O reitor, Julio Abalde, e o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, asinan unha addenda ao convenio de colaboración do Campus Industrial de Ferrol

Ferrol, 21 de xullo de 2022.- O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, e o conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, asinan mañá, venres 22 de xullo, ás 09:30 horas, na Sala de Xuntas da Vicerreitoría do Campus de Ferrol, a primeira addenda ao convenio de colaboración subscrito entre ambas entidades en outubro de 2021.

Este acordo permite impulsar accións nos eidos da docencia, investigación, transferencia e internacionalización no Campus Industrial de Ferrol, logo de converterse no primeiro campus de especialización acreditado do Sistema Universitario Galego.

Asistirán ademais, a vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, María Jesús Movilla; a directora do Campus Industrial de Ferrol, Ana Ares; o secretario Xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro, e a delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros.

Haberá declaracións ao finalizar o acto de sinatura.