O Campus Industrial de Ferrol acolle unha xornada sobre Transformación dixital: experiencias no sector público e privado

O Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol acolle, o venres 28 de abril, a partires das 9:30 horas, a xornada Transformación dixital: experiencias nos sectores público e privado, que organizan a Facultade de Humanidades e Documentación e o Campus Industrial de Ferrol.

A Vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, María Jesús Movilla, inaugurará a xornada acompañada da decana da Facultade, Manuela del Pilar SantosA xornada, preséntase como unha oportunidade única para coñecer máis polo miúdo a profesionais documentalistas que traballan en distintos sectores da industria potenciando deste xeito o Grao en Xestión da Información e a Documentación que se imparte na Facultade de Humanidades e Documentación do campus ferrolán.

O programa da xornada inclúe dúas mesas redondas. Na primeira delas, moderada pola decana da Facultade de Humanidades e Documentación participarán Clara Santos, documentalista de Airbus, Daniel López, documentalista de Mediaset e Eva Sarto, documentalista de Médicos do Mundo. Na segunda das mesas, moderada polo vicedecano da Facultade de Humanidades e Documentación e coordinador do grao en Xestión da Información e da Documentación, Miguel Rodríguez Luaces, participarán Angel Arcay, director da Biblioteca, Arquivo e Museo das Mariñas (Betanzos), Carlos Alonso, director do Arquivo da Diócesis Mondoñedo-Ferrol, Mercedes Lanza, documentalista do Sergas e Fernando Lago, director de enxeñería e innovación de Navantia.

Pecharán a xornada a directora do Campus Industrial, Ana Ares e a decana da Facultade de Humanidades e Documentación, Manuela del Pilar Santos.

A xornada está dirixida a institutos e centros de formación profesional, á comunidade universitaria e ao público en xeral. Tamén poderá seguirse por streaming a través dos seguintes enlaces:

Parte 1: Inauguración e mesa redonda I:https://youtube.com/live/4o0iPTXo3YE?feature=share

Parte 2: Mesa redonda II e clausura: https://youtube.com/live/8Z7Xd8zBh8M?feature=share
Inscripción: https://forms.office.com/e/JwSC8PpCTT

Imaxe:  Programa da xornada “Transformación dixital: experiencias no sector público e privado” que terá lugar o vindeiro venres 28 de abril na Aula Magna da Facultade de Humanidades e Documentación.