Na súa aposta pola especialización, o Campus Industrial de Ferrol da Universidade da Coruña (UDC) promove esta axuda para a formación nunha empresa da contorna de un doutor/a matriculado/a en un programa de doutoramento deste campus, naquelas áreas especialmente interesantes para o Campus Industrial de Ferrol pola súa consideración de estratéxicas dentro da planificación da entidade:
a) Robótica industrial
b) Materiais
c) Optimización de procesos industriais
d) Enxeñaría naval e offshore
e) Xestión industrial
f) Desenvolvemento do produto
Concederanse unha axuda para a incorporación de un estudante de programa oficial de doutoramento do Campus Industrial de Ferrol con base nun proxecto de investigación que se desenvolva neste campus e que implique unha colaboración directa entre unha empresa e un/unha investigador/a adscrito/a ao Campus Industrial de Ferrol.
- Resolución definitiva 09/06/2022 (Sede Electrónica da Universidade da Coruña)
- Resolución provisional 31/05/2022 (Sede Electrónica da Universidade da Coruña)
- Anuncio da convocatoria (Sede Electróncia da Universidade da Coruña)
Financiado por Convenio Xunta de Galicia-Universidade da Coruña