A investigadora da UDC Mª José Servia analiza a relación entre o transporte de mercadorías e as invasións biolóxicas este xoves 14 de decembro en Exponav

Ferrol, 11 de decembro de 2023.- A investigadora da Universidade da Coruña, María José Servia, imparte este xoves, 14 de decembro, ás 19:00 horas, na Sala Carlos III da Fundación Exponav, a conferencia “Mercadorías ou Polisóns? A historia dalgunhas invasións biolóxicas” convidada pola Catédra Jorge Juan que dirixe, desde o pasado mes de outubro, a profesora da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Sonia Zaragoza.

Tal e como explica a profesora e investigadora da Facultade de Ciencias do Campus da Coruña, María José Servia, ao longo da súa intervención realizará unha revisión da historia da invasión dalgunhas especies non nativas de Europa, como poden ser o cangrexo americano (Procambarus clarkii), introducido pola propia administración a finais do século XX, ou a avespa asiática (Vespa Velutina) que chegou ao continente europeo de xeito accidental a través do transporte de mercadorías a comezos do século XXI e, máis concretamente, arredor do ano 2004. No seu relato, tamén se fará referencia a outras especies nativas europeas que son invasoras noutras áreas xeográficas tal e como ocorre coa lamprea mariña (Petromyzon marinus) quen chegou aos Grandes Lagos de América do Norte, situados entre os Estados Unidos e Canadá, grazas á apertura das distintas canles de navegación.

O transporte de mercadorías estivo desde sempre intimamente ligado á dispersión de numerosas especies animais e vexetais, moitas delas coñecidas, a día de hoxe, como especies exóticas invasoras. Sen embargo, a investigadora da Universidade da Coruña, María José Servia, salienta que boa parte destes organismos foron transportados como unha mercadoría de interese, mentres que outros realizaron esa viaxe transatlántica como polisóns non desexados aproveitando, por exemplo, a construción de novas infraestruturas.

A investigadora da Universidade da Coruña, María José Servia, analiza a relación existente entre o transporte de mercadorías e as invasión biolóxicas este xoves, 14 de decembro, ás 19:00 horas, na Sala Carlos III da Fundación Exponav, convidada pola Cátedra Jorge Juan que dirixe, desde o pasado mes de outubro, a profesora da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Sonia Zaragoza. A Universidade da Coruña e a Armada promoven de xeito conxunto unha cátedra nada no ano 1994 e que ten como principal obxectivo o de impulsar a posta en marcha de actividades divulgativas no eido das Humanidades, da Navegación e da Construción Naval, do Dereito, da Economía, da Enxeñaría e da Arquitectura.