Febreiro 21, 2024

Conferencia Cátedra Jorge Juan – “Ciencia e Xornalismo como ferramenta contra as fake news”

O catedrático de Xornalismo da Universidade Carlos III de Madrid (UC3M) e catedrático Jean Monet “EU, desinformación e fake news”, Carlos Elías, imparte, este xoves 22 de febreiro, ás 19:00 horas, na Sala Carlos III da Fundación Exponav, a conferencia “Ciencia e Xornalismo como ferramenta contra as fake news”, convidado pola Cátedra Jorge Juan que promove a Universidade da Coruña (UDC) en colaboración coa Armada e que dirixe a profesora da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), Sonia Zaragoza.