Monodon, o brazo venture e de I+D deeptech de Navantia, protagonista da próxima conferencia da Cátedra Cosme Álvarez de los Ríos

Ferrol, 16 de marzo de 2026.- O salón de actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol acollerá, o mércores 18 de marzo, ás 18.00 horas, a conferencia “A innovación no novo contexto xeoestratéxico de defensa”, impartida por Iago González Pazos, do equipo de monodon, brazo venture e de I+D deeptech de Navantia. A ponencia forma parte do ciclo de conferencias da Cátedra Cosme Álvarez de los Ríos, impulsada pola Universidade da Coruña (UDC) e Navantia, baixo a dirección de Ana Álvarez, profesora da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), e de Rafael Morgade, responsable de Transformación Dixital e Industrial de Navantia na ría de Ferrol.

Ao longo do relatorio explicarase a importancia do mar a nivel xeoestratéxico e que tecnoloxías están a cobrar relevancia no contexto actual. Iago González exporá en que se está a traballar actualmente desde monodon e como a innovación é clave para ofrecer solucións ás necesidades de defensa.

Iago González é psicólogo, con mestrado en Recursos Humanos e en Formación do Profesorado. Desempeñou postos relacionados coa súa formación académica en compañías financeiras e do ámbito da defensa. En Navantia, asumiu diversas responsabilidades na área de Recursos Humanos e, desde 2023, forma parte do equipo de monodon.

•Iago González Pazos, do equipo de venture de monodon, impartirá unha conferencia este mércores, 18 de marzo, ás 18.00 horas, no salón de actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol
Iago González Pazos, do equipo de venture de monodon, impartirá unha conferencia este mércores, 18 de marzo, ás 18.00 horas, no salón de actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol