Ferrol, 11 de marzo de 2026.- A Universidade da Coruña (UDC) organiza a décimo segunda edición da FIRST LEGO League Galicia (FLL Galicia), o vindeiro sábado 14 de marzo, entre as 09:00 e as 19:00 horas, no Campus Industrial de Ferrol. Nesta ocasión, participan un total de 53 equipos (32 na categoría FLL Challenge, 19 na FLL Explore e 2 na FLL Discover) e máis de 450 mozos e mozas de distintos puntos de Galicia e de Asturias. O evento, coordinado polo profesor da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), José Antonio Becerra, poderá seguirse en directo a través da canle de YouTube da FLL Galicia.
Como xa ven sendo habitual, as presentacións dos Proxectos de Innovación faranse nas aulas da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) e nas da Facultade de Humanidades e Documentación do campus ferrolán mentres que o Xogo do Robot se disputará no Pavillón Municipal de Esteiro e a entrega de premios terá lugar, a partires das 17:00 horas, no Auditorio de Ferrol, situado no barrio de Caranza.
A Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) e o Campus Industrial da Universidade da Coruña (UDC) promoven, un ano máis, unha iniciativa na que colaboran a Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social – dependente da Consellaría de Emprego, Comercio e Emigración -, a Deputación da Coruña e o Concello de Ferrol. Ademais, patrocinan a FLL Galicia o Grupo Gabadi, a través da Cátedra Gabadi UDC Avelino Llago, o Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG), o Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia (CPEIG), Gadisa, Neodyn, ERROR! Ferrol, PuntoGal e TodoOcio Narón.
Que é a FIRST LEGO League?
A FIRST LEGO League é un programa internacional que desafía a mozos e mozas de entre 4 e 16 anos, divididos en 3 categorías, a resolver problemas do mundo real como poden ser a reciclaxe, a educación ou as enerxías renovables. Mediante a súa resolución, os mozos e mozas desfrutan coa ciencia e a tecnoloxía. Ao mesmo tempo, aprenden valiosas habilidades para o seu futuro profesional e persoal como son o traballo en equipo, a resolución de problemas e a comunicación.
O desafío FIRST LEGO League en España
Desde o ano 2022, a Asociación ingeniera.soy é a entidade que impulsa a FIRST LEGO League en España en colaboración co 20% das universidades españolas, parques tecnolóxicos e entidades de promoción da innovación como socios. Ademais, a iniciativa é posible grazas á colaboración de empresas e entidades que achegan aos participantes aos coñecementos e profesións STEAM.
Como funciona a FIRST LEGO League?
Cada equipo achégase á temática anual deseñando e construíndo un robot que sexa quen de resolver os retos propostos. Ademais, a rapazada participante terá que investigar sobre esa temática e realizar un Proxecto de Innovación que propoña unha solución a un problema real. Os equipos documentarán o seu traballo e compartirán os seus achados. Ao longo da experiencia, cada un dos mozos e mozas deberá defender os Core Values fundamentais da FLL: o descubrimento, o traballo en equipo, a inclusión, o impacto, a diversión, a innovación e o gracious professionalism.
O desafío deste ano leva o nome de UNEARTHED e está inspirado no fascinante mundo da arqueoloxía. Nesta tempada, os e as participantes terán a oportunidade de explorar como os descubrimentos do pasado nos poden axudar a deseñar un futuro mellor. Deste xeito, os equipos terán que investigar sobre temas históricos desenterrando misterios do pasado mentres deseñan as tecnoloxías do futuro.
Os tres equipos que gañen a FIRST LEGO League Galicia participarán na GRAN FINAL NACIONAL da FIRST LEGO League, o vindeiro 11 de abril, en Burgos.
Listaxe FIRST LEGO League Galicia Challenge (de 10 a 16 anos)
| Equipo | Nome | Colexio | |
| 1 | Los Pentágono | Algorithmics Vigo (Vigo, Pontevedra) | |
| 2 | PEÑAVERA | Asociación Peñavera (Oviedo, Asturias) | |
| 3 | NATURALAXE | CEIP Plurilingüe A Laxe (Ferrol, A Coruña) | |
| 4 | Montecastelo Little Bot | Colexio de Fomento Montecastelo (Vigo, Pontevedra) | |
| 5 | PEÑA BOTS | Colexio de Fomento Peñarredonda (A Coruña) | |
| 6 | LegoLar | Colexio Lar (Mos, Pontevedra) | |
| 7 | SafeBots | Colexio de Fomento Montespiño (Culleredo, A Coruña) | |
| 8 | Guillelme Brown | Colexio Plurilingüe Guillelme Brown (Pereiro de Aguiar, Ourense) | |
| 9 | Las Acacias Booster | Colexio de Fomento Las Acacias (Vigo, Pontevedra) | |
| 10 | Las Acacias BOT | Colexio de Fomento Las Acacias (Vigo, Pontevedra) | |
| 11 | Legotrónicas | Colexio de Fomento Las Acacias (Vigo, Pontevedra) | |
| 12 | STEM GIRLS Las Acacias | Colexio de Fomento Las Acacias (Vigo, Pontevedra) | |
| 13 | LEGO Jones | Colexio de Fomento Las Acacias (Vigo, Pontevedra) | |
| 14 | Mont BOT | Colexio de Fomento Las Acacias (Vigo, Pontevedra) | |
| 15 | Montecastelo BOT | Colexio de Fomento Las Acacias (Vigo, Pontevedra) | |
| 16 | 3L3CTRIK | Gazapo Xestión SL (Narón, A Coruña) | |
| 17 | H4CKZ4POS | Gazapo Xestión SL (Narón, A Coruña) | |
| 18 | R4PZ4POS | Gazapo Xestión SL (Narón, A Coruña) | |
| 19 | CTRL+T | IES As Telleiras (Narón, A Coruña) | |
| 20 | Brain Builders | IES Llanes (Llanes, Asturias) | |
| 21 | Llanes Innovations | IES Llanes (Llanes, Asturias) | |
| 22 | ArqueOrt | IES de Ortigueira (Ortigueira, A Coruña) | |
| 23 | LEGOCITOS | IES Moncho Valcarce (As Pontes, A Coruña) | |
| 24 | Equipo Carvalho | IES Ricardo Carvalho Calero (Ferrol, A Coruña) | |
| 25 | MAKER VISION LAB | e-makers Lab (Narón, A Coruña) | |
| 26 | MEGA BUILDER TEAM | MEGA Riveira (Ribeira, A Coruña) | |
| 27 | MEGA LEGO POBRA | MEGA Riveira (Ribeira, A Coruña) | |
| 28 | MEGA RIBEIRA SUPER LEGO | MEGA Riveira (Ribeira, A Coruña) | |
| 29 | ROBOT CITY POBRA | MEGA Riveira (Ribeira, A Coruña) | |
| 30 | Kraken Girls | Team Kraken Robótica (Avilés, Asturias) | |
| 31 | TEAM KRAKEN | Team Kraken Robótica (Avilés, Asturias) | |
| 32 | Terra Explorers | IES Terra de Trasancos (Narón, A Coruña) | |
Listaxe FIRST LEGO League Galicia Explore (de 6 a 9 anos)
| Equipo | Nome | Colexio |
| 1 | EQUIPO BUSCAPISTAS | CEIP Plurilingüe de Castrelo (Cambados, Pontevedra) |
| 2 | EQUIPO DRAGÓN | CEIP Plurilingüe de Castrelo (Cambados, Pontevedra) |
| 3 | EQUIPO FÓSILES | CEIP Plurilingüe de Castrelo (Cambados, Pontevedra) |
| 4 | EQUIPO LEGOBOT | CEIP Plurilingüe de Castrelo (Cambados, Pontevedra) |
| 5 | EQUIPO MINI CASTREÓLOGOS | CEIP Plurilingüe de Castrelo (Cambados, Pontevedra) |
| 6 | Lego Prime | CEIP Plurilingüe Juan de Lángara y Huarte (Ferrol, A Coruña) |
| 7 | Pandilla Coliseo | CEIP Plurilingüe Juan de Lángara y Huarte (Ferrol, A Coruña) |
| 8 | Salvando a Petra | CEIP Plurilingüe Juan de Lángara y Huarte (Ferrol, A Coruña) |
| 9 | Maker Lego Lar | Colexio Lar (Mos, Pontevedra) |
| 10 | Star Lego Lar | Colexio Lar (Mos, Pontevedra) |
| 11 | LEGO Excavators | Colexio Plurilingüe Guillelme Brown (Pereiro de Aguiar, Ourense) |
| 12 | Super Lego | Colexio Plurilingüe Guillelme Brown (Pereiro de Aguiar, Ourense) |
| 13 | LOS EXPLORADORES | Gazapo Xestión SL (Narón, A Coruña) |
| 14 | TUTANKAMON | Gazapo Xestión SL (Narón, A Coruña) |
| 15 | SUPER PRIME MAKER DINO LEGO | e-makers Lab (Narón, A Coruña) |
| 16 | MEGA BUILDER TEAM JR. | MEGA Riveira (Ribeira, A Coruña) |
| 17 | MEGA RIBEIRA SUPER LEGO JR. | MEGA Riveira (Ribeira, A Coruña) |
| 18 | TEAM KRAKEN – Calamares | Team Kraken Robótica (Avilés, Asturias) |
| 19 | TEAM KRAKEN – Pulpitos | Team Kraken Robótica (Avilés, Asturias) |
Listaxe FIRST LEGO League Galicia Explore (de 5 a 6 anos)
| Equipo | Nome | Colexio |
| 1 | Muralla China | CEIP Plurilingüe Juan de Lángara y Huarte (Ferrol, A Coruña) |
| 2 | Bone Hunters | Colexio Plurilingüe Guillelme Brown (Pereiro de Aguiar, Ourense) |
Foto: rapazada participando no Xogo do Robot durante a XI FIRST LEGO League Galicia que tivo lugar, o 22 de febreiro de 2025, no Pavillón Municipal de Esteiro.