Ferrol, 20 de novembro de 2023.- A Aula Magna da Facultade de Ciencias do Traballo do Campus Industrial de Ferrol acolle, o vindeiro luns 27 de novembro, a partires das 09:30 horas, as xornadas “A Formación Profesional Dual na Empresa” organizadas pola presidenta do Consello Galego de Relacións Laborais, Antía Sández Callejo; a profesora da Facultade de Ciencias do Traballo da Universidade da Coruña, Asunción López Arranz; e a presidenta do Colexio de Graduados Sociais da Coruña e Ourense, Susana Soneira Lema.
O programa da xornada inclúe as intervencións do Catedrático Emérito de Orientación e Formación Profesional da Universitat de Barcelona, Benito Echevarría Samanes; do maxistrado do Xulgado do Social nº 4 de Ourense, Pedro Rabanal Carbajo; e máis do inspector de Traballo e Seguridade Social, Javier Fernández Travieso. A maiores, ao longo da mañá, terá lugar unha mesa de debate na que intervirán representantes da Confederación Intersindical Galega (CIG), do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras (CCOO), da Unión Xeral de Traballadores (UGT Galicia) e da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG).
As persoas interesadas en participar nesta xornada sobre a formación dual profesional na empresa terán que inscribirse enviando un correo electrónico cos seus datos persoais a formacion.cgrl@xunta.gal antes das 14:00 horas do venres 24 de novembro. As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
Programa – Xornadas “A Formación Profesional Dual na Empresa”