveira, participarán neste campionato nacional na categoría FLL Challenge para mozos e mozas de entre 10 e 10 anos.

Con todo, Galicia tamén estará representada polos equipos MONTA e AQUABOTS de Gazapo Xestión de Narón (A Coruña) e Clam Trouleiro do CEIP da Barqueira de Cerdido (A Coruña) na categoría FLL Explorer de 6 a 9 anos. Estes tres últimos equipos non compiten no certame e asisten como convidados ao teren participado nalgunha edición da FIRST LEGO League Galicia.

A GRAN FINAL NACIONAL da FIRST LEGO League está patrocinada polo Concello de Ferrol, a Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia.

Que é a FIRST LEGO League?

A FIRST LEGO League é un programa internacional que desafía a mozos e mozas de entre 4 e 16 anos, divididos en 3 categorías, a resolver problemas do mundo real como poden ser a reciclaxe, a educación ou as enerxías renovables. Mediante a súa resolución, os mozos e mozas desfrutan coa ciencia e a tecnoloxía. Ao mesmo tempo, aprenden valiosas habilidades para o seu futuro profesional e persoal como son o traballo en equipo, a resolución de problemas e a comunicación.

O desafío FIRST LEGO League en España

Desde o ano 2022, a Asociación Ingeniera.Soy é a entidade que impulsa a FIRST LEGO League en España en colaboración co 20% das universidades españolas, parques tecnolóxicos e entidades de promoción da innovación como socios. Ademais, a iniciativa é posible grazas á colaboración de empresas e entidades que achegan aos participantes aos coñecementos e profesións STEAM.

Como funciona a FIRST LEGO League?

Cada temporada, a FIRST LEGO League permitirá aos mozos e mozas ver a ampla gama de oportunidades da industria STEAM botando man da súa exploración como parte de SUBMERGED, un desafío no que utilizarán o pensamento creativo e a tecnoloxía LEGO para explorar as capas do océano e levar as súas aprendizaxes e ideas á superficie mentres navegan cara o futuro. O seu obxectivo final será o de imaxinar e innovar novas formas de crear e comunicar arte en todo o mundo.

Os equipos teñen que resolver este desafío en tres áreas de traballo:

  • O Proxecto de Innovación. Un proxecto que explique e detalle a súa solución innovadora como opción de mellora ao problema proposto.
  • O Xogo do Robot. O deseño, construción e a programación dun robot LEGO MINDSTORMS Education que terá que superar divertidas misións nun taboleiro de xogo relacionado co desafío.
  • A integración dos valores FIRST LEGO Mentres os equipos desenvolven o Proxecto Científico e o Xogo do Robot, integran os valores FIRST LEGO League: descubrimento, innovación, impacto, inclusión, colaboración e diversión.

 

Listaxe GRAN FINAL NACIONAL – Categoría FLL Challenge (de 10 a 16 anos)

Equipo Nome Centro de procedencia Sede FLL na que obtivo pase
1 Captioma Elementals CAPTIOMA GALICIA SL (Ourense) FLL Galicia
2 MEGA BUILDER TEAM MEGA Riveira (Ribeira, A Coruña) FLL Galicia
3 IES Mata Jove TECNODIVER BERRIO IES Mata Jove (Gijón, Asturias) FLLL Asturias
4 OTXOA COLEGIO BERRIO-OTXOA (Bilbao) FLL EUSKADI-Bilbao
5 JM BILBO Colegio JM Bilbao Ikastetxea (Bilbao) FLL EUSKADI-Bilbao
6 BERMIBOT BOLT Colegio Sagrado Corazón (Bermeo, Bizkaia) FLL EUSKADI-Donosti
7 LIZEOBOTS Santo Tomas Lizeoa (Donostia, Guipúzcoa) FLL EUSKADI-Donosti
8 TUP COLEGIO EL REGATO IKASTETXEA

(Barakaldo, Vizcaya)

FLL EUSKADI-Mondragon

 

9 Sanfitek Air San Fidel ikastola (Gernika-Lumo) FLL EUSKADI-Mondragon
10 Legokide 1 Colegio Urkide Ikastetxea S. Coop.

(Vitoria-Gasteiz)

Gasteiz FLL EUSKADI-Vitoria
11 Tecnobots Elburgo Tecnoclub Elburgo (Elburgo-Burgelu) Gasteiz
12 Legotronic Beavers Fundación MTorres (Torres de Elorz) FLL Navarra

 

13 Irabiox Sumelec IZAGA (Pamplona) FLL Navarra
14 Tecnobotics Tecnoeduka (Pamplona) FLL Navarra
15 WSBOT Colegio de Fomento Sansueña (Zaragoza) FLL Aragón y La Rioja
16 Steam Sea Col·legi Sant Ermengol (Andorra la Vella) FLL Andorra

 

17 REM Jr MARISTES GIRONA (Girona) FLL Girona
18 Robosincs Centre Escolar Empordà (Roses) FLL Girona
19 FEDAC Robo Wolvineers FEDAC Sant Narcís (Girona) FLL Girona
20 Legolàctics Iniciativa familiar Legolàctics

(Llinars del Vallès)

FLL Vic

 

21 Enginy Robòtic Club Albert Parés Caralt (Tona) FLL Vic
22 The Minds Fundació Vedruna Catalunya Educació (Berga) FLL Vic
23 Nanovercs VEDRUNA SANT SADURNI (SANT SADURNI D’ANOIA) FLL Igualada

 

24 Robotech

 

TRANSPORTS XAVIER PERERA S.L.

(Golmes)

FLL Lleida

 

25 ADS Seabotix INSTITUT ELS PLANELLS (ARTESA DE SEGRE) FLL Lleida

 

26 Jatta Printi COLEGIO LA VALL (Bellaterra) FLL Manresa UPC
27 Seabots Col.legi La Salle Montcada (Montcada i reixac) FLL Barcelona I

 

28 Maristes Robot Team

 

Maristes Champagnat (Badalona) FLL Barcelona II

 

29 Manao Ikaika

 

COLEGIO LA VALL (Bellaterra) FLL Barcelona III

 

30 TecnoCarmelites

 

COL·LEGI MARE DE DÉU DEL CARME (Tarragona) FLL Tarragona

 

31 CST Robotics AMPA COL:LEGI SANTA TERESA (MORA D’EBRE) FLL Tarragona
32 Sedna FEP SANT RAMON (Barcelona) FLL Tarragona

 

33 Invictus

 

COLEGIO PUREZA DE MARIA CID

(Valencia)

FLL Valencia UPV

 

34 Taulego

 

COLEGIO LA PURISIMA TORRENT

(Torrent)

FLL Valencia UPV

 

35 GandiaLab Team

 

Gandialab Robótica Educativa

(Gandía)

FLL Alicante

 

36 Bionic

 

Play Factory (Murcia) FLL Murcia

 

37 Electronic Falcons

 

Fundación MTorres (Fuente Álamo) FLL Murcia

 

38 La Pokeclase

 

ROCÍO SALDAÑA MONTORO

(Valderubio)

FLL Granada

 

39 IO2 Team

 

COLEGIO NUESTRA SEÑORA DE GADOR (Berja) FLL Almería

 

40 Albaibot

 

CEIP ALBAIDA (Torremolinos) FLL Málaga

 

41 SEB-BOT

 

IES MAPI VALLE (Cartaya) FLL Sevilla

 

42 Aldeatron Robotix

 

UCMAS ABACO Y CALCULO MENTAL SL

(San Miguel de Abona)

FLL Canarias

 

43 Brilliant Minds

 

Pureza de María La Cuesta

(San Cristóbal de la La Laguna)

FLL Canarias
44 Curiosity Lobster

 

Curiosity Lobster (San Critóbal de La Laguna) FLL Canarias
45 Codifica Futuro

 

Fundación Canaria Farrah

(Las Palmas)

FLL Canarias

 

46 H2O

 

coconet mentes creativas (Cáceres) FLL Salamanca

 

47 PIXEL ALLIANCE

 

Javier Carlos Tovar García (Cáceres) FLL Salamanca

 

48 GRAT-Anunciata

 

La Anunciata FESD (Tudela)

 

FLL Burgos

 

49 Blanca de Castilla

 

Fundación Educativa Jesutinas

(Burgos)

FLL Burgos

 

50 FSIngenium Team

 

Fundación FSINGENIUM (Sarriguren) FLL Madrid UPM

 

51 Pinkblack Villaeuropa

 

Colegio Villaeuropa (Móstoles) FLL Madrid UPM

 

52 Mentes mecánicas 4.0

 

Colegio San Luis Gonzaga (La Solana) FLL Madrid UPM

 

53 AldoveaBot

 

Colegio de Fomento Aldovea (Alcobendas) FLL Madrid UCJC

 

54 Hydrogyrios

 

Independente (Palma) FLL Online

 

55 ROBOTICS

 

Institucio Mallorca (Palma) FLL Online
56 Ocean Seekers

 

Col·legi Sant Pere (Palma) FLL Online

 

Listaxe GRAN FINAL NACIONAL – Categoría FLL Explorer (de 6 a 9 anos – NON COMPITEN)

Equipo Nome Centro de procedencia Sede FLL na que obtivo pase
1 La jaca Robótica HUMILDES DE POCA MONTA

 

La Jaca Robótica Asociació Educativa, Cultural y Medioambiental (Arico) FLL Canarias

 

2 MONTA

 

Gazapo Xestión SL (Narón, A Coruña) FLL Galicia
3 AQUABOTS

 

Gazapo Xestión SL (Narón, A Coruña) FLL Galicia
4 Clam Trouleiro

 

CEIP DA BARQUEIRA (Cerdido, A Coruña) FLL Galicia
5 Hibri-Explore Villacedré

 

CRA VILLACEDRÉ (Villacedré)

 

FLL Burgos

 

os e as integrantes dun dos equipos que participou na FIRST LEGO League Galicia, o pasado 22 de febreiro, no Campus Industrial de Ferrol, disputando unha das partidas do Xogo do Robot
os e as integrantes dun dos equipos que participou na FIRST LEGO League Galicia, o pasado 22 de febreiro, no Campus Industrial de Ferrol, disputando unha das partidas do Xogo do Robot