O Campus Industrial de Ferrol acolle a reunión internacional de peche do proxecto europeo sobre finanzas sostibles Impact Finance

Ferrol, 22 de setembro de 2025.- Representantes do Centre for Competence Development Cyprus (COMCY) de Chipre, da entidade social Infinity Greece de Grecia, da Vitautas Magnus University (VDU) de Lituania e da Universidade da Coruña (UDC) de España acolleu, este luns, na Sala de Xuntas da Vicerreitoría do campus ferrolán, a reunión internacional de peche do Proxecto Europeo Erasmus+ ImpactFinance. A maiores, mañá, martes 23 de setembro, a partires das 10:00 horas, terá lugar a presentación de resultados na Facultade de Economía e Empresa, no Campus da Coruña.

Identificar e promover sinerxías entre a sustentabilidade e a educación financeira da mocidade para tratar de resolver os retos de benestar aos que se enfronta a sociedade actual. Este foi o principal obxectivo do Proxecto Europeo Erasmus+ ImpactFinance que liderou, en representación da Universidade da Coruña (UDC), a profesora da Facultade de Economía e Empresa, Begoña Álvarez. Nos últimos meses, todas as persoas e entidades implicadas avanzaron na medición do grao de alfabetización financieira sostible existente en Chipre, Grecia, Lituania e en España, así como na creación de materiais educativos que servirán para fomentar unha educación financieira sostible, actualizada e baseada nas lagoas formativas detectadas no marco desta iniciativa de innovación docente.

Un hackathon no que participaron máis de 40 estudantes de grao e de máster da Universidade da Coruña (UDC)

A xestión dos residuos urbanos, a alimentación sostible, o consumismo ou a capacidade de aforro da mocidade foron algúns dos temas nos que afondaron os máis de 40 alumnos e alumnas de grao e de máster da Universidade da Coruña (UDC) inscritos no hackathon sobre finanzas persoais sostibles que tivo lugar, o pasado mes de xaneiro, na Facultade de Humanidades e Documentación do Campus Industrial de Ferrol.

Finalmente, sería ECORADAR, unha páxina web que lle permite á rapazada de entre 18 e 25 anos localizar aquelas tendas que ofrecen produtos de proximidade nas cidades da Coruña e de Ferrol a iniciativa gañadora. Detrás deste proxecto estiveron Diego Pérez, Irene Rodiles e Lydia Fernández, estudantes do Grao en Relacións Internacionais, así como Gabriel Pita e Clara Ventura, do Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos. No mes de abril, as tres alumnas do campus ferrolán viaxaron ata a sede da entidade social Infinity Greece, en Tesalónica, Grecia, onde presentaron esta web ante o resto de entidades que conforman o consorcio do Proxecto Europeo Erasmus+ Impact Finance.

a Sala de Xuntas da Vicerreitoría acolleu, este luns 22 de setembro, a reunión internacional de peche do proxecto europeo sobre finanzas sostibles Impact Finance no que participa a Universidade da Coruña (UDC).
a Sala de Xuntas da Vicerreitoría acolleu, este luns 22 de setembro, a reunión internacional de peche do proxecto europeo sobre finanzas sostibles Impact Finance no que participa a Universidade da Coruña (UDC).