Ferrol, 12 de febreiro de 2025.- A Universidade da Coruña (UDC) organiza a décimo primeira edición da FIRST LEGO League Galicia (FLL Galicia) o vindeiro sábado 22 de febreiro, no Campus Industrial de Ferrol, entre as 09:00 e as 18:00 horas. Nesta ocasión, participan un total de 53 equipos (27 na categoría FLL Challenge, 22 na FLL Explore e 4 na FLL Discover) e máis de 350 mozos e mozas de distintos puntos de Galicia e de Asturias. O evento, coordinado polo profesor José Antonio Becerra, poderá seguirse en directo a través da canle oficial de YouTube da FLL Galicia
A sala anexa ao Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol acolleu este mércores a presentación desta décimo primeira edición á que asistiron a vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Ana Ares; a concelleira de Educación, Universidade e Política Lingüística do Concello de Ferrol, Patricia Cons; o director do Campus Industrial da Universidade da Coruña, Marcos Míguez; e o director da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Vicente Díaz.
Na súa intervención, o coordinador da FIRST LEGO League Galicia, José Antonio Becerra, explicou que o torneo terá lugar, por terceiro ano consecutivo, no Campus Industrial de Ferrol. As presentacións dos Proxectos de Innovación faranse nas aulas da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) e nas da Facultade de Humanidades e Documentación, mentres que o Xogo do Robot se disputará no Pavillón de Esteiro e a entrega de premios terá lugar, en horario de tarde, no Auditorio de Ferrol. Do mesmo xeito, aproveitou tamén para agradecer o traballo que realizan os preto de 100 voluntarios e voluntarias da Universidade da Coruña (UDC) que ano tras ano colaboran nesta iniciativa.
Pola súa banda, a vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social da UDC, Ana Ares, destacou a relevancia dun evento internacional que “une ao campus” e que “atrae ata este espazo e ata esta cidade a un moi bo número de mozos e mozas de distintos puntos de Galicia e de Asturias”. Acto seguido, fixo fincapé no papel que xogan as entidades colaboradoras, citando a todas as empresas e entidades que forman parte do proxecto e agradecendo o apoio prestado pola Xunta da Galicia, a Deputación da Coruña e máis do Concello de Ferrol.
Do mesmo xeito, a concelleira de Educación, Universidade e Política Lingüística, Patricia Cons, puxo en valor todo o traballo que realiza o profesorado e alumnado implicado neste programa educativo internacional “fóra de horario lectivo, botando man do seu tempo libre e de ocio”. Para rematar, o director do Campus Industrial da Universidade da Coruña (UDC), Marcos Míguez, e o director da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Vicente Díaz, aseguraron que a elección Ferrol como sede da GRAN FINAL Nacional da FIRST LEGO League, programada para o 29 de marzo, é “un premio” a todo o traballo realizado a prol da promoción das materias STEAM nestes últimos dez anos.
Colaboran nesta iniciativa a Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social – dependente da Consellaría de Emprego, Comercio e Emigración –, a Deputación Provincial da Coruña e o Concello de Ferrol. Ademais, patrocinan a FLL Galicia a empresa Gabadi SL, o Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG), o Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia (CPEIG), Gabadi, Gadis, ERROR! Ferrol, PuntoGal, Neodyn e Todo Ocio.
Que é a FIRST LEGO League?
A FIRST LEGO League é un programa internacional que desafía a mozos e mozas de entre 4 e 16 anos, divididos en 3 categorías, a resolver problemas do mundo real como poden ser a reciclaxe, a educación ou as enerxías renovables. Mediante a súa resolución, os mozos e mozas desfrutan coa ciencia e a tecnoloxía. Ao mesmo tempo, aprenden valiosas habilidades para o seu futuro profesional e persoal como son o traballo en equipo, a resolución de problemas e a comunicación.
O desafío FIRST LEGO League en España
Desde o ano 2022, a Asociación Ingeniera.Soy é a entidade que impulsa a FIRST LEGO League en España en colaboración co 20% das universidades españolas, parques tecnolóxicos e entidades de promoción da innovación como socios. Ademais, a iniciativa é posible grazas á colaboración de empresas e entidades que achegan aos participantes aos coñecementos e profesións STEAM.
Como funciona a FIRST LEGO League?
Cada temporada, a FIRST LEGO League permitirá aos mozos e mozas ver a ampla gama de oportunidades da industria STEAM botando man da súa exploración como parte de SUBMERGED, un desafío no que utilizarán o pensamento creativo e a tecnoloxía LEGO para explorar as capas do océano e levar as súas aprendizaxes e ideas á superficie mentres navegan cara o futuro. O seu obxectivo final será o de imaxinar e innovar novas formas de crear e comunicar arte en todo o mundo.
Os equipos teñen que resolver este desafío en tres áreas de traballo:
- O Proxecto de Innovación. Un proxecto que explique e detalle a súa solución innovadora como opción de mellora ao problema proposto.
- O Xogo do Robot. O deseño, construción e a programación dun robot LEGO MINDSTORMS Education que terá que superar divertidas misións nun taboleiro de xogo relacionado co desafío.
- A integración dos valores FIRST LEGO Mentres os equipos desenvolven o Proxecto Científico e o Xogo do Robot, integran os valores FIRST LEGO League: descubrimento, innovación, impacto, inclusión, colaboración e diversión.
Listaxe FIRST LEGO League Galicia Challenge (de 10 a 16 anos)
Equipo | Nome | Colexio | |
1 | MEGA BUILDER TEAM | MEGA Riveira (Ribeira, A Coruña) | |
2 | MEGA LEGO POBRA | MEGA Riveira (Ribeira, A Coruña) | |
3 | MEGA RIBEIRA SUPER LEGO | MEGA Riveira (Ribeira, A Coruña) | |
4 | ROBOT CITY POBRA | MEGA Riveira (Ribeira, A Coruña) | |
5 | Torla | Antonio Pinto Llona (Oviedo, Asturias) | |
6 | La Acacias BOT | Colexio de Fomento Las Acacias (Vigo, Pontevedra) | |
7 | Legotrónicas | Colexio de Fomento Las Acacias (Vigo, Pontevedra) | |
8 | STEAMGirls Las Acacias | Colexio de Fomento Las Acacias (Vigo, Pontevedra) | |
9 | La Acacias Challengers | Colexio de Fomento Las Acacias (Vigo, Pontevedra) | |
10 | MontBOT | Colexio Montecastelo (Vigo, Pontevedra) | |
11 | Montecastelo LittleBOT | Colexio Montecastelo (Vigo, Pontevedra) | |
12 | Montecastelo BOT | Colexio Montecastelo (Vigo, Pontevedra) | |
13 | SeaBOT | Colexio Montecastelo (Vigo, Pontevedra) | |
14 | Peña Bots 2 | Colexio de Fomento Peñarredonda (A Coruña) | |
15 | Peña Bots 3 | Colexio de Fomento Peñarredonda (A Coruña) | |
16 | Pathfinders | Colexio Internacional Eirís (A Coruña) | |
17 | LegoLar | Colexio Lar (Mos, Pontevedra) | |
18 | Team Kraken | David García (Avilés, Asturias) | |
19 | The Electrics | e-makers Lab (Narón, A Coruña) | |
20 | Ctrl+T | IES As Telleiras (Narón, A Coruña) | |
21 | IES_CONCEPCIÓN_ARENAL | IES Concepción Arenal (Ferrol, A Coruña) | |
22 | Os robots do pazo | IES de Fene (Fene, A Coruña) | |
23 | PULOP | IES de Ortigueira (Ortigueira, A Coruña) | |
24 | Lampreazapos | Gazapo Xestión SL (Narón, A Coruña) | |
25 | Os Muxes | Gazapo Xestión SL (Narón, A Coruña) | |
26 | Sea Savers | Gazapo Xestión SL (Narón, A Coruña) | |
27 | Captioma Elementals | CAPTIOMA GALICIA SL (Ourense) | |
Listaxe FIRST LEGO League Explore (de 6 a 9 anos)
Equipo | Nome | Colexio |
1 | MEGA BUILDER TEAM JR | MEGA Riveira (Ribeira, A Coruña) |
2 | MEGA RIBEIRA SUPER LEGO JR | MEGA Riveira (Ribeira, A Coruña) |
3 | MAKER LEGO LAR | Colexio Lar (Mos, Pontevedra) |
4 | STAR LEGO LAR | Colexio Lar (Mos, Pontevedra) |
5 | Montecastelo MiniBOT | Colexio Montecastelo (Vigo, Pontevedra) |
6 | Captioma Gran Majá | CAPTIOMA GALICIA SL (Ourense) |
7 | Captioma Los Titánicos | CAPTIOMA GALICIA SL (Ourense) |
8 | LEGO SHARKS | Sociedade Cooperativa Galega Guillelme Brown (Pereiro de Aguiar, Ourense) |
9 | “CLAM” TROULEIRO | CEIP Plurilingüe de Castrelos (Cambados, Pontevedra) |
10 | EQUIPO ACUÁTICO | CEIP Plurilingüe de Castrelos (Cambados, Pontevedra) |
11 | EQUIPO MAIK MARINO | CEIP Plurilingüe de Castrelos (Cambados, Pontevedra) |
12 | EQUIPO OS CASTRELIZANTES | CEIP Plurilingüe de Castrelos (Cambados, Pontevedra) |
13 | EQUIPO SUBMARINO | CEIP Plurilingüe de Castrelos (Cambados, Pontevedra) |
14 | EQUIPO SUPER MARINO | CEIP Plurilingüe de Castrelos (Cambados, Pontevedra) |
15 | Team Kraken | David García (Avilés, Asturias) |
16 | Legoleiros | Diego Mariño (Oleiros, A Coruña) |
17 | Ajolote MAKERS | e-makers Lab (Narón, A Coruña) |
18 | CachaloteMakers | e-makers Lab (Narón, A Coruña) |
19 | e-makers Monstruos de Mar | e-makers Lab (Narón, A Coruña) |
20 | LAS ACACIAS EXPLORERS | Colexio Montecastelo (Vigo, Pontevedra) |
21 | AQUABOTS | Gazapo Xestión SL (Narón, A Coruña) |
22 | Los humildes de poca monta | Gazapo Xestión SL (Narón, A Coruña) |
Listaxe FIRST LEGO League Discover (de 5 a 6 anos)
Equipo | Nome | Colexio |
1 | Star Team | Sociedade Cooperativa Galega Guillelme Brown (Pereiro de Aguiar, Ourense) |
2 | Turtle Team | Sociedade Cooperativa Galega Guillelme Brown (Pereiro de Aguiar, Ourense) |
3 | EMAKERS RAPES | e-makers Lab (Narón, A Coruña) |
4 | EMAKERS TIBURONES | e-makers Lab (Narón, A Coruña) |