Alumnado da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol visita as instalacións do Centro de Tratamento de Residuos Industriais de Galicia situado nas Somozas

Ferrol, 6 de novembro de 2023.-  O alumnado do segundo curso dos graos en Enxeñaría Mecánica e en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais que se imparten na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) visitou hai un par de días as instalacións do Centro de Tratamento de Residuos Industriais de Galicia (CTRIG) situado no Concello das Somozas.

Ao longo da xornada, os estudantes do Campus Industrial de Ferrol puideron achegarse ata as distintas plantas da Área 1, uns espazos de traballo nos que se leva a cabo o tratamento de máis de 150.000 toneladas ao ano de residuos industriais perigosos de toda a comunidade, e aos depósitos de seguridade situados na Área 2.

A visita enmarcase no programa de actividades de formación e divulgación desenvolvido ao longo de todo o curso académico pola Cátedra Epifanio Campo que promoven de xeito conxunto a Universidade da Coruña e o Grupo Rodonita. A súa directora é a profesora da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Maripaz Mateo Orenes.

O alumnado do segundo curso dos graos en Enxeñaría Mecánica e en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais que se imparten na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) achegouse hai uns días ata o Centro de Tratamento de Residuos Industriais de Galicia (CTRIG) situado no Concello das Somozas. A visita foi impulsada desde a Cátedra Epifanio Campo que promoven de xeito conxunto a Universidade da Coruña e o Grupo Rodonita.