Green Campus Ferrol

© Paweł Czerwiński on Unsplash

Puntos limpos Green Campus Ferrol

Residuos

A xeración media de residuos domésticos en Galiza nos últimos anos é de 1,2 kg/día por persoa.

Galiza recicla na actualidade aproximadamente o 10% dos residuos xerados no ámbito doméstico, arredor de 1,2 millóns de toneladas anuais. A cantidade de residuos xerados segue a crecer, e a reciclaxe está lonxe dos obxectivos do 60% establecidos na normativa actual.

Para poder reducir os residuos é importante a separación en orixe. En Galiza existen tres modelos: Barbanza,  Nostián (A Coruña e consorcio as Mariñas) e Sogama (resto de Galiza).

A compostaxe doméstica e comunitaria tamén é unha boa opción para a prevención ou redución en orixe. O 80% dos residuos orgánicos pódense compostar,  polo que unha persoa que fai compostaxe doméstica ou comunitaria pode reducir nun 40% de media os residuos xerados. No modelo Sogama, a compostaxe doméstica ou comunitaria permite incrementar o potencial da recollida selectiva e reciclaxe até o 75%.

 

  • A importancia da redución en orixe

A redución en orixe e a separación dos residuos xerados son dúas medidas necesarias e imprescindibles para redución o impacto dos residuos e do noso consumo. A redución é a medida prioritaria, seguida da separación e reciclaxe dos residuos xerados.

 

  • Que podemos facer?

É esencial tomar decisión informadas á hora de elixir que produto mercar e responsabilizarnos da nosa pegada ecolóxica. Algunhas das accións que podes facer son:

  • Compra con cabeza: fai unha lista de aquelo que precises e axústate a ela. Non compres aquelo que non necesites.
  • Da preferencia aos produtos locais e de tempada: contribuirás a reducir a pegada ecolóxica dos mesmos e a xerar actividade económica sostible no teu entorno.
  • Non merques produtos de usar e tirar: prioriza o uso de produtos de longa duración, fácilmente reutilizábeis e reparábeis.
  • Leva a túa propia bolsa ao supermercado: reducir a uso de plástico é importante, xa que este tarda siglos en degradarse.
  • Merca produtos a granel e evita a compra en envases ou embalaxe excesivo: os embalaxes son innecesarios e acaban por convertirse en lixo.
  • Modérate á hora de imprimir: evita malgastar papel e reutiliza sempre que sexa posibel.
  • Non tires comida: revisa periódicamente a despensa e a neveira, compra con moderación,  presta atención as fechas de caducidade e axusta as racións á hora de comer. Coas sobras de comida podes preparar novos menús.
  • Dalle unha segunda vida á roupa que non usas: existen moitas organizacións que se encargan da reutilización e reciclaxe de roupa. Informate no teu lugar de residencia e doa a túa roupa, moitas persoas a precisan!
  • Utiliza pilas verdes e recargables: unha soa pila pode chegar a contaminar 600000 litros de auga.
  • Separa os teu residuos: deposita correctamente os residuos nos colectores do teu lugar de residencia. Se vives nunha vivenda unifamiliar con xardín ou horta, o compostaxe pode ser unha magnífica opción para a reciclaxe da materia orgánica.

 

PAUTAS PARA UNHA CORRECTA SEPARACIÓN DE RESIDUOS

Para unha boa reciclaxe,  débese realiza unha boa separación. Por iso,  mostraremos unhas pautas para separar corretamente os residuos no modelo Sogama.

 

– COLECTOR AMARELO: envases de plástico,  latas e bricks. Non se debe depositar residuos de plástico que non sexan envases: xoguetes,  cepillo de dentes,  rotuladores,  películas de video,  cables eléctricos,  etc.

  • Botellas de plástico.
  • Botes de plástico de produtos de aseo ou limpeza.
  • Latas de bebidas e de conservas.
  • Papel de aluminio.
  • Bricks de leite, viño e zume de frutas.
  • Bandexas de polispán ou corcho blanco.
  • Redecillas de envoltorios de frutas ou verduras.
  • Plásticos film.
  • Envases mixtos distintos aos bricks: bolsas de aperitivos, envases de bollería industrial.

 

– COLECTOR AZUL: papel e cartón. Neste colector non se debe depositar papeis de calco, cartóns de leite, zume ou viño (bricks) e papel o cartón sucios de grasa.

  • Prensa e revistas.
  • Libretas (sen anillas, grapas,  etc).
  • Papel de envolver.
  • Caixas de cartón.
  • Cartóns de ovos.
  • Acolchado de embalaxes (cando sexan de papel ou cartón).

 

– IGLÚ VERDE: botellas,  frascos e tarros de vidro. Non se debe depositar tapas dos botes de cristal,  tapóns e corchos,  e todos os vidros especiais (parabrisas,  pantallas de televisión ou ordenador,  lámparas,  espellos etc)

 

– COLECTOR XENÉRICO: orgánicos (restos de alimentos) e materiais non reciclables (cueiros,  compresas,  servilletas de papel etc). Non se deben depositar os materiais que poidan depositarse no resto dos colectores de recollida selectiva.