Ferrol, 20 de novembro de 2023.- A Aula Magna da Facultade de Humanidades e Documentación do Campus Industrial de Ferrol acolle mañá, martes 21 de novembro, ás 13:00 horas, unha charla-coloquio sobre o Parlamento de Galicia aberta a toda a comunidade universitaria. A iniciativa, que pretende difundir os valores da democracia entre a xente moza, está promovida polo propio Parlamento de Galicia en colaboración coa Asociación de Exparlamentarios.
A decana da Facultade de Humanidades e Documentación, Manuela del Pilar Santos Pita, moderará unha mesa na que intervirán os exparlamentarios Juan Manuel Juncal Rodríguez, Beatriz Sestayo Doce e Ana Luisa Bouza Santiago.