Curso: China no horizonte do S.XXI: Sociedade, cultura e política internacional
1ª Sesión, Mércores 25 de setembro, 18h-20h
Introdución á sociedade, cultura e lingua chinesa – mandarín
Ponente: Modesto Corderi Novoa.
Doutor en Lingüística Aplicada-Adquisición de Linguas en Contornas Multilingües pola Universidade do País Vasco UPV EHU. Máster en ensino chinés e licenciado en filoloxía chinesa aplicada ao comercio internacional pola Universidade de Lingua e Cultura de Pequín BLCU. Profesor de chinés na Escola Oficial de Idiomas da Coruña, funcionario de carreira. Bolsa en China da Fundación Pedro Barrié de la Maza e do Instituto Confucio. Foi profesor na Universidade Tsinghua de Pequín, no Instituto Cervantes de Pequín e na Universidade George Washington de Washington, D.C.(EE.UU)
Obxectivos específicos da Sesión:
- Aproximación básica á sociedade, cultura e lingua chinesa – mandarín
- Introdución ó sistema de tons e ós caracteres chineses
- Aproximación á Gramática chinesa
- Situación actual e prospectiva no horizonte do S.XXI do mandarín no mundo
2ª Sesión, Mércores 2 de outubro, 18h-20h
Protocolo e diferenzas culturais entre China e occidente.
Ponente: Jia Bai Hui
Doutoranda en Estudos da Literatura e da Cultura pola Universidade de Santiago de Compostela. Profesor asistente de conversación do Ministerio de Educación na Escola Oficial de Idiomas da Coruña. Profesora de chinés no programa Aulas Confucio da Junta de Andalucía. Máster en Tradución pola Universidade de Estudos Estranxeiros de Tianjin. Dobre licenciatura en Filoloxía Hispánica pola Florida International University FIU e Qingdao University.
- Presentación das diferenzas culturais entre China e occidente
- Introdución ó protocolo básico chinés
3ª Sesión, Mércores 9 de outubro, 18h-20h
China no mundo do S.XXI: Novas Rutas da Seda e a Comunidade de Destino Compartido
Poñentes: Marola Padín Novas, Daniel González Palau e Andrés Raggio Souto
Marola Padín Novas (潘海韻) é a Vicedirectora do IGADI e Directora adxunta do Observatorio de la Política China (OPCh). Licenciada en CC. Políticas pola rama de RR.II na Universidade de Santiago de Compostela (USC). Máster en Estudos Chinés na Escola de Estudos Orientais e Africanos (Universidade de Londres) e Huayu Scholar na Universidade Nacional de Taiwán (Taipei). Foi Investigadora Visitante na Academia Chinesa de Ciencias Sociais a (CASS) e profesora visitante na Universidade Normal de Jiangsu. Colaboradora con diversos think tanks (Comunidade Atlántica) e en diferentes medios.
Daniel González Palau é o Director do IGADI desde 2017. Licenciado en CC. Políticas e da Administración pola USC, con mestrados en Cooperación Internacional e Xestión Cultural pola mesma Universidade. Foi técnico de sensibilización (2009-2011) e Secretario do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade (2011-2015). É o editor do IGADI Annual Report desde a súa 13ª edición no 2018-2019.
Andrés Raggio Souto ( 安 德 烈 ), Dr (c) en RRII, USAL, Sec. Xeral. ALADAA Internacional (Asociación Latinoamericana de Estudios de Asia y África), Investigador Aso. en Asuntos Asiáticos, Secretaría Xeral da FLACSO (Intervención online)
Obxectivos específicos:
- Aproximación á historia das relacións internacionais chinesas.
- Introdución ás Novas Rutas da Seda e a Comunidade de destino Compartido.
- Visión comparada das relacións UE-China, América Latina-China.
Destinatarios: Comunidade da Universidade da Coruña e o Campus Industrial de Ferrol (estudantes, profesorado e PAS) e axentes institucionais, económicos e socioculturais de Ferrol.
Localización: Facultade de Humanidades
Inscricións: Gratuítas (preferencia para o alumnado da UDC). Cubre o formulario en liña desde esta ligazón. Para consultar calquera dúbida podes dirixirte a: info@igadi.gal
Certificado: O IGADI emitirá un certificado de asistencia ao alumnado que completase as 6 horas de duración do curso.