A Universidade da Coruña conmemora o 50 aniversario do falecemento de Ángela Ruíz Robles cunha mesa redonda no Campus Industrial de Ferrol

Ferrol, 24 de outubro de 2025.- A Biblioteca Ángela Ruíz Robles, situada no Edificio de Apoio ao Estudo do Campus Industrial de Ferrol, acollerá, este martes 28 de outubro, ás 18:30 horas, unha mesa redonda coa que a Universidade da Coruña (UDC) quere conmemorar o 50 aniversario do falecemento da mestra, escritora e inventora galega Ángela Ruíz Robles, coñecida por ser a precursora do libro electrónico. De feito, un prototipo da súa Enciclopedia Mecánica pode observarse, a día de hoxe, na sede coruñesa do Museo Nacional de Ciencia y Tecnología (MUNCYT).

Participarán nesta mesa redonda, a súa neta María Luisa Souto Grandal, a integrante do grupo de Investigación no Ensino das Ciencias e das Matemáticas (IECM) da UDC, María Jesús Fuentes Silveira, e a integrante do Laboratorio de Investigación e Desenvolvemento en Intelixencia Artificial (LIDIA), tamén da UDC, María Noelia Sánchez Maroño. Exercerá como moderadora a subdirectora da Oficina de Igualdade de Xénero (OIX) da institución herculina, María José Abad.

Un mural colaborativo e unha biblioteca co seu nome

Desde outubro de 2020, Ángela Ruíz Robles conta cun mural de seu ao carón da Escola Universitaria de Deseño Industrial (EUDI), situada no Campus Industrial de Ferrol. Esta obra colaborativa foi o resultado do obradoiro “Muralismo arredor do 25N – Elas Muralistas” que promoveu a Oficina de Igualdade de Xénero (OIX) da UDC en colaboración con 7H Cooperativa Cultural. Un ano antes, en 2019, a biblioteca da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), pasaba a levar o seu nome. Hoxe en día, este espazo está situado no Edificio de Apoio ao Estudo.

Intervirán, a súa neta, María Luisa Souto Grandal, e as investigadoras da UDC, María Jesús Fuentes Silveira e María Noelia Sánchez Maroño, xunto coa subdirectora da Oficina de Igualdade de Xénero (OIX) da institución herculina, María José Abad, quen exercerá de moderador
Intervirán, a súa neta, María Luisa Souto Grandal, e as investigadoras da UDC, María Jesús Fuentes Silveira e María Noelia Sánchez Maroño, xunto coa subdirectora da Oficina de Igualdade de Xénero (OIX) da institución herculina, María José Abad, quen exercerá de moderador