Febreiro 14, 2025

Xornada de Portas Abertas – Día da Enxeñaría – Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF)

A Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) organiza, en colaboración co Campus Industrial da Universidade da Coruña, unha nova edición da xornada de portas abertas “Día da Enxeñaría” dirixida a alumnado de Bacharelato Tecnolóxico e de ciclos de FP Superiores de toda Galicia. A cita será, o venres 14 de febreiro, de 09:30 a 14:00 horas.

Os centros educativos interesados en asistir á xornada de portas abertas “Día da Enxeñaría” deberán inscribirse a través do seguinte formulario web antes das 14:00 horas do venres 24 de xaneiro. As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición. Máis información, no correo electrónico subdireccion.estudantado.difusion.epef@udc.gal ou ben chamando ao 881 01 3226.