As xornadas sobre formación profesional dual na empresa reúnen este luns a máis de 60 persoas no Campus Industrial de Ferrol

Ferrol, 24 de novembro de 2023.- A secretaria do Consello Galego de Relacións Laborais, Cristina Fabeiro Varela, a profesora de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da Universidade da Coruña, Asunción López Arranz, e a presidenta do Colexio de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, Susana Soneira Lema, inauguran este luns, 27 de novembro, ás 09:30 horas, na Aula Magna da Facultade de Ciencias do Traballo do Campus Industrial de Ferrol, as xornadas “A Formación Profesional Dual na Empresa” nas que hai máis de 60 persoas inscritas.

O programa da xornada inclúe as intervencións do Catedrático Emérito de Orientación e Formación Profesional da Universitat de Barcelona, Benito Echevarría Samanes, do maxistrado do Xulgado do Social nº 4 de Ourense, Pedro Rabanal Carbajo, e máis do inspector de Traballo e Seguridade Social, Javier Fernández Travieso. A maiores, ao longo da mañá, terá lugar unha mesa de debate na que intervirán representantes da Confederación Intersindical Galega (CIG), do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras (CCOO), da Unión Xeral de Traballadores (UGT Galicia) e da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG).

Programa – Xornadas “A Formación Profesional Dual na Empresa”