O Campus Industrial de Ferrol acolle mañá a IX edición da FIRST LEGO League Galicia na que participan máis de 300 mozos e mozas de toda a comunidade

Ferrol, 3 de marzo de 2023.- O Campus Industrial de Ferrol acolle mañá, sábado 4 de marzo, a partires das 09:30 horas, a novena edición da FIRST LEGO League Galicia, un campionato no que participan un total de 44 equipos (22 na categoría FLL Challenge, 21 na FLL Explore e 1 na FLL Discover) e máis de 300 mozos e mozas de toda Galicia.

As presentacións dos Proxectos de Innovación terán lugar na Facultade de Humanidades e Documentación e na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, o Xogo do Robot no Pavillón de Esteiro, e a entrega de premios, ás 16:00 horas, no Auditorio Municipal. O evento, coordinado polo profesor José Antonio Becerra Permuy, poderá seguirse en directo a través da canle oficial de YouTube da FLL Galicia.

Ao longo da xornada, achegaranse ata o Campus Industrial de Ferrol o reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, o alcalde do Concello de Ferrol, Ángel Mato, a delegada territorial da Xunta de Galicia en Ferrol, Martina Aneiros, a vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, María Jesús Movilla, a directora do Campus Industrial, Ana Ares, o presidente do Colexio Oficial de Enxeñeiros Navais e Oceánicos, Jorge Dahl de Sobrino, o director da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, Andrés Piñón, e a responsable de I+D de Gabadi, Laura Fernández, entre outras autoridades.

Como cada ano, colaboran nesta iniciativa a Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego – dependente da Consellaría de Promoción do Emprego e Igualdade –, a Deputación Provincial da Coruña e o Concello de Ferrol. Ademais, patrocinan a FLL Galicia a empresa Gabadi SL, o Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia (CPEIG), Gadis, R Cable, ERROR! Ferrol, PuntoGal, Neodyn e Todo Ocio.

Listaxe FIRST LEGO League Galicia Challenge

Equipo Nome Colexio
1 Academia Galespace Academia GaleSpace (Ourense)
2 ROBOT CITY POBRA MEGA Riveira (Ribeira, A Coruña)
3 MEGA BUILDER TEAM MEGA Riveira (Ribeira, A Coruña)
4 MEGA RIBEIRA SUPER LEGO MEGA Riveira (Ribeira, A Coruña)
5 Elementals CAPTIOMA GALICIA SL (Ourense)
6 Peña Bots 1 Colexio de Fomento Peñarredonda (A Coruña)
7 Peña Bots 2 Colexio de Fomento Peñarredonda (A Coruña)
8 PATHFINDERS Colexio Internacional Eirís (A Coruña)
9 STEAM GIRLS Las Acacias Colexio de Fomento Las Acacias (Vigo, Pontevedra)
10 Las Acacias BOT Colexio de Fomento Las Acacias (Vigo, Pontevedra)
11 MontBOT Colexio de Fomento Las Acacias (Vigo, Pontevedra)
12 Energy BOT Colexio de Fomento Las Acacias (Vigo, Pontevedra)
13 Las Acacias Booster Colexio de Fomento Las Acacias (Vigo, Pontevedra)
14 Catabótica IES Catabois (Ferrol, A Coruña)
15 Infinity Montespiño Colexio de Fomento Montespiño (A Coruña)
16 Infinity Montespiño II Colexio de Fomento Montespiño (A Coruña)
17 H4CKZ4POS Gazapo Xestión SL (Narón, A Coruña)
18 R4PZ4POS Gazapo Xestión SL (Narón, A Coruña)
19 3L3CTRICZ4POS Gazapo Xestión SL (Narón, A Coruña)
20 CTRL+ T IES As Telleiras (Narón, A Coruña)
21 OS ROBOTS DO PAZO IES de Fene (Fene, A Coruña)
22 Lego electrics CPR Plurilingüe Guillelme Brown (Pereiro de Aguiar, Ourense)

 

Listaxe FIRST LEGO League Explore

Equipo Nome Colexio
1 MEGA BUILDER TEAM JR. MEGA Riveira (Ribeira, A Coruña)
2 EQUIPO LEGO CEIP Plurilingüe de Castrelos (Cambados, Pontevedra)
3 AMIGOS DE LEGO CEIP Plurilingüe de Castrelos (Cambados, Pontevedra)
4 RAINBOW FRIENDS CEIP Plurilingüe de Castrelos (Cambados, Pontevedra)
5 ROBOPATO CEIP Plurilingüe de Castrelos (Cambados, Pontevedra)
6 LEGO STAR CEIP Plurilingüe de Castrelos (Cambados, Pontevedra)
7 LEGO HARRY CEIP Plurilingüe de Castrelos (Cambados, Pontevedra)
8 ROBOT CITY POBRA JR MEGA Riveira (Ribeira, A Coruña)
9 ROBOT CITY POBRA BENJAMÍN MEGA Riveira (Ribeira, A Coruña)
10 Lego electrics CPR Plurilingüe Guillelme Brown (Pereiro de Aguiar, Ourense)
11 Rayos de poca monta Gazapo Xestión SL (Narón, A Coruña)
12 Legoblocks Gazapo Xestión SL (Narón, A Coruña)
13 GAZABOTS Gazapo Xestión SL (Narón, A Coruña)
14 MAKER LEGO LAR Colexio Lar (Mos, Pontevedra)
15 STAR LEGO LAR Colexio Lar (Mos, Pontevedra)
16 Los legueros eléctricos CEIP Enrique Barreiro Piñeiro (Cambados, Pontevedra)
17 Superlego CEIP Enrique Barreiro Piñeiro (Cambados, Pontevedra)
18 Reyes del Lego CEIP Enrique Barreiro Piñeiro (Cambados, Pontevedra)
19 Equipo celta CEIP Enrique Barreiro Piñeiro (Cambados, Pontevedra)
20 The Lightnings CAPTIOMA GALICIA SL (Ourense)
21 Robotek CAPTIOMA GALICIA SL (Ourense)

 

Listaxe FIRST LEGO League Discover

Equipo Nome Colexio
1 Guillelminos Colexio Guillelme Brown (Pereiro de Aguiar, Ourense)

 

Máis información nas RRSS da FIRST Lego League Galicia:

Web: www.firstlegoleague.gal

Facebook: https://www.facebook.com/firstlegoleaguegalicia/

Twitter: https://twitter.com/fllgalicia

Instagram: https://www.instagram.com/fllgalicia/