O luns 16 e martes 17 de marzo terán lugar as primeiras sesións dos 🗣️ IP TALKS, un ciclo de seminarios sobre propiedade industrial e intelectual organizados polo Campus Industrial de Ferrol, en colaboración coa Oficina de Transferencia de Coñecemento (OTC).
Esta actividade está orientada a aumentar o coñecemento da comunidade investigadora, estudantado e persoal interesado na materia sobre as ferramentas de protección da innovación e da creación, así como os procedementos relacionados co rexistro de patentes e outras modalidades de propiedade industrial, como unha ferramenta facilitadora da transferencia.
Nas dúas primeiras sesiós dos seminarios trataranse os seguintes contidos:
✅ Luns 16 de marzo (10:00 a 14:20 horas):
- Os procedementos de tramitación na UDC e servizos de apoio por parte da Oficina de Transferencia de Coñecemento
- Fundamentos e presentación das principais figuras de protección
- Patentes e modelos de utilidade
- Procedemento de protección de invencións (parte I): Búsqueda de patentes e redacción de patentes con exemplos prácticos.
✅ Martes 17 de marzo (10:00 a 13:20 horas):
- Procedemento de protección de invencións (II): tramitación de patentes españolas, europeas e PCT e estratexias de protección
- Impacto das novas tecnoloxías na protección. A patentabilidade das invencións implementadas por ordenador
- Exemplos reais de patentes (con exemplos de patentes solicitadas por persoal investigador do Campus Industrial de Ferrol) e intervención dos seus inventores
Inscrición nos IP Talks- Seminarios de propiedade industrial e intelectual
Programa dos IP Talks- Seminarios de propiedade industrial e intelectual
