O Campus Industrial de Ferrol conmemora mañá o Día Internacional da Podoloxía cunhas xornadas sobre o pé diabético

Ferrol, 5 de outubro de 2022.- A vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, María Jesús Movilla Fernández, o presidente do Colexio Oficial de Podólogos de Galicia (COPOGA), Juan Dios Tomé, a xefa do Servizo de Integración Asistencias da Subdirección Xeral de Xestión Asistencial e Integración do SERGAS, María Blanca Cimadevila Álvarez, e o presidente da Federación Galega de Asociacións de Persoas con Diabetes, José Manuel García Romero, inauguran mañá, xoves 6 de outubro, ás 10:30 horas, no Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol, as xornadas “Pe Diabético” que organiza a Facultade de Enfermaría e Podoloxía en colaboración co Colexio Oficial de Podólogos de Galicia para conmemorar o Día Internacional da Podoloxía (8 de outubro).

O vicedecano da Facultade de Enfermaría e Podoloxía, Pedro Gil Manso, impartirá, ás 10:00 horas, a primeira das conferencias da xornada na que falará sobre os sistemas de descarga para o tratamento e prevención das úlceras no pé diabético. Ás 11:00 horas intervirá o profesor da Facultade de Enfermaría e Podoloxía, Óscar Miguel Álvarez-Calderón Iglesias, quen afondará na enfermidade arterial e isquemia do membro inferior en pacientes con diabetes. O programa complétase coa intervención, ás 12:00 horas, do especialista en podoloxía quirúrxica Navor Pereira Losada, e ás 12:30 horas, coa do podólogo e integrante das Xunta Directiva do COPOGA, Gonzalo Barros García.

A Facultade de Enfermaría e Podoloxía e o Colexio Oficial de Podólogos de Galicia conmemoran o Día Internacional da Podoloxía (8 de outubro) cunhas xornadas sobre o pé diabético que terán lugar o xoves 6 de outubro no Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol
A Facultade de Enfermaría e Podoloxía e o Colexio Oficial de Podólogos de Galicia conmemoran o Día Internacional da Podoloxía (8 de outubro) cunhas xornadas sobre o pé diabético que terán lugar o xoves 6 de outubro no Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol